Michel Baron - Curso de harmonía
Galego Traducción : © vazquezcasas@edu.xunta.es |
BIBLIOGRAFÍA
Os grandes tratados de harmonía
Apréndese harmonía, sobre todo, con un ou varios profesores. Baixo a súa dirección, o recurso a un tratado completo e voluminoso non é indispensable para progresar rápidamente. Á inversa, é probablemente ilusorio esperar estudiar seriamente a harmonía sen profesor, ca única axuda dos libros: moitas cuestións diversas poden vir ó esprito do estudiante. Para progresar axiña sonlle necesarias dúas ferramentas: respostas inmediatas, que il reterá millor pois veñen ó caso, e unha asistencia regular nos seus traballos. Ademáis, debe evitar caer no exceso consistente en consagrar demasiado tempo á adquisición de coñecementos librescos en detrimento de exercicios de escritura: convertiríase logo en alguén que pode falar de escritura, en lugar de facela, o cal no significa, polo tanto, que soupera ensinala.
Ó contrario, os tratados poden revelarse coma un pozo de información cando o estudiante adquiríu ó menos unha sólida base, ou aínda millor : despois dunha formación pouco máis ou menos completa. Nada é máis intimidante e descorazonador que zambullirse so ou demasiado cedo na masa de informacións e exemplos propostos por estas obras, a menos que un profesor sepa indicarvos cales son os puntos esenciais, para aforrarvos as consideracións secundarias, cas cales é preferible, dende o punto de vista práctico e pedagóxico, non enredarse no «m-a-ma» dos estudios.
En fin, sen querer faltarlles ó respeto a seus ilustres autores, compre convir que, na maior parte dos casos, os tratados seguintes, voluminosos ou antigos, difícilmente se axustan ás exixencias da pedagoxía apresurada de hoxe en día. Son ás veces, por outra parte, moi desaconsellables tanto para unha boa pedagoxía coma para os mellores estudiantes.
Marcel BITSCH (1999)
M. Bitsch e o autor
( foto © Céline Fortin ) DRMarcel Bitsch, Précis d'harmonie tonale, Leduc. Formato 20 x 28 cm, 115 páxinas. É máis unha obra enciclopédica que didáctica: non lle convén a un estudiante que quixera avanzar so. Catálogo extremadamente ben construido das regras. Exemplos musicais en extremo numerosos, pero reducidos a súa máis simple expresión. Ningún exercicio. Obra relativamente recente (1957), que incorpora algunhas adquisicións modernas, xeralmente ausentes noutros tratados. Recomendable.
Georges Caussade, Technique de l'harmonie, Lemoine. En dous volumes: Tratado (formato 22 x 30 cm, 273 páginas), análise e realización dos exercicios (256 páxinas) utilizando as claves de do.
Théodore Dubois, Traité d'harmonie théorique et pratique, Heugel. Formato 18 x 26 cm, 253 páxinas. Antergo (1921), súa clasificación e súas denominacións non se atopan nos cursos de hoxe. Un pouco inútilmente estricto e complexo (por exemplo, para as quintas e oitavas directas). Relativamente sobrecargado de exemplos, visualmente farragoso. Numerosos exercicios (realizacións publicadas aparte).
Marcel DUPRÉ
Foto (dominio público) dedicatoria á AGO :
"To the American Guild of Organists.
In grateful appreciation of the friendly
welcome in the United States". 5 juin 1934.Marcel Dupré, Cours d'harmonie analytique, Leduc. En dos volúmenes, 1er ano, 2º ano.
Émile Durand, Traité complet d'harmonie, Leduc. En 1 ou 2 volúmenes. Realizacións publicadas aparte.
Émile Durand, Abrégé du cours d'harmonie, Leduc. Realizacións das leccións publicadas aparte.
Julien Falk, Technique complète et progressive de l'harmonie, Leduc. Formato 25 x 31 cm. En tres volúmenes, o derradeiro aporta a corrección dos traballos. Recente (1969), claro, non demasiado sobrecargado. Podería constituir unha trama de cursos útil para os xóves profesores inexperimentados. Pode magoarse a opción do autor por innovar, máis ou menos éxitosamente, no dominio terminolóxico: coñecido é cuán tradicionalista é o medio musical nesta materia. O autor recomenda, xuiciosamente, os 380 baixos e cantos dados de Henri Challan como complemento de exercicios (citados máis abaixo).
