Michel Baron - Cursos de harmonía, contrapunto e fuga
Galego — Traducción : © vazquezcasas@edu.xunta.es
 

Biografías

Tony AUBIN : Páxina específica (francés).

Françoise AUBUT : organista montrealés, alumno de Olivier Messiaen no conservatorio de Paris na mesma época que Jean-Louis Martinet. Renomado polas súas improvisacións e súa capacidade de transportar sen preparación, ensinou fuga no conservatorio de música de Montréal, así como diversas clases de escritura na Universidade de Montreal. Françoise Aubut era imbatible á hora de atopar fallas de quintas consecutivas alí onde seus colegas non as viran...
[ Agradecería calqueira contribución a esta páxina concernente a Françoise Aubut ou a outros compositores ou profesores. ]

Marcel Bitsch, foto de 1999.
Marcel BITSCH (1999)
M. Bitsch e o autor

( foto © Céline Fortin  ) DR

Marcel BITSCH (1921-2011) : compositor e profesor de fuga no Conservatorio nacional superior de música de Paris e profesor de hamonía no Centro de preparación no CAEM. Seu estilo é, ó meu parecer, moi sutil e transparente, dentro da gran tradición francesa : Suite française pour hautbois et piano ; Quatre variations sur un thème de D. Scarlatti, pour trompette ou cornet en si bémol. Publicóu en Leduc numerosas obras didácticas que son autoridades: un Compendio de Harmonía, leccións de harmonía ou de solfexo acompañado, finamente cinceladas, un Tratado de contrapunto moi completo en colaboración con Noël Gallon, un Prontuario Musical, pequena teoría da música en 80 táboas, (en colaboración con J.P: Holstein, así como unha edición en xaponés), e unha obra intitulada A fuga, publicada inicialmente nos P.U.F. despois reeditada en Combre, disponible igualmente nunha edición en xaponés.

Nadia Boulanger Nadia Boulanger Nadia et Lili Boulanger en 1913
Nadia BOULANGER Nadia e Lili BOULANGER,
1913.

Signature de Nadia Boulanger, 1957Nadia BOULANGER (1887-1979) : organista alumna de Alexandre Guilmant, alumno de Gabriel Fauré en composición, Segundo Gran Premio de Roma en 1908. Ensina na Escola Normal de Música de París e no conservatorio de París. Deixóu unha lista de obras relativamente pouco numerosas, pero tivo ó longo da súa vida unha importante actividade complementaria de pedagoga, en particular nos Estados Unidos así coma no Conservatorio Americano de Fontainebleau, preto de París, e igualmente polos seus cursos privados moi frecuentados. Ensinou a súa irmá, Lili BOULANGER (1893-1918) que tivo tamén como mestres, entre outros, a Gabriel Fauré e a Caussade. Lili Boulanger foi a primeira muller galardonada co Grande Premio de Roma, en 1913. Desaparecida prematuramente á edade de 25 anos súa obra é, inxustamente, descoñecida.

Henri BUSSER (1872-1973) : alumno da Escola Niedermeyer, despois do Conservatorio de París nas clases de César Franck e Charles-Marie Widor. Recibíu súa formación, igualmente, de Ernest Guiraud, Gounod e Massenet. Primeiro Grande Premio de Roma en 1893. Chegóu a ser profesor de composición no Conservatorio. Entre súas obras didácticas, Vintecinco leccións de harmonía, un Compendio de composición e un Tratado de instrumentación, este último escrito en colaboración con Ernest Guiraud.

Jacques CHAILLEY
(Photo Institut de France, 1978)

Jacques CHAILLEY (1910-1999) : alumno, entre outros, de Nadia Boulanger e de Claude Delvincourt en harmonía e composición, así como de Henri Busser, é un dos principais renovadores da ensinanza musical en Francia, xa sexa pola súa cátedra de historia da música na Sorbona, ou polas súas funcións de director do instituto de musicología na Universidade de París, ou director da Schola Cantorum, ou secretario xeral, despois subdirector do Conservatorio de París, ou profesor da clase de conxunto vocal desta institución, ou súa ensinanza da análise no Centro Nacional de preparación no CAEM (formación dos profesores de música). Súas numerosas publicacións concernentes á historia, a análise e a evolución da linguaxe musical, teñen tendencia a ser máis coñecidas cas súas composicións, sendo elas moi diversas e dunha alta factura.

