Michel Baron - Curso de harmonía
Galego — Traducción : © vazquezcasas@edu.xunta.es

Michel Baron

A maiores de estudios privados de violín, Michel Baron conseguíu en 1962 o primeiro gran premio de excelencia e de virtuosismo en piano no concurso da Escola de música de París, e en 1966 un primeiro premio de piano, grao de excelencia, no concurso entre conservatorios municipales da Ville de París.

Para súa formación pedagógica entróu, por concurso nacional, no Centro nacional de preparación no C.A.E.M., conducente ó concurso nacional do certificado de aptitude para a ensinanza musical en institutos e colexios, baixo a dirección de profesores do Conservatorio de París (C.N.S.M.) tales como Jacques Chailley en historia e análise, Yvonne Desportes en lectura á vista, harmonización e acompañamento ó piano, Jeanine Rueff e Maurice Franck en solfexo e lectura á vista con verbas, Irène Joachim e Jean Giraudeau en técnica vocal, Jean Rollin e Roger Boutry en coro e dirección coral.

En harmonía, Michel Baron tivo por mestres profesores do Conservatorio de París (C.N.S.M.) tales coma Maurice Franck, así coma Henri Challan e Alain Weber no Centro nacional de preparación no C.A.E.M. No Conservatorio de Québec obtivo un primeiro premio con moi grande distinción na clase de André Mérineau. Seguidamente estudiou o contrapunto no Conservatorio de Montréal na clase de Jean-Louis Martinet, onde obtivo, igualmente, un primeiro premio.

En fuga foi alumno, no Conservatorio de Montréal, de Jean-Louis Martinet e de Françoise Aubut (dous alumnos de Messiaen). Igualmente traballou a orquestración e a composición con Jean-Louis Martinet no Conservatorio de Montréal, e con Tony Aubin durante dúas sesións anuais na Academia Internacional de Verán de Niza. Seu catálogo comporta diversas obras para piano, piano e instrumentos de vento, órgano, coro, orquestra e música de cámara.

Despois de publicar un Compendio práctico de harmonía (Brault et Bouthillier, Montréal) e ensinar durante seis anos a título de profesor ocasional nos conservatorios de música de Rimouski e de Québec, Michel Baron é profesor permanente, por concurso público, no Conservatorio de música de Saguenay dende 1979, onde ensina, ademáis das asignaturas teóricas, a harmonía, o contrapunto, e a fuga.


HOME

Retour à la page précédente (JavaScript)

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos sóamente.
Iste sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.


Web Analytics Made Easy -
StatCounter