Charles KOECHLIN
(Foto de dominio público)Charles Koechlin, Traité de l'harmonie en 3 volumes, Eschig. Formato 22 x 30 cm. Volumen I (193 páxinas) : harmonia tradicional. Volumen II (271 páxinas) : modos gregorianos, estilo contrapuntístico, leccións de concurso, licencias, novas concepcións, harmonía e composición, evolución da harmonía dende as oríxes á bitonalidade, politonalidade e atonalidade. Redacción moi discursiva, sen perder xamais de vista as preocupacións musicais. Volumen III (235 páxinas) : realización das leccións dos volumes I y II, presentadas en claves de sol e de fa. Un pouco máis recente co tratado de Dubois (estas dúas obras eran contemporáneas dende 1928), cecáis destinado a facer morder o polvo a aquela, este monumento de un dos máis grandes pedagogos do século quedóu relativamente descoñecido, paradóxicamente, a causa da súa envergadura e do seu coste. Obra de referencia a recomendar ó menos ás institucións, sendo o coste probablemente prohibitivo para certos presupostos de estudiantes. Pódense ler neste sitio algúns extractos escollidos da introducción, coa amable autorización das edicións Max Eschig.
Nicolas Rimsky-Korsakoff, Traité d'harmonie théorique et pratique, Leduc. La 3ª edición data de 1893. Formato 21 x 29, 107 páxinas. Certos térmos deixaron de empregarse nos nosos días. Si se pode facer abstracción desta particularidade, encontraranse certas explicacións analíticas endiañadamente claras e concisas, en particular nos párrafos intitulados suplemento.
As obras prácticas
Michel Baron, Précis pratique d'harmonie, Brault et Bouthillier (Montréal). Formato 21 x 28 cm, prontuario de nocións esenciais, menos desenrolado co presente Curso de harmonía, do que é descendencia directa, millorado a traverso de cada novo ano de ensinanza no conservatorio. Na época da súa publicación, en 1973, non existía ningunha obra de iniciación e de aproximación progresiva simplificada, redactada por autores formados en escolas recoñecidas. Parece ben que fora necesario agardar ó excelente pequeno Traité d'harmonie en vingt leçons, de Yvonne Desportes, en 1977, para contribuir á aproximación práctica do estudio desta disciplina, e problablemente para suscitar novos intereses e unha certa renovación pedagóxica.
Hoxe existen varias obras máis ou menos recentes, en francés, de volumen modesto e de aproximación voluntariamente práctica, coma o presente curso. A maior parte están impresos en Francia, e é lamentable que as costumes de publicación non nos dean ó menos un breve resumo relativo ós autores e a súa formación. Algunhas destas obras poderían, certamente, aportar moito ós estudiantes e mesmo ás vocacións tardías, frecuentemente condenadas a converterse en "autodidactas librescos solitarios".
Pola contra, outras obras son francamente chufonas e difunden con desenfado (¿é ignorancia ou arrogancia?) certas confusións de vocabulario indo á contra de tódolos usos claramente establecidos. Nun deles pode bautizarse o IIº grao como "subdominante" simplemente porque precede ben ó Vº grao. Outro afirmará que unha cadencia perfecta presenta obrigatoriamente a sucesión sensible - tónica no soprano. Outro curso, e universitario se vos parece, invirte pura e simplemente as definicións da semicadencia e da cadencia imperfecta, pero o tema convírtese en tabú. Veleiquí trampas das cales o difícil estudio da música non ten necesidade, verdadeiramente. Conservade, pois, voso esprito crítico en garda cando consultedes obras de ensinanza da harmonía e, ante todo, consultade isto que segue.