Henri Challan
Henri CHALLAN
Retrato
(Gracias a Mme Jacqueline Challan)

Henri CHALLAN (1910-1977) : alumno de Jean Gallon e de Henri Busser no Conservatorio de París. 1º Segundo Grande Premio de Roma en 1936. Profesor de harmonía no Conservatorio de París en 1936. Profesor de hamonía no Centro de preparación no CAEM. Obras: cancións, Sonata para violín e piano (ed. Leduc, 1936), Suite para fagot e piano (ed. Selmer, 1937), un cuarteto para cordas, un quinteto para cordas e fagot, unha sinfonía (ed. Durand, 1942), un concerto para violín e diversas pezas para orquestra. Moi numerosas obras didácticas.

Yvonne Desportes, en 1929
Yvonne DESPORTES
Detalle dunha foto de 1929
(dominio público)
Autor descoñecido

Yvonne DESPORTES (1907-1993) : fixo seus estudios no Conservatorio de París con Noël e Jean Gallon, Maurice Emmanuel e Paul Dukas. Primeiro Grande Premio de Roma en 1932. Ensinóu o solfexo no Conservatorio de París a partir de 1943, despois o contrapunto e a fuga, dende 1959. Obras: sonatas, cuarteto, quinteto, sexteto, octeto para cuarteto vocal e cuarteto de cordas, dúas sinfonías (1958 e 1960), variacións sinfónicas, un concerto para trompeta, cancións, pezas vocais diversas, óperas (de 1936 a 1965), ballets (de 1935 a 1961), e numerosísimas obras didácticas.
Gloria (les Choeurs de Paris).

Théodore DUBOIS (1837-1924) : alumno de Ambroise Thomas en fuga e en composición, Primeiro Premio de Roma en 1861. Organista na La Madeleine, foi profesor de harmonía, despois director do Conservatorio de París a continuación de Ambroise Thomas. Seus escritos sobre harmonía son autoridade dende fai moito tempo : Notas e estudios de harmonía para servir de suplemento ó tratado de Reber, e Tratado de harmonía, publicado en 1921.

Marcel DUPRÉ (1886-1971) : alumno de Guilmant, Diémer e Widor. Primeiro Grande Premio de Roma en 1914. Coñeceu unha carreira internacional de organista virtuoso e improvisador en Europa, os Estados Unidos e Australia. Chegóu a profesor de órgano no Conservatorio de París en 1926, despois a director en 1954. Súa obra está, naturalmente, volcada hacia o órgano. Entre súas obras didácticas, un Tratado de improvisación, un Curso de contrapunto e un Curso de fuga.

Jean GALLON (1878-1959) : profesor de harmonía no Conservatorio de París de 1919 a 1949. Seu irmán Nöel GALLON (1891 - 1966), Primeiro Grande Premio de Roma en 1910, ensinóu alí o contrapunto e a fuga. Publicóu, entre outras obras didácticas, un Tratado de contrapunto en colaboración con Marcel Bitsh. Os irmáns Jean e Nöel Gallon formaron a numerosos músicos tales como Tony Aubin, os irmáns René e Henri Challan, Jeanne Demessieux, Maurice Duruflé, Henri Dutilleux, Olivier Messiaen, Jean Rivier, Pierre Sancan.

André GEDALGE (1856-1926) [a menudo impropiamente acentuado GÉDALGE] : alumno de Ernest Guiraud, Segundo Grande Premio de Roma en 1885, foi o asistente das clases de Guiraud e Massenet no Conservatorio de París, despois profesor de contrapunto e fuga. Formóu compositores ilustres coma Maurice Ravel, Florent Schmitt, Charles Koechlin, Arthur Honegger, Georges Enesco, Jacques Ibert, Darius Milhaud. Seu Tratado de fuga, publicado en 1904, continúa sendo autoridade.

Photo domaine public
Charles KOECHLIN
(Foto de dominio público)

Charles KOECHLIN (1867-1950) : alumno, no Conservatorio de París, de Taudou (en harmonía), de André Gedalge (en contrapunto e en fuga), Jules Massenet e Gabriel Fauré (en composición). Foi asistente deste último entre 1898 e 1901. É nomeado profesor da Schola Cantorum en 1937. Deu cursos coma profesor invitado en diversas universidades nos Estados Unidos e no Canadá. Catálogo de máis de 200 obras, así coma moi numerosas obras didácticas. Seu Tratado de harmonía en tres volúmenes é monumental.

