Michel Baron - Curso de harmonía
Galego — Traducción : © Xoán Antón Vázquez - vazquezcasas@edu.xunta.es

PEDAIS

Pedal no baixo

É unha nota esencial á tonalidade (tónica, dominante) que non forma parte da harmonía en curso, salvo cando é atacada e cando se deixa. Se a nota pedal está mantida no baixo, é entonces o tenor quen se convirte no verdadeiro baixo e debe ser tratado e cifrado en consecuencia. Pero a pedal pode tamén sobrevir nas outras partes.

A función tonal dunha pedal colocada no baixo é considerable. O sentemento da función xeral (tónica, dominante) fai que quede ben este da pedal: tódalas modulacións que sobreveñen no curso da pedal deben de ser analizadas coma pasaxeiras.

 Tódalas modulacións ós tonos veciños son posibles, segundo a duración da pedal. Sobre unha pedal de dominante o único ton incorrecto é a tonalidade menor que ten a pedal por tónica : teríase entón a impresión de que o episodio de pedal terminouse, perdendo as primeiras funcións da sensible e a dominante.

Elementos temáticos

A pedal de dominante, en particular, permite en certos baixos non cifrados, reintroducir certos elementos temáticos.

Acordes de onceava e treceava de tónica

Son os acordes de sétima de dominante e de novena de dominante menor e maior empregados coma retardos, apoiaturas ou sobre a pedal. Na escritura a catro partes a fundamental e a quinta poden ser suprimidas. Os cifrados das mesmas son, respectivamente :

+7 +7
 6
  6
+7

A disposición irregular deste último cifrado (eiquí enriba) precisa que se trata da novena maior en posición obrigada.

Pedal superior ou intermedio

Nos exercicios, en particular os cantos dados doados ou de dificultade mediana, unha pedal distinta ca no baixo debe poder ser analizada coma unha nota integrante da harmonía ou, polo menos, como unha disonancia que se resolve manténdose. Non se deben contornear as dificultades de harmonización bautizando pedal superior unha nota que non se soupo harmonizar.

BASSES DONNÉES

Baixos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 8a, exercicio 319 : divertida pedal perpetua de dominante que pasa por tódalas voces. Exercicios 320 e 321 : o autor indica os acordes onde hai unha posibilidade de pedal.
CHANTS DONNÉSCantos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 8a, exercicio 322 : pedal perpetua no tenor.



Desamarre versión cadros Desamarre versión sen cadros
Menu da versión sen cuadros:
  1 - Introducción 11 - Retardos
  2 - Regras xeráis 12 - Oturas notas estrañas
  3 - Quinta 13 - Pedais
  4 - Sexta 14 - Baixos non cifrados
  5 - Cuarta e sexta 15 - Coral e outros estilos
  6 - Modulacións 16 - Táboa de cifrados
  7 - Sétima de dominante 17 - Bibliografía, biografías
  8 - Sétimas de especies 18 - Lugares útiles, buscas
  9 - Novenas 19 - Extractos de tratado
10 - Alteracións 20 - O autor       Vos remarques seront certainement utiles !e-mail

HOME

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos sóamente.
Iste sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.



Web Analytics Made Easy -
StatCounter