Yvonne Desportes, Traité d'harmonie en vingt leçons, Gérard Billaudot. En dous volumes : tratado (formato práctico 16 x 23 cm, 81 páxinas) e realizacións (formato 18 x 27 cm, 42 páxinas, presentadas en claves de sol e fa. Inclue algúns exercicios, pero en cantidade insuficiente, en particular para o comenzo dos estudios. Os primeiros semellan renunciar voluntariamente a preocupacións musicais. Sinxela, é unha das primeiras obras destinada a ser posta en tódalas mans, por un autor eminente e internacionalmente recoñecido. Verificade eventualmente a primeira edición saída precipitadamente e plagada de erros tipográficos, en particular nos cifrados: unha fe de erratas debería de estar insertada.
Yvonne DESPORTES
Detalle dunha foto de 1929
(dominio público)
Autor descoñecido.Yvonne Desportes, Guide servant d'appendice aux traités d'harmonie, Ricordi. Formato 21 x 27 cm, 60 páxinas. Aborda os exercicios complexos os cales se arriba despois de estudiar a fondo o conxunto dun tratado : baixo dado non cifrado, modos gregos e gregoriáns, coral e alternados de bajos e cantos dados. Moi útil para estudios serios e, probablemente, única no seu xénero.
Yvonne Desportes et Alain Bernaud, Manuel pratique pour l'approche des styles, de Bach à Ravel, Gérard Billaudot. En formato 15½ x 23½ cm, 53 páxinas. Catálogo de fórmulas características, único no seu xénero. Cadro comparativo de fórmulas-tipo de cadencias e outros elementos estilísticos segúndo Bach, Mozart, Beethoven, Schumann, Brahms, Franck, Fauré, Debussy, Ravel. Supón, evidentemente, técnicas de escritura e análise harmónico adquiridas previamente.
Yvonne Desportes, Précis d'analyse harmonique, Heugel. Formato 18½ x 27 cm, 40 páxinas. Diríxese menos ós que se queren adicar a escribir cós aficionados, ós melómanos ou ós analistas que desexan profundizar na construcción das obras.
Georges Guillard, Manual práctico de Análisis auditivo, Paris, edicións Transatlánticas, 1982 (2ª edición, 1996), 135 páxinas. Obra esencialmente práctica dirixida ós estudiantes de liceos musicais, de Conservatorios ou de UFR (facultades) de Música e Musicoloxía. Hai un esforzo por ofrecer claves simples (vocabulario, gramática) para unha escoita atenta e analítica das linguaxes musicais dos séculos XVIIº ó XXº. (G.G.)
Charles Koechlin, Étude sur les notes de passage, 6ª edición, Eschig. Fascículo 15½ x 24 cm, 75 páxinas. Obra exemplar que trata tamén este tema de xeito distinto no contrapunto e na fuga de escola. As seccións que eiquí nos concernen son: Notas de paso nas leccións de harmonía e Notas de paso no coral. Obra moi discursiva, como é moi frecuente neste compositor e pedagogo. Numerosos exemplos. Lectura a recomendar fortemente ó alumno despois de ter estudiado correctamente as notas de paso co seu profesor.
Charles Koechlin, Étude sur le Choral d'école, d'après J.-S. Bach, avec les thèmes de Gabriel Fauré. Éd. Heugel, formato18 x 27 cm, 80 páxinas. Distingue afortunadadmente o coral de escola, os corais chamados "de Bach" e os corais libres. Obra discursiva maxistral recomendable neste momento dos estudios.
Olivier Messiaen, Technique de mon langage musical, Leduc. En dous volumes, textos (formato 20 x 29 cm, 72 páxinas) e exemplos musicais (gran formato pouco práctico 26 x 34 cm, 62 páxinas). Publicado en 1944. Súa mención eiquí nunha lista de obras concernentes á harmonía clásica está amplamente fora de materia, pero é, evidentemente, unha obra de referencia única no seu xénero.
Os exercicios
Albert Beaucamp, Vingt-quatre leçons d'harmonie, Leduc. En dous volumes, textos e realizacións en claves de do (formato 20 x 29 cm). Baixos, cantos e alternados en tres series : de fáciles a moi difíciles. Coñecemento completo do tratado requerido.
