Michel Baron - Curso de harmonía
Galego Traducción : © Xoán Antón Vázquez - vazquezcasas@edu.xunta.es |
ACORDE DE SEXTA
En diante tende coidado de non confundir os termos: baixo e fundamental. O acorde de sexta é a primeira inversión do acorde de tres sons. Noutros termos, o baixo do acorde de sexta é a terceira do mesmo acorde en posición fundamental.
Cifrado
A única posición a evitar tanto como sexa posible, e isto é unha regra xeral, é a de colocar unha oitava entre as dúas voces intermedias cando o baixo e o tenor estéan a unha distancia maior ca terceira ( exemplo da dereita).
Un complemento ó cifrado : o guión
Cando varios tempos consecutivos son harmonizados pola mesma función harmónica (é decir, o mesmo acorde, as mesmas notas) pero con cambios de posición ou de inversión, acostúmase a non cifrar máis cunha sóa vez e a sobreentender os cifrados dos outros tempos por un guión. A vantaxe é que se pode reparar dun golpe de ollo en que non hai máis cunha sóa harmonía durante toda a duración do guión. En consecuencia :
Durante a duración do guión, son as notas representadas polo cifrado as que continúan sendo utilizadas. Só sua posición (disposición das voces, elección das duplicacións) pode ser modificada a vontade do realizador. O eventual cambio de inversión é determinado polo eventual movemento do baixo :
Durante a duración dun acorde, se o baixo queda mantido durante o guión, a inversión non cambia.
Durante o acorde, se o baixo ascende ou descende por terceiras durante o guión, o acorde cambia de inversión.
Emprego do acorde de sexta
O acorde de sexta ten o mesmo significado harmónico co acorde correspondente en posición fundamental (unha terceira máis abaixo). Nembargantes, seu carácter é menos afirmativo.
Evita-la duplicación do baixo
Non se suprimen notas no acorde de sexta e, de xeito habitual, evitase duplica-lo baixo, o cal o reforzaría esaxeradamente e crearía unha pesadece (é, despