Michel Baron - Curso de harmonía
Galego — Traducción : © Xoán Antón Vázquez - vazquezcasas@edu.xunta.es

REGRAS XERÁIS

 

Tesitura das voces

O curso de harmonía é unha aprendizaxe práctica da escritura polifónica, a catro partes. Compre afacerse a escribir para o cuarteto vocal, pois a voz humana é o "instrumento" que ten a tesitura máis restrinxida. Non haberá ningún atranco máis adiante para alongar os límites permitidos para que correspondan a outros instrumentos. Sería máis difícil afacerse primeiro a unhas tesituras moi amplas e logo reaprender os constreñementos de tesituras estreitas. Veleiquí as catro voces e os límites das súas tesituras usuais (voz de bos coristas aficionados, e non solistas profesionais):

Disposition en clés d'ut

Non se deben de empregar as notas en negras máis ca moi excepcionalmente. Á esquerda: os sons reais en claves de sol e de fa. Vése que a parte de tenor, escrita en sons reais, debería sen cesar cambiar de clave. Á dereita: as claves de do, en sons reais, utilizan a maior parte do tempo un mínimo de liñas adicionais.

É posible que vostede constate lixeiras diferencias segundo os tratados. O bon sentido é de rigor: é preferible utilizar as notas extremas con prudencia, cos matices axeitados e sen atacar un comenzo de frase cas notas superiores.

Como axuda para memorizar iste cadro, observe que, respectivamente, as voces de baixo e de contralto, así como as voces de tenor e de soprano, teñen as súas tesituras a distancia de oitava.

 

¿CÓMO ESCRIBIR?


As claves de Do : tradicionalmente, tódolos estudios a fondo de escritura fanse en tres claves de do (do en primeira, do en terceira e do en cuarta) e unha clave de fa, como eiquí enrriba á direita.

 Vantaxes :

Inconvenientes :


A escritura vocal moderna en tres claves de sol e clave de fa.

Vantaxes :

Inconvenientes :


A escritura en sistema de pentagramas para piano.

Vantaxes :

Inconvenientes :


 

REGRAS MELÓDICAS

As regras melódicas refiren-se ó movemento dunha sóa voz (non importa cal, mais unha sóa voz á vez, sen considerar as outras).

Intervalos melódicos permitidos.

Pódense empregar ó principio dos estudios tódolos intervalos menores, maiores e xustos comprendidos entre a segunda e a sexta menor incluidas, así coma o salto de oitava. Pódese tolerar nun determinado intre a sexta maior.

Movemento melódico obrigado :

A sensible (soamente cando é a terceira do acorde de dominante) debe ir á tónica, a non ser que o acorde seguinte non emprege a tónica, ou que a voz inmediatamente superior faga oi- la tónica á altura onde se a agarda. (Esta tolerancia ás veces só se acepta cando se trata das voces superiores).

Intervalos que compre que evitar imperativamente

Ó comenzo dos estudios, compre evitar a calqueira prezo os saltos de sétima e mailos intervalos aumentados e disminuidos, os cales chegan a converterse axiña nun tic, e impiden radicalmente a descuberta de mellores realizacións, as cales representan a verdadeira armazón da futura escritura.

Nota: a partir do estudio das sétimas de dominante poderase facer un uso musical de tódolos intervalos melódicos disminuidos, seguidos dun movemento en senso contrario. Ó comenzo dos estudios, é preferible evitar a segunda aumentada do modo menor, mesmo cando estéa seguida da tónica.

Precaucións :

A sétima e a novena percorridas en tres notas deben incorporar un movemento conxunto.

A cuarta aumentada (tritono) en tres notas debe estar seguida dun semitón no mesmo senso.

O salto de oitava presenta-se normalmente con senso inverso á líña melódica da que parte. Sáese dil segundo o mesmo principio, volvendo cara o interior.

 

REGRAS HARMÓNICAS

As regras harmónicas fan referencia ós movementos que se producen (e se modifican en cada acorde) entre dúas voces. Non importa que par de voces entre as catro.

Cruzamentos e unísonos

Ó comenzo dos estudios non hai ningunha razón para efectuar cruzamentos entre as voces: utilizanse segundo seu orde normal de superposición. Pode utilizarse o unísono, si é inevitable ou si hai unha bóa razón para facelo, debido ó contexto.

Movimentos entre as voces

Hai numerosos xeitos de espaciar entre elas as 4 voces. Veleiquí unhas cantas, comentadas nos números correspondentes: :

  1. Intervalos case iguais entre as diferentes partes. Esta disposición coñecese como posición de cuarteto. É unha posición ideal, que soa moi ben.

  2. Pódese, pola contra, isolar o baixo e agrupar as tres partes superiores. A esta disposición chámaselle ás veces a posición de piano (o baixo para a man esquerda, o resto para a man dereita).

  3. Non se debe de sobrepasar a oitava entre ningunha das tres partes superiores e a súa veciña ( pero isto está permitido entre o baixo e o tenor).