Marcel Bitsch, Le problème d'harmonie, Leduc. En dous fascículos 20 x 29 cm. Dunha parte os textos e consellos de traballo sobre vintecatro leccións anotadas, permitindo un traballo preparatorio. Por outra parte, as realizacións presentadas en claves de do. Baixos non cifrados, entre textos bastante difíciles. Obra interesante e única no seu xénero no senso de que leva máis lonxe o principio da obra de Jean Gallon (ver máis abaixo) e preséntase case que como unha alternativa a cursos privados.
Marcel Bitsch, Exercices d'harmonie, Leduc. Corenta textos en 4 series e dous volumes, limitándose o primeiro ós acordes clasificados, o segundo comportando exercicios de mediana dificultade a difíciles sobre o conxunto de notas estrañas. Textos, realizacións (formato 20 x 28 cm) presentados en claves de do.
Marcel Bitsch, Vingt-quatre leçons de concours, Leduc. En dous fascículos : textos sós (formato 15 x 22 cm) e realizacións presentadas en claves de do (25 x 32 cm). Contén alternados, baixos, cantos e corais, algúns difíciles. Débese de ter cuberto o conxunto do tratado.
Henri Busser, Vingt-cinq leçons d'harmonie, Leduc. En dous fascículos, baixos e cantos dados, realizacións (formato 20 x 29 cm) presentados en claves de do. Exercicios moi construidos (temas revertibles, imitacións, etc.), comportando seis alternados.
Henri CHALLAN
Retrato
(Gracias a Mme Jacqueline Challan)Henri Challan, 380 basses et chants donnés, Leduc. En dez fascículos para o alumno e 10 fascículos de realizacións correspondentes para o profesor ou o alumno que traballe só. Presentación utilizando as claves de do. A maior parte das correccións presentan somentes a voz extrema oposta, con algunhas indicacións codificadas simplemente en caso de dubida sobre a realización das voces intermedias. Os traballos máis avanzados están completamente realizados a catro partes. Un catálogo de exercicios que abordan progresivamente e separadamente cada elemento da linguaxe harmónica, desta maneira utilizables durante o estudio do tratado, cunha elección de textos suficiente e xeralmente moi progresivos, de moi doados a difíciles. Os exercicios que carecen un pouco de interese musical son moi raros e non concernen máis cos acordes de quinta. O profesor avisado poderá fácilmente recomendar evitar provisionalmente dous ou tres textos un pouco máis delicados, ou que utilizan xiros pouco frecuentes ou pouco indispensables, que cecais foron clasificados polo autor un pouco rápido no comenzo da lista. Obra pouco costosa (os dez compendios están disponibles individualmente) recomendables para unha formación en profundidade realmente completa e solida, ou para a profundizaxe de certos puntos débiles.
Henri Challan, 24 leçons d'harmonie, faciles et progressives, Eschig. En dous fascículos, libro do profesor e libro do alumno. Diríxese ós alumnos que habendo rematado o estudio do tratado.
Henri Challan, Mélodies instrumentales à harmoniser dans quelques styles harmoniques caractéristiques, Leduc. Esta suma de exercicios preséntase en forma de seis fascículos (só textos) concernendo cada un a un estilo e en dous tipos de conxuntos instrumentais : cuarteto de cordas, instrumentos e piano. As realizacións están publicadas en 12 fascículos, estando cada unha consagrada igualmente a un estilo, pero nun só grupo intrumental, por exemplo : Debussy, cuarteto de cordas. É pois un conxunto de 18 fascículos que se aconsella manexar referíndose somentes os seus números. Na enumeración seguinte o primeiro número de cada grupo é o fascículo dos textos sós para un estilo dado (incluindo tanto o cuarteto de cordas coma os instrumentos e piano), o segundo contén somentes as realizacións para cuarteto de cordas, o terceiro contén as realizacións para instrumentos e piano : Bach : 1, 2, 3. Mozart : 4, 5, 6. Schumann : 7, 8, 9. Fauré : 10, 11, 12. Debussy : 13, 14, 15. Ravel : 16, 17, 18. Publicadas tardiamente e despois da morte do autor, estas obras non figuran nos extractos de catálogo habitualmente reproducidos na contraportada das edicións Leduc. Contrariamente ó obxectivo apuntado pola obra a continuación, trátase máis ben de textos orixinales e non de obras coñecidas. Istes exercicios son, pois, de moi alto nivel.