Jean-Louis Martinet
© Solange Brihat
84480 Bonnieux

Jean-Louis MARTINET (1914-2010): alumno, entre outros, de Ducasse, de Mme Pelliot, a repetidora de André Gedalge, en contrapunto, e de Charles Koechlin en fuga, así coma de Olivier Messiaen, Jean-Louis Martinet afirma, coma moitos outros compositores actuais, que buscas de linguaxe, complicación do material sonoro e subestima dos problemas técnicos, son as deficiencias dos músicos equivocados na súa concepción desviada da historia da música. O individualismo e seus caprichos, o caos da poxa técnica, están evidentemente ligados ó constante divorcio entre o músico e o público. A pesar dun periodo dodecafónico, onde proba, nembargantes, seu rechazo da « estética da fealdade », súa música fai gala dun sinceiro humanismo. Obras principais: Orfeo (1944), Variacións para cuarteto de cordas (1946), Preludio e fuga para dous pianos, Tres poemas de René Char para voz de muller e pequena orquestra, Elsa, para coro, a Triloxía dos Prometeos, tres Movementos sinfónicos. Ensinóu contrapunto, fuga e orquestración no conservatorio de música de Montréal. Véxase un interesante texto sobre Jean-Louis Martinet na enciclopedia La Pléiade, páxinas 1180 a 1183.


Alain Weber, foto de 1985.
Alain WEBER
Detalle dunha foto de 1985

Alain WEBER (1930- ) : tivo coma mestres no Conservatorio de París a Jules Gentil (no piano), a René Challan (en harmonía), a Noël Gallon (en contrapunto e fuga), a Tony Aubin (en composición) e a Olivier Messiaen (en análise). Primeiro Grande Premio de Roma en 1952. Obras: Tres melodías (voz e piano). Cinco Poemas (voz e orquestra). Synecdoque para oboe, Tema e variacións para violín e piano, sonata para viola e piano, sonatina para frauta e fagot, Palindromes para fagot e piano, Trio d'anches, Variantes para dous percusionistas e piano. Quinteto de vento, septeto de clarinetes. Variacións, para piano e percusións. Exergues, suite para orquestra de cordas. Variacións para orquestra de cordas. Sinfonía. Concerto para trompa. Concertino para piano. Concerto para trombón. Strophes, para trompeta, orquestra de cordas e percusión. Comentarios concertantes, para frauta e orquestra. Solipsisme para cuarteto de cordas, orquestra de cordas, piano e percusión. O Pequeno Xogo, ballet. A Vía única, ópera de cámara. Numerosas obras pedagóxicas.



Palais de Versailles

Proba preliminar: escribir unha FUGA.
Concurso de ensaio: escribir unha obra para coro sobre un texto imposto.
Proba principal: escribir unha cantata sobre un texto imposto.
O Primeiro Grande Premio de Roma era invitado a pasar dous ou tres anos na Villa Médicis, en Roma. Pero, segundo os anos, otorgábanse un segundo ou varios "segundos premios". Así, lese frecuentemente que « Ravel xamáis obtivo o Premio de Roma ». É unha verdade a medias que contribue aínda hoxe a ancorar nos espíritus igualitaristas a idea de que as probas intelectuais ou os concursos conducen a recompensas inxustas, e son malsans por natureza (salvo no deporte, naturalmente, porque o deporte é serio, como se ve cada vez de máis en máis).

De feito, despois de múltiples ensaios, Ravel obtivo un « segundo Segundo Premio » pero, sabendo o que son os xurados, mesmo cando non son académicos, indignarse por esta plaza de terceira sería coma indignarse porque a xove violinista Ginette Neveu conseguira o primeiro premio no concurso internacional Wieniawsky en Polonia diante de ninguén máis ca... David Oistrakh, que non obtivo senón o segundo premio.

Para resumir, todos estos Premios de Roma son persoas que conqueriron unha cima na maestría do seu arte. Que iles teñan continuado, ou non, unha carreira fulgurante de compositor, é outro tema. É polo que decidín incluir na lista seguinte dos Premios de Roma, sen distinción ostentativa, tanto os Primeiros Grandes Premios coma os outros.

O espíritu igualitarista de maio de 1968 tivo repercusión no concurso de Roma, a lo menos en canto á forma que tiña tido ata entón. O derradeiro Premio de Roma designado por concurso, en 1968, foi Alain Louvier, compositor de grande talento, alumno de fuga de Marcel Bitsch e alumno de Henri Challan en harmonía, devido director del CNSM. O concurso de Roma foi suprimido, pero non a estancia na Villa Medicis na que os "pensionistas" son designados agora por unha comisión.

Unha grabación interesante:
Cantatas ineditas do Concurso do Premio de Roma,
Primeira grabación mundial
Naxos (Patrimonio) estereo DDD 8.550764
André Caplet : Myrrha, «Todo é Luz»
Claude Debussy : A Primaveira
Maurice Ravel : A Aurora, Amencer de Provenza, Todo é Luz, As bayadeiras, A Noite.
Coro e Orquestra de Paris-Sorbonne, dirección Jacques Grimbert.
O libriño de documentación é moi interesante.

