Michel Baron - Curso de harmonía
Galego Traducción : © vazquezcasas@edu.xunta.es |
SÉTIMA DE DOMINANTE
É o acorde de catro sons que ten a fundamental situada sobre o quinto grao dos dous modos.
Nota: a construcción deste acorde é idéntica en maior i en menor harmónico. Non comportando notas modais, a sétima de dominante por si soa non basta para definir o novo modo, senon sóamente o novo tono.
Cifrados
Observacións
Este cifrado xamáis comporta alteracións; a construcción do acorde é sempre a mesma: acorde perfecto maior e sétima menor.
O "máis" no cifrado ( + ) indica que a nota simbolizada pola cifra á dereita do signo + é a sensible do tono (ou a sensible do novo tono se hai modulación). Cando non hai cifra á dereita do + trátase da terceira (mesma convención que para as terceiras non seguidas por unha cifra).
As cifras barradas indican sempre un intervalo disminuido. Eiquí trátase da quinta (inversión do trítono).
Duplicacións e supresións
O máis frecuente é utiliza-lo acorde completo, sen duplicación. A única duplicación posible é a da fundamental (non se suprime nin se duplica a sensible nin a sétima). A única nota que se pode suprimir é a quinta.
Nota: por esta razón o acorde +6 está necesariamente completo.
Resolución natural
Chámase así a todo encadeamento de 7ª de dominante co acorde do primeiro grao (calesqueira que sexan as inversións utilizadas polos dous acordes). As notas do tritono deben resolverse de maneira natural :
- A sensible debe subir á tónica.
- A étima debe descender á mediante.Observacións
Os tres primeiros estados resolven sobre o acorde do primeiro grao en estado fundamental. O acorde +4 resolve sobre a primeira inversión.
En canto á segunda inversión ( +6 ), pode ter unha resolución máis interesante sobre a primeira inversión (sucesión +6 6). Neste caso a sétima debe subir conxuntamente para non dobrar o baixo do acorde de sexta :
É o único caso en donde a sétima pode subir, na resolución natural. Non é torce-lo brazo á realidade o afirmar, de maneira un pouco simplista, que no curso da historia os compositores preferiron neste encadeamento facer subir a sétima mellor ca dobrar o baixo do acorde de sexta.
Nota:¡prestar atención a que as notas do tritono estean ben dispostas en cuartas para non facer oir quintas paralelas!
Ver tamén a páxina das modulacións, subtítulos Falsas relacións, "Sétimas de dominante".
Imposibilidades
Cadencias perfectas: non se pode encadear o acorde de sétima de dominante en estado fundamental ca súa resolución natural conservando os dous acordes completos. É necesario facer unha elección segundo o contexto e suprimir a quinta dun dos dous acordes (ver os dous primeiros exemplos, páxina precedente).
Non é posible encadear sen incorrección o acorde de sétima de dominante co acorde do primeiro grao en primeira inversión (I6): a duplicación da nota de resolución da sétima (baixo do acorde de sexta) por movemento directo é particularmente pesada e sempre prohibida, calesqueira que sexan as inversións.
Cambios
O acorde de 7ª pode cambiar de posición ou de inversión antes de resolver. A sétima, tendo un carácter descendente, cambiase, en principio, descendendo.
Nota: tamén a 7ª pode cambiar subindo á 9ª.
Non se cambia xamáis a nota de 7ª pola fundamental. O resultado musical é vulgar. Non deixarse arrastrar por este cambio defectuoso no desplazamento frecuente, por bordadura superior, da sétima ca fundamental, antes da súa resolución normal. Neste caso gardarse de efectuar o cambio, baixo pena de dúas torpezas inevitables en serie: o cambio vulgar entre a sétima e a fundamental, e a duplicación da resolución por movemento directo (coma no exemplo eiquí arriba, en non importa que inversión ou posición).
Quintas consecutivas permitidas
Toleranse as quintas consecutivas seguintes, porque tres condicións están presentes: unha das quintas é disminuida, están separadas por un cambio da sétima, e...iste encadeamento gustaballe moito a Mozart :
Baixos dados : para os alumnos que tiveran interese en aprende-lo estado fundamental ou unha soa inversión á vez, veleiquí catro series de catro cortos baixos dados, de dificultade progresiva, pero que conlevan resolucións naturais e excepcionais :
Estado fundamental : catro pequenos baixos dados, realizacións. Primera inversión : catro pequenos baixos dados, realizacións. Segunda inversión : catro pequenos baixos dados, realizacións. Tercera inversión : catro pequenos baixos dados, realizacións. |
Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 3a, exercicios 131 e seguintes. Algunhas observacións: o 131 presenta (¡probablemente un olvido do autor!) unha resolución excepcional. O 132 presenta unha enarmonía con ocasión dunha modulación. O 133 propón imitacións breves e simples entre o baixo e o soprano. O 134 demanda traballar as sucesións +6 6, e atención á marcha, na tonalidade de do bemol maior... O 135 utiliza en casi todo seu soprano o movemento conxunto e o cromatismo.Cantos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 3a, exercicios 151 e seguintes. Os 155 e 156 son delicados, os 157 e 158 parécenme un pouco máis doados.