Yvonne Desportes, 90 leçons d'harmonie sur l'évolution harmonique du XIIIème siècle à nos jours, Eschig. En dúas partes e catro volumes. 1) 13º ó 17º século, textos, realizacións. 2) 18º ó 20º século, textos, realizacións. As realizacións, en formato 25 x 32 cm, son todas extractos de obras diversas nas que a escritura (eventualmente orquestral) foi, por necesidades desta causa, reducidas a catro voces. Seu estilo está, pois, conservado de xeito indiscutible. As realizacións están presentadas en tres claves de do e de fa. Sendo obras coñecidas, o traballo do estudiante queda máis doadamente orientado cara o estilo, quedando o elemento "adiviñanza" reducido ó mínimo. Obra moi notable e recomendable.
Théodore Dubois, Réalisations des basses et chants du traité d'harmonie, Heugel, formato 18 x 26 cm, 109 páxinas). Traballos presentados únicamente en claves de sol e fa.
René Duclos, Vingt-quatre textes d'harmonie, Leduc. En dous volumes, textos e realizacións presentadas en claves de do e fa (formato 20 x 29 cm). Baixos e cantos progresivos de mediana dificultade, abordables a partires da fin do tratado, frecuentemente no carácter das danzas antigas.
Jean Gallon, 80 exercices et thèmes d'harmonie, troisième série, Heugel. En dous volumes : libro do alumno e libro do profesor (realizacións preparatorias e completas presentadas en claves de do). Corais, alternados, baixos dados e cantos dados constitúen as partes casi iguales desta obra. Seu punto común: os traballos preparatorios concernentes a cada exercicio. En particular, na primeira sección dos corais, o autor propón, baixo forma de baixos dados, un traballo de harmonización simple e claro, sen notas estrañas, o que é moi útil cando se ataca este estilo despois de estar afeito a unha escritura desenvolta e ornamentada. Seguidamente, o coral mesmo é proposto baixo a forma de canto dado, a realizar en "coral de escola" segundo a estructura da harmonización preparatoria, pero sen estar demasiado escravizado por ela.
Olivier MESSIAEN
Detalle dunha foto de 1929
(dominio público)
Autor descoñecidoOlivier Messiaen, Vingt leçons d'harmonie dans le style de quelques auteurs importants de l'histoire harmonique de la musique, depuis Monteverdi jusqu'à Ravel, Leduc. Un só volume :realizacións. Esta obra, bastante coñecida, non é, nembargantes, o mellor que fixo o seu autor. O traballo do estudiante é un pouco máis complexo ca nas 80 leçons de Yvonne Desportes pois ten que indagar unha estética sen te-lo soporte dun texto moi coñecido xa. Nembargantes estase no dereito de dubidar da utilidade de realiza-los exercicios nos estilos "mi-Schumann mi-Lalo, mi-Chabrier mi-Debussy, mi-Chabrier mi-Massenet, mi-Massenet mi-Debussy, mi-Franck mi-Debussy", ou tamén "un pouco Schumann, un pouco Fauré, un pouco Albeniz" (sic!). Nembargantes, como se pode agardar, o interese musical atópase eiquí por todas partes moi presente.
Exemplos musicais
Os profesores reprochan con gusto á maior parte dos tratados clásicos o non presentar exemplos musicais constituidos por extractos de "verdadeira" música. Hai moitas razóns para isto.
Moitos autores de tratados desexan abordar súas explicacións gramaticais da linguaxe musical respetando unha "neutralidade" estética. Por honestidade intelectual evítase comenzar a xuzgar o que é belo, o que non é digno de ser xuzgado belo, etc... Efectivamente, non se acabaría nunca e desviaríase da tarea obxectiva que consiste en catalogar e explicar o que existe. O alumno menos cultivado no dominio da música clásica sabe sempre, instantáneamente, establece-lo vencello entre unha peza que el coñece, cecáis mesmo interpretada por el mesmo, e o novo elemento da linguaxe harmónica explicada polo profesor. Se compre, e para que isto sexa particularmente impactante y doado de memorizar, sería mellor que o profesor optase por dar ó piano exemplos tocando parte da música que o estudiante coñece xa moi ben, alomenos como melómano experto. A ausencia de coñecementos xerais a iste nivel sería, evidentemente, un handicap para efectua-lo vencello entre os exercicios e as obras.
