Michel Baron - Curso de harmonía
Galego — Traducción : © vazquezcasas@edu.xunta.es

APOIATURAS

Unha apoiatura é un retardo non preparado. As precaucións a tomar son as mesmas que para os retardos. A apoiatura preséntase normalmente no tempo forte, e debe formar disonancia, tanto como sexa posible, con outra nota do acorde.

As quintas directas e as segundas quintas consecutivas que acaban nunha apoiatura están, en principio, permitidas, como con tódalas notas non harmónicas (chamadas notas estrañas).

Salvo excepcións, o estilo do baixo dado non comporta apoiaturas.

CHANTS DONNÉS

Cantos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 7a, exercicios 291 e seguintes. Nos seis primeiros exercicios as apoiaturas e as novenas que teñen o carácter expresivo das apoiaturas están indicadas por pequenas frechas. O 300 versa sobre a dobre apoiatura.



BORDADURAS

Unha bordadura é un batemento conxunto, deixándoa e logo volvendo a ela, dunha nota real. Pode producirse por ton o semiton, inferior ou superior. Contrariamente ó retardo e á apoiatura, prodúcese sobre un tempo (ou unha parte do tempo) máis feble ca aquil onde se atopa a nota real.

Somentes a bordadura por semitón inferior pode ser unha nota estraña á tonalidade.

No caso da bordadura dun retardo, unha segunda quinta ou unha segunda oitava producida por unha bordadura está permitida, mesmo se iste segundo intervalo está formado por notas aparentemente reais (Caussade, Vol. I, par. 334 p.229). Pódese parangonar este caso co da segunda oitava formada pola bordadura superior da sétima de especies antes da súa resolución.

Precaucións

1) A bordadura non debe de enxendrar relacións de semitón (nin súas duplicacións e inversións) con outras notas do acorde, salvo se ista bordadura prodúcese por ton superior ou semitón inferior :

2) Non se debe bordar por semitón se a nota bordada está mantida por riba. Pola contra, no mesmo caso pódese bordar por ton enteiro.

3) Nin que decir ten que no se pode bordar o unísono.

BASSES DONNÉES

Baixos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 8a, exercicios 301 e seguintes. O 304 é un canon á 16ª. O 315 trata sobre a doble bordadura.
CHANTS DONNÉSCantos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 8a, exercicios 306 e seguintes. 307: bordadura truncada - bordadura do retardo. 308: doble bordadura. 310: bordadura da bordadura.



A ESCAPADA

Unha escapada é unha bordadura sen resolución. Pode ser superior ou inferior. Convén ós estilos libres, non clásicos. É, tamén, unha mala excusa para os harmonistas mediocres que non atopan bos acordes convenientes co canto dado, no comenzo dos estudios...


NOTAS DE PASO

As notas de paso son notas estrañas que marchan conxuntamente entre dúas notas, ben diatónicamente, ben (máis raramente) por semitón. Preséntanse, o máis frecuente, sobre o tempo feble ou parte feble do tempo, pero poden, ocasionalmente, presentarse sobre o tempo forte.

As notas de paso poden enxendrar rozamentos disonantes con outras notas do acorde, ou mesmo con outras notas de paso. Compre, pois, controlar cuidadosamente a calidade de estes encontros de notas. Súa variedade é moi grande; a disposición do acorde e a distancia relativa entre as notas influen amplamente no resultado sonoro máis cas notas mesmas: sería arriscado contar con regras definitivas. Veleiquí, nembargantes, dous criterios máis ou menos universalmente válidos :

1) Compre vixilar, en particular, as relacións emparentadas por semitón (sétima maior e novena menor) entre a nota de paso e outras notas do acorde, e evitalas se :

- no caso da sétima maior, é a nota d baixo a que é estraña,
- no caso da 9ª menor, é a nota máis alta a que é estraña.

2) Se unha nota de paso enxendra unha relación de terceira ou de sexta (ou súas inversións) con outra nota real (ou de paso), hai unha forte presunción de que o encontro de notas non sexa demasiado duro.

As relacións xuzgadas demasiado duras poden ser evitadas, ás veces, engadindo outra nota estraña noutra voz. O último xuíz é a orella.

Observación concerniente ós baixos cifrados: cando hai unha ou varias notas estrañas nun cifrado dado, se forman parte do acorde precedente débense considerar, evidentemente, como retardos que foron preparados. No caso contrario poden ser notas de paso ou bordaduras. Por convención, nunca son apoiaturas.

BASSES DONNÉES

Baixos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 8a, exercicios 311 e seguintes. Examinar tamén os baixos 327 e 328.
CHANTS DONNÉSCantos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 8a, exercicios 315 e seguintes. 316: notas de paso cromáticas. Examinar tamén os números 323 a 326, 329 e 330, que versan sobre diversas clases de notas estrañas.



Desamarre versión cadros Desamarre versión sen cadros
Menu da versión sen cuadros:
  1 - Introducción 11 - Retardos
  2 - Regras xeráis 12 - Oturas notas estrañas
  3 - Quinta 13 - Pedais
  4 - Sexta 14 - Baixos non cifrados
  5 - Cuarta e sexta 15 - Coral e outros estilos
  6 - Modulacións 16 - Táboa de cifrados
  7 - Sétima de dominante 17 - Bibliografía, biografías
  8 - Sétimas de especies 18 - Lugares útiles, buscas
  9 - Novenas 19 - Extractos de tratado
10 - Alteracións 20 - O autor       Vos remarques seront certainement utiles !e-mail

HOME

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos sóamente.
Iste sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.



Web Analytics Made Easy -
StatCounter