Michel Baron - Curso de harmonía
Galego Traducción : © vazquezcasas@edu.xunta.es |
Non son « bos porque son
vellos »,
ó contrario, son « vellos porque son bos ».
Estes cifrados son os empregados polos tratados francófonos que guiaron os primeiros pasos, e con certo éxito, a persoas coma D`Indy, Debussy (!), Pierné, Dukas, Ravel, Roussel, Enesco, Ibert, Milhaud, Poulenc, Jolivet, Messiaen, Françaix, Dutilleux, e moitos outros, certamente.
O principio xeral, non universal (cumpríu facer opcións), consiste en simboliza-las notas máis características do acorde e do seu estado por cifras que representan seu intervalo có baixo.
O + significa que a terceira é a sensible.
O + diante dunha cifra indica que esta nota é a sensible.
Unha cifra barrada indica un intervalo disminuido.Asimesmo, houbérase podido imaginar calqueira outro sistema visual de símbolos (aparte do das cifras) para responder á necesidade particular dos harmonistas : indicar ó mesmo tempo o tipo de acorde e maila súa inversión sen ofrecer ó alumno a análise tonal completamente feita sobre unha bandexa de prata.
En efecto, verdadeiramente é unha parte do exercicio o que as tonalidades e as modulacións sexan deixadas á comprensión do alumno. É polo que non hai razón para considerar estes cifrados como unha tara histórica ou pedagóxica, baixo o pretexto de que eles non son máis ca "números da seguridade social" destinados a catalogar o "material vertical". Da mesma maneira que un clavecinista comprende o que debe de realizar a partires do seu baixo cifrado, un armonista pode, debe comprender, e sobre todo oir, o que o autor do exercicio de harmonía desexa facerlle construir.
Este procedemento de cifrado non está destinado exclusivamente a compracer ós analistas, que teñen o dereito de ter súas necesidades e súas ferramentas propias. Baixo o pretexto de que un bo coñecemento da harmonía clásica é tamén unha ferramenta de análise, compre non perder de vista seu objectivo primeiro que é, despois de todo, o desenrolo das aptitudes para adaptarse e para construir. Se estes cifrados están destinados a representar estados verticais instantáneos nos baixos cifrados a un nivel avanzado, é que, para poder traballar a fondo cada acorde e cada inversión en tódolos contextos posibles, os harmonistas -estes que aprenden a escribir, non a falar- teñen necesidade de indicacións precisas e completas, a miúdo sobre cada tempo do compás, sempre facendo o esforzo auditivo interior, normal para oir a evolución tonal e a estructura xeral do baixo cifrado.
Cadro recapitulativo dos cifrados | |||||
1ª inversión | 2ª inv. | 3ª inv. | 4ª inv. | ||
Fundamental no baixo |
Terceira no baixo |
Quinta no baixo |
Sétima no baixo |
Novena no baixo |
|
Acorde de tres sons | 5 | 6 | 6 4 |
||
Acorde de quinta incompleto | 3 ou 8 | ||||
Sétima de dominante | 7 + |
6 |
+6 | +4 | |
Sétima de dominante sen fundamental |
+6 3 |
6 +4 |
|||
Sétimas de especies | 7 | 6 5 |
4 3 |
2 | |
Novena de dominante maior | 9 7 + |
7 6 |
5 +6 4 |
3 +4 2 |
|
Novena de dominante maior sen fundamental |
7 |
5 +6 |
3 +4 |
+2 |
|
Novena de dominante menor | (b)9 7 + |
6 |
+6 4 |
+4 3 2 |
|
Novena de dominante menor sen fundamental |
+6 |
+4 3 |
+2 | ||
( Coa preparación do baixo) |
Desamarre versión cadros | Desamarre versión sen cadros |
Menu da versión sen cuadros: | |
1 - Introducción | 11 - Retardos |
2 - Regras xeráis | 12 - Oturas notas estrañas |
3 - Quinta | 13 - Pedais |
4 - Sexta | 14 - Baixos non cifrados |
5 - Cuarta e sexta | 15 - Coral e outros estilos |
6 - Modulacións | 16 - Táboa de cifrados |
7 - Sétima de dominante | 17 - Bibliografía, biografías |
8 - Sétimas de especies | 18 - Lugares útiles, buscas |
9 - Novenas | 19 - Extractos de tratado |
10 - Alteracións | 20 - O autor e-mail |
© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos sóamente.
Iste sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.