Se é desexable que o estudiante coñeza de antemán a música da que o profesor se serve coma exemplos, compre a súa vez desexar a iste último, ó mesmo tempo, unha memoria tipo "catálogo" e unha rapidez de búsca do tipo "base de datos". É, pois, práctico, recurrir a coleccións de exemplos escritos en cantidade satisfactoria, que houberan feito pesados os tratados clásicos, xa voluminosos e suficientemente costosos. A confección de tales catálogos esixe un traballo fastidioso (da simple elección dos exemplos á búsca das súas referencias precisas, pasando polas demandas de autorizacións de reproducción), traballo problabemente xuzgado pouco útil o pouco rentable pola maior parte dos profesores, a menos de estar completamente ó servicio dun establecemento, reservando unha parte normal da carga profesoral á investigación e á publicación. Veleiquí por qué as obras en inglés propostas máis abaixo proveñen de profesores dos Estados Unidos, onde existe un enorme mercado de difusión (o que permite producir publicacións especializadas ó menor custo) e onde se comprendeu que a investigación e os traballos anexos son difíciles de levar a cabo cando se ten unha tarefa semanal comparable á dun profesor de secundaria.
Unha advertencia, nembargantes: aínda que a consulta destas obras por parte del propio estudiante, non pode ser máis ca proveitosa, ás veces seralle útil obte-lo parecer dun profesor a propósito dos exemplos que, a primeira vista, poideran parecer complexos ou mesmo pouco apropiados. É que a percepción e o análise dun mesmo fenómeno harmónico non se presentan sempre ca mesma evidencia a tódalas persoas. Suxerimos, pois, simplemente, ó estudiante isolado, sacar proveito por él mesmo de tódolos exemplos que lle parezan claros e evidentes, e ó contrario, non inquietarse desmedidamente bloqueándose en certos exemplos que poideran parecerlle estraños. Ás veces é materia de opción persoal a comprensión analítica, e non esquezamos que a verdadeira música non foi escrita primeramente para ser analizada.
Enfin, moitos exemplos escollidos polos nosos colegas universitarios anglosaxóns non se presentan a catro voces iguais, pero son reduccións de orquestra ou extractos de literatura pianística. Elo leva consigo, ás veces, aparentes desviacións cas disposicións de escritura a catro partes, que cumprirá explicar ós estudiantes "inquedos". Niste senso, istes textos parecen máis apropiados para ilustrar cursos onde se fala de música, que para ilustrar un saber-facer específico da escritura a catro partes.
Howard A. Murphy, Robert A. Melcher, Willard F. Warch, Music for study, A Source Book of Excerpts, Prentice-Hall, Inc., 205 páxinas. Convén, particularmente, ó comenzo dos estudios e ós estudiantes máis xoves. Trata con detalles os acordes de tres sons e súas inversións, as modulacións, as sextas aumentadas e tamén a escala por tons, as harmonías por cuartas, a politonalidade e o dodecafonismo. A maior parte dos extractos son doados de ler ou de tocar. Hai 289 exemplos.
Robert A. Melcher and Willard F. Warch, Music for advanced Study, A Source Book of Excerpts, Prentice-Hall, Inc., 182 páxinas. O complemento do precedente a un nivel máis avanzado. Trata os acordes a partir da sétima disminuída, as sextas alteradas e máis, así como trece textos completos. Un total de 177 exemplos.
T. Benjamin, M. Horvit, R. Nelson, Music for Analysis, Houghton Mifflin Company, 360 páxinas. Obra moi completa. Asimesmo os exemplos están clasificados por elementos harmónicos.
Charles Burkhart, Anthology for Musical Analysis, Holt, Rinehart and Winston, 382 páxinas. Esta derradeira obra está composta de pezas completas, clasificadas por épocas (barroca, clásica, romántica e impresionista, siglo XX), ademáis dispón dun índice segundo os acordes, permitindo escoller en función do elemento a ilustrar.