 

1819 Jacques Fromental Halévy
1830 Hector Berlioz
1832 Ambroise Thomas
1835 Ernest Boulanger
1837 Charles Gounod (2e)
1839 Charles Gounod (1er)
1857 Georges Bizet
1860 Émile Paladilhe
1861 Théodore Dubois
1863 Jules Massenet
1882 Gabriel Pierné
1883 Paul Vidal, Claude Debussy, Charles René
1884 Claude Debussy, Charles René, Xavier Leroux
1885 André Gedalge
1886 Paul Dukas
1887 Gustave Charpentier
1890 Alfred Bachelet
1893 Henri Busser, André Bloch
1894 Henri Rabaud
1897 Max d'Olonne
1899 Charles Levadé
1900 Florent Schmitt
1901 André Caplet, Maurice Ravel
1902 Aimé Kunc, Jean Roger-Ducasse
1903 Raoul Laparra
1904 Raymond Pech, Paul Pierné, Hélène Fleury
1905 Léon Gallois, Marcel Samuel-Rousseau
1906 Ch.-L. Dumas
1907 Maurice Le Boucher
1908 André Gailhard, Nadia Boulanger
1909 Jules Mazellier, Marcel Tournier
1910 Noël Gallon
1911 Paul Paray
1912 Édouard Mignan
1913 Lili Boulanger, Claude Delvincourt
1914 Marcel Dupré
Concours non tenu de 1915 à 1918
1919 Marc Delmas, Jacques Ibert
1920 Marguerite Canal
1921 Jacques de la Presle
1923 Jeanne Leleu
1924 Robert Dussaut
1925 Louis Fourestier, Yves de la Casinière
1926 René Guillou
1927 Edmond Gaujac, Henri Tomasi
1928 Raymond Loucheur
1929 Elsa Barraine, Sylvain Caffot
1930 Tony Aubin, Marc Vaubourgoin
1931 Jacque-Dupont (dit Jacques Dupont)
1932 Yvonne Desportes
1933 Robert Planel, Henriette Roget
1934 Eugène Bozza, Jean Hubeau
1935 René Challan
1936 Marcel Stern, Jean Vuillermoz, Henri Challan
1937 Victor Serventi
1938 Henri Dutilleux, André Lavagne, Gaston Litaize
1939 Pierre Maillard-Verger, Jean-Jacques Grunenwald
1942 Alfred Desenclos
1943 Pierre Sancan
1944 Raymond Gallois-Montbrun
1945 Marcel Bitsch, Claude Pascal
1946 Pierre Petit, Robert Lannoy
1947 Jean-Michel Damase
1948 Odette Gartenlaub, Jeanine Rueff
1949 Adrienne Clostre, Claude Arrieu
1950 Évelyne Plicque
1951 Charles Chaynes, Ginette Keller
1952 Alain Weber
1953 Jacques Casterède
1954 Roger Boutry, Pierick Houdy
1955 Pierre-Max Dubois, René Maillard
1956 Jean Aubain
1957 Alain Bernaud
1958 Noël Lancien
1962 Alain Kremsky-Petitgirard
1964 Antoine Tisné
1966 Monique Cecconi-Botella
1968 Alain Louvier

Gracias...
Mme Jacqueline Challan, MM. Marcel Bitsch, André Côté, Hervé Lussiez, Hermel Bruneau, Gérard Reyne.

Concurso de Roma :
Un site à visiter !

HOME

Retour à la page précédente (JavaScript)

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos sóamente.
Iste sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.

Iste sitio, entende estar conforme ca legislación canadiense sobre dereitos de autor,
segundo a Convención de Berna e a Convención universal sobre dereitos de autor.
En caso de aparente infracción, sexa tan amable de poñerse en contacto directamente co autor
a fin de resolver de contado calqueira litixio.

Ce site entend se conformer à la législation canadienne sur les droits d'auteurs,
selon la Convention de Berne et la Convention universelle sur le droit d'auteur.
En cas d'apparente infraction, veuillez communiquer directement avec l'auteur afin de résoudre immédiatement tout litige.

This web site strives to fully comply with the Canadian copyright law,
according to the Bern Convention and the Universal Copyright Convention.
Should you feel that this site displays any material that raises an apparent copyright infringement,
please e-mail immediately michel.baron@videotron.ca to have any infringing component promptly removed.


Web Analytics Made Easy -
StatCounter