Resolucións excepcionais
Dáselle esta antiga denominación, discutible, ós numerosos outros encadeamentos de sétimas de dominante dirixíndose cara outros acordes distintos do primeiro grao. Moi frecuentemente istos encadeamentos conducen modulacións inesperadas e interesantes, mesmo se as notas do tritono non están sempre resoltas normalmente. Resólvense sempre segundo un dos casos seguintes i, en principio, xamáis de maneira disxunta :
- Igual movemento de resolución ca na resolución natural, por semiton, o mesmo por ton.
- Ningún movemento, a nota pode ser mantida queda.
- Movemento inverso do natural, máis probablemente por semitón (cromatismo).
As únicas maneiras de deixar unha sétima por movemento disxunto son :
- Cambio da sétima con outra nota do acorde (preferentemente descendendo).
- Cambio da sétima que pasa a 9ª (subindo unha terceira).Imposibilidade
En estado fundamental, casi nunca se poden encadear sen falta dous acordes de sétima completos en relación de quinta descendente. É necesario suprimir a quinta nun dos dous acordes. Resulta delo que nunha marcha harmónica de acordes de 7ª en quintas descendentes i en estado fundamental, un dos dous acordes estará incompleto.
Consellos para os cantos dados
Nos cantos dados, cecáis sexa bó lembrar que, un salto de cuarta ascendente a cotío pode ser harmonizado polo encadeamento tritono-sexta; pero hai, teóricamente, dúas tonalidades posibles (catro cas súas tonalidades homónimas menores). O oido e o gusto en función do contexto son os únicos xuices.
En xeral, somentes un dos dous tons imponse inmediatamente ó harmonista. Unha vez non é costume: é admisible ó comenzo axudarse do razoamento lóxico para descubrir o outro ton a distancia de quinta.
Baixos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 3a, exercicios 139 e seguintes, de dificultade media. Podería facerse precedelos por algunhas series de exercicios simples (por exemplo en marchas). En fin, os baixos 149 e 150 no estilo de Fauré son imprescindibles y valiosísimos, mesmo si é necesario facelos con axuda do profesor.
Cantos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 3a, exercicios 159 e seguintes, dificultade media. Igual observación que eiquí enriba en canto o canto 170 en estilo faureano.
Sétima de dominante sen fundamental
É o acorde de tres sons colocado sobre a sensible dos dous modos. É tamén as tres notas superiores da sétima de dominante. Estas notas conservan seus nomes i, en principio, súas regras de resolución.
Nota: non confundir este acorde co do IIº grao menor
Cifrados
Observacións
Este acorde presentase sobre todo como unha comodidade de escritura para un alixeiramento da harmonía ou das líñas melódicas. Observarase e retendrase sobre todo as posicións e inversións máis frecuentemente utilizadas (encuadradas eiquí enriba).
Duplicacións
Duplicase habitualmente a quinta. Nembargantes, no acorde de sexta sensible sen fundamental (exemplo 4 eiquí enriba) pódese tamén duplicar a sétima; neste caso, unha das dúas sétimas resolve normalmente, a outra sube conxuntamente. Para reter o uso "liberal" desta duplicación i encontrarlle unha xustificación, observarase que o acorde asemellase pasablemente a un acorde de sexta.
Baixos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 3a, baixos 147 e 148. Traballo bastante sostido para un acorde e súas inversións que poden ser consideradas como non prioritarias, por exemplo por estudiantes que non están na disciplina principal de escritura.
Desamarre versión cadros | Desamarre versión sen cadros |
Menu da versión sen cuadros: | |
1 - Introducción | 11 - Retardos |
2 - Regras xeráis | 12 - Oturas notas estrañas |
3 - Quinta | 13 - Pedais |
4 - Sexta | 14 - Baixos non cifrados |
5 - Cuarta e sexta | 15 - Coral e outros estilos |
6 - Modulacións | 16 - Táboa de cifrados |
7 - Sétima de dominante | 17 - Bibliografía, biografías |
8 - Sétimas de especies | 18 - Lugares útiles, buscas |
9 - Novenas | 19 - Extractos de tratado |
10 - Alteracións | 20 - O autor e-mail |
© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos sóamente.
Iste sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.