Obras de transcendencia xeral
Olivier Alain, L'harmonie, Presses Universitaires de France, 126 páxinas. Colección Que sais-je? nº1118. Xeneralidades. Do intervalo ó acorde. Do acorde á tonalidade. A harmonía do Renacemento. A harmonía tonal. Saturación e sobrepasamento. Perspectivas. Ó contrario ca obra seguinte, o aspecto histórico supera ó aspecto acústico.
Marcel Bitsch et Jean-Paul Holstein, Aide-mémoire musical, éditions Durand, série Musique pratique, formato 15 x 21 cm. Moito máis que outra versión dun resumo da teoría musical, esta obra toca 80 temas a razón dun cadro por páxina, ou en dúas páxinas, dando unha visión sintética e moi precisa do esencial a coñecer. As grandes seccións son: notación, ritmo, compás, escalas, modos, series, intervalos, melodía, contrapunto, harmonía, transposición e instrumentos transpositores, voz, instrumentos cas súas tesituras e súas particularidades técnicas. Tanto a persoa novicia coma o estudiante avanzado atoparán eiquí rápidamente a información buscada. Sen querer restarlle o seu mérito certo a Jean-Paul Holstein, recoñécese por tódalas partes desta obra as cualidades de concisión, precisión e de claridade propias deste pedagogo recoñecido que é Marcel Bitsh. Os problemas de acústica e as consideracións históricas foron voluntariamente descartadas.
Jacques Chailley, Expliquer l'Harmonie, Collection Histoire de la Musique, nº16, Éditions Rencontre, Lausanne, 128 páxinas. Iste volume refire a historia das experiencias e as teorías que tiveron por obxecto a natureza do son musical, a medida dos intervalos e as xustificacións físico-matemáticas da sensación de consonancia. O autor mostra eiquí que os nomes máis célebres non son os únicos en ter contribuido ora a desenvurulla-lo problema ora a mixtura-las cartas. Denuncia procedementos habitualis seculares, causas de feitos mal comprendidos á luz de textos dos que non se toma a molestia de verificar e cuia ensinanza contemporánea conserva con seriedade reliquias desusadas pero de temibles consecuencias. Enriquecido cunha busca iconográfica de grande calidade, iste volume é máis cunha obra de vulgarización pola cal seu autor, coma frecuentemente no curso da súa ensinanza, desmitifica os problemas. Diríxese tanto ó músico curioso coma ó pedagogo que desestima o coñecemento da acústica.
( M.B., aparecido no Boletín de bibliografía, Montréal, 1971. )
Direccións de editores na páxina de lugares útiles.
Je serais infiniment reconnaissant aux personnes qui pourraient me procurer
des photos (libres de droits) de tout professeur mentionné sur ce site !
Desamarre versión cadros | Desamarre versión sen cadros |
Menu da versión sen cuadros: | |
1 - Introducción | 11 - Retardos |
2 - Regras xeráis | 12 - Oturas notas estrañas |
3 - Quinta | 13 - Pedais |
4 - Sexta | 14 - Baixos non cifrados |
5 - Cuarta e sexta | 15 - Coral e outros estilos |
6 - Modulacións | 16 - Táboa de cifrados |
7 - Sétima de dominante | 17 - Bibliografía, biografías |
8 - Sétimas de especies | 18 - Lugares útiles, buscas |
9 - Novenas | 19 - Extractos de tratado |
10 - Alteracións | 20 - O autor e-mail |
© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos sóamente.
Iste sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.
Iste sitio, entende estar conforme ca legislación canadiense sobre dereitos de autor,
segundo a Convención de Berna e a Convención universal sobre dereitos de autor.
En caso de aparente infracción, sexa tan amable de poñerse en contacto directamente co autor
a fin de resolver de contado calqueira litixio.
This web site strives to fully comply with the Canadian copyright law,
according to the Bern Convention and the Universal Copyright Convention.
Should you feel that this site displays any material that raises an apparent copyright infringement,
please e-mail immediately michel.baron@videotron.ca to have any infringing component promptly removed.