  4. Unha disposición particular: si se acada a oitava entre as dúas partes intermedias, as dúas voces inferiores deben formar un intervalo que non sobrepase a terceira, senón o acorde soará oco. Hai que reter esta disposición particular: os estudiantes témenna, aínda cando ésta non soa tan mal (lembrar os cursos de dictado a catro partes e tódolos erros diversos que esta disposición, rica en armonías, xeraba).

  5. Unha advertencia necesaria: poden-se afastar ata a oitava as dúas voces superiores. Máis tarde verase que mesmo poden, excepcionalmente, sobrepasar a oitava durante pouco tempo se o equilibrio dos movementos melódicos o xustifica.

Observade y adoptade coidadosamente as convencións de escritura que se refiren ó senso das plicas e á colocación das ligaduras.

Movementos harmónicos

Istes son os movementos que fan cada par de voces. Hai catro clases:

Movemento paralelo: as duas voces suben ou baixan xuntas, conservando o mesmo intervalo. Frecuentemente fanno en terceiras ou en sextas (ou seus redobramentos).

Brahms / Beethoven
Brahms Beethoven BB

O movemento paralelo está absolutamente prohibido en dous casos:

Oitavas consecutivas (diferentes) por movemento paralelo.
Quintas consecutivas (diferentes) por movemento paralelo.

Istes movementos foron xulgados demasiado vulgares e demasiado duros, dende o renacemento ata os post-románticos, quenes non os empregan (a 4 voces) máis ca moi excepcionalmente.

Movemento contrario: unha parte sube, a outra baixa, ou á inversa. É un movemento extremadamente frecuente, ben equilibrado. Non presenta inconvenientes. O exemplo seguinte mostra dous pares de voces paralelas que, por pares, evolucionan en movemento contrario:

As únicas faltas que iste movemento pode xerar, caseque por mala sorte, son:

Oitavas consecutivas por movemento contrario.
Quintas consecutivas por movemento contrario.

Aplican-se as mesmas razóns que se viron precedentemente.

Nota: chaman-se tamén, a xeito de resumo, oitavas consecutivas, quintas consecutivas, pois a prohibición é aplicable tanto para as quintas e as oitavas paralelas como para as quintas e as oitavas consecutivas por movemiento contrario.

Movemento oblícuo: unha voz queda quieta mentres a outra alónxase ou se achega. Ren a sinalar salvo no intre dun unísono: non é elegante chegar a il por parte da voz que se move. Pola contra, é interesante sair do unísono por movemento oblicuo.


Movemento directo: as dúas partes ascenden ou descenden xuntas, pero achegándose ou afastándose un pouco. Imaxinádevos un movemento paralelo que non fose completamente paralelo...

O movemento paralelo fai resaltar as quintas e as oitavas que conduce. Cando se escribe un movemento directo que finaliza nunha quinta ou nunha oitava (ou seu redobramento), compre satisfacer as condicións seguintes, destinadas simplemente a limitar o efecto do movemento directo.

Quinta ou oitava directa entre voces extremas:

Quinta ou oitava directa en calqueira outro par de voces (sólese decir: entre calesqueira partes):

Unísono directo:

Nota: as regras precedentes son unha simplificación recente de antigas prácticas pedagóxicas particularmente intimidatorias e desmoralizantes. Para máis detalles, os máis curiosos poden solicitar regras máis detalladas. Ver meu Compendio práctico de harmonía páxina 15, o Tratado de harmonía de Dubois, páxinas 14 a 16; o Tratado de harmonía, I, páxina 15 de Koechlin; o Curso de harmonía analítica de Dupré, páxina 17, o Compendio de harmonía tonal de Bitsch, páxinas 19 e 20, ou o Tratado de harmonía de Yvonne Desportes, páxina 7.

Sobor deste tema das quintas e oitavas directas permitidas ou prohibidas chega con consultar estas diversas obras, todas redactadas por grandes profesores e compositores, para constatar que existen diferencias de detalle máis ou menos importantes na concepción das regras. As propostas no presente curso teñen a vantaxe de ser á vez razoables e abondo simples. Ó comenzo dos estudios cumprirá, primeiramente, aprender a respectar estrictamente as regras que teñen preferencia para o voso profesor. Un pouco máis tarde voso oído aprenderá a se-lo derradeiro xuiz, segundo as circunstancias particulares. De feito, as diferencias de detalle nos principios de base escollidos non terán consecuencias reais na calidade da vosa escritura unha vez que teñades adquirido experiencia.


Desamarre versión cadros Desamarre versión sen cadros
Menu da versión sen cuadros:
  1 - Introducción 11 - Retardos
  2 - Regras xeráis 12 - Oturas notas estrañas
  3 - Quinta 13 - Pedais
  4 - Sexta 14 - Baixos non cifrados
  5 - Cuarta e sexta 15 - Coral e outros estilos
  6 - Modulacións 16 - Táboa de cifrados
  7 - Sétima de dominante 17 - Bibliografía, biografías
  8 - Sétimas de especies 18 - Lugares útiles, buscas
  9 - Novenas 19 - Extractos de tratado
10 - Alteracións 20 - O autor       Vos remarques seront certainement utiles !e-mail

HOME

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos sóamente.
Iste sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.



Web Analytics Made Easy -
StatCounter