Michel Baron - Curso de harmonía
Galego Traducción : © Xoán Antón Vázquez - vazquezcasas@edu.xunta.es |
ALTERACIÓNS
Trátase de alteracións cromáticas dunha o de dúas notas dun acorde. Se se intenta cifralas basta con completar o cifrado habitual precisando as alteracións diante da cifra que representa a nota alterada.
Precaucións
- Evidentemente, xamáis duplicar unha nota alterada.
- Xamáis facer oir simultáneamente a alteración e a nota non alterada.
- Evitar as relacións de terceira disminuida enxendradas por unha alteración e outra nota do acorde: o oido ten tendencia a escoitar elí, por enharmonía, un intervalo de segunda maior e a comprensión é confusa. Polo contrario, a inversión en sexta aumentada resulta clara :
SEXTAS AUMENTADAS
Os acordes 6 e +6 préstanse ben á alteración do seu baixo e/o da súa sexta. Preceden inmediatamente a función dominante, a cal conducen, reforzándoa, a graos diversos.
Tódolos exemplos seguintes das diferentes posicións de sextas aumentadas poden, teóricamente, aplicarse ós dous modos, mesmo se están presentes eiquí sóamente en maior para mellor poñer en evidencia a alteración descendente do baixo da sexta.
A chegada á función dominante pode, teóricamente, ser expresada tan ben polo acorde de quinta sola, coma pola cuarta e sexta de apoiatura (cadencial) seguido do acorde de quinta. Os únicos impedimentos son constreñementos de escritura, segundo as disposicións.
Observacións sobre os exemplos
O estudio de tódalas disposicións posibles nas páxinas seguintes non ten por qué ser memorizado. Basta con que a análise das mesmas sexa ben comprendido e sobre todo ca audición sexa moi clara: voso oido reconstruirá súa mecánica cando se presente a ocasión de escribir unha sexta aumentada.
Para maior claridade cada exemplo comenza ca nota non alterada seguido no 2º tempo do primeiro compás polo acorde alterado que se trate. Na realidade musical a presencia do acorde non alterado inicial, evidentemente, non é obligatoria: o acorde alterado pode ser empregado só.
SEXTA ITALIANA
É o acorde do IV grao en 1ª inversión coa alteración descendente do baixo e, o mesmo tempo, alteración ascendente da sexta. Se a comparación seguinte, incorrecta dende o punto de vista analítico, pode axudarvos , doutro xeito, a comprender súa construcción, poderíades maxinar unha analoxía enharmónica cun acorde de sétima de dominante un semitón por riba da verdadeira dominante, sen a quinta (pero no que a sensible estaría duplicada).
Exemplo 1: non temer la oitava entre a duplicación tenor-alto. Este tipo de duplicación é frecuente denantes do V ou do I e conduce o acorde seguinte nunha posición ben equilibrada.
Exemplo 2: outra disposición.
Exemplo 3: a chegada sobre un simple acorde de quinta ( sen sétima) enxendraría quintas paralelas, a menos de volver á chegada do exemplo 2. A chegada sobre o acorde de sétima de dominante é aceptable pero as 3 notas do contralto son malas. Partir do sol (sétima) é mellor, se convén o estilo.
Exemplo 4: variante correcta do exemplo 3. Esta disposición necesita a sexta e cuarta.SEXTA FRANCESA
Exemplos 1 a 3: é o acorde +6 (coma no tono da dominante, ou "V do V") con alteración descendente do baixo. Esta é , tamén, a única das tres que contén dúas disonancias emparentadas ca 7ª (re-do, e la bemol-fa sostenido, enharmónico de la bemol - sol bemol).
O exemplo 3 é, o, que mellor se prestaría a resolver sobre a sétima de dominante, cun fa becuadro no contralto no compás 2, se convén o estilo.
SEXTA ALEMANA
Pódese considerala como unha sexta francesa con, ademáis, unha alteración ascendente da fundamental (eiquí, o re). Se isto pode axudarvos, aínda que non sexa a verdadeira análise, súa característica é a enharmonía cun acorde completo de sétima de dominante que estaría colocado un semitón por riba da dominante principal.
Exemplo 1: a causa do carácter ascendente da alteración da fundamental, a resolución natural é sobre a cuarta e sexta (e non a quinta), a falta do cal o movemiento ascendente abortaría e se oiría o equivalente de dúas quintas (la bemol - re sostenido seguidos de sol - re becuadro).
Exemplo 2: resolución sobre 5, sen cuarta e sexta. Somentes nesta posición, saida do exemplo 1, admítense as quintas consecutivas deste encadeamiento, mesmo se se emprega a miudo esta escritura enharmónica que enmascara a cuarta dobre-aumentada entre baixo e tenor, para transformala en quinta xusta (recoñécese a enharmonía posible co acorde de sétima de dominante).
Disculpas polas denominacións
Oss calificativos de italiana, francesa e alemana son usados nos paises ...anglosaxós. Coma na sexta napolitana, non teñen nada de estrictamente xeográfico nen histórico, podendo os tres tipos de sexta coexistir, sen ningún tipo de choque, no interior dun mesmo tempo :
Seguramente un día, un grande teórico anglosaxón bautizará este inocente exemplo : ¡"sextas da Comunidade europea"! Durante este periodo Jacques Chailley ensina no seu "Tratado histórico da análise musical" (p. 31) as primeiras sextas, pretendidamente italianas (según a nomenclatura inglesa de moda no Quebec), situadas nun efecto dramático por Pascal de l`Estocart, músico francés do s. XVI.
Se isto pode reportarvos unha axuda mnemotécnica, veleiquí como un dos meus antigos alumnos presenta as diferentes sextas aumentadas ós seus alumnos (é profesor nunha universidade nos Estados Unidos). Let's speak about the lightness of the Italian sixth. With only a third with the augmented sixth, it is light, sunny, a little bit like italian cooking. A little fresh tomato, olive oil and basil and it is delectable. Examinemos a lixeireza da sexta italiana: con, somentes, unha terceira e unha sexta aumentada, é aérea, soleada, un pouco como a cociña italiana. Un pouco de tomate fresco, aceite de oliva e asubiote, e isto é delicioso. The Frenchs need to be a little different because they need to be heard when they have at times a political discordant voice. That's why the tritone is added. More personal and quite different. Os Franceses necesitan ser un pouco diferentes, pois iles queren que se lles escoite cando teñen unha posición política diverxente. É polo que engaden o tritón. É máis persoal, máis distinguido. Of course, the Germans are so practical ! They need to have a full meal, a well balanced meal and that's why the perfect fifth is added. Ben entendido, ¡os Xermáns teñen os pes na terra! Cómprelles ter o prato ben cheo, e un menú ben equilibrado; é polo que engaden a quinta xusta.
Baixos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 6a, exercicios 261 e seguintes.
Cantos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 6a, exercicios 266 e seguintes.
Desamarre versión cadros | Desamarre versión sen cadros |
Menu da versión sen cuadros: | |
1 - Introducción | 11 - Retardos |
2 - Regras xeráis | 12 - Oturas notas estrañas |
3 - Quinta | 13 - Pedais |
4 - Sexta | 14 - Baixos non cifrados |
5 - Cuarta e sexta | 15 - Coral e outros estilos |
6 - Modulacións | 16 - Táboa de cifrados |
7 - Sétima de dominante | 17 - Bibliografía, biografías |
8 - Sétimas de especies | 18 - Lugares útiles, buscas |
9 - Novenas | 19 - Extractos de tratado |
10 - Alteracións | 20 - O autor e-mail |
© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos sóamente.
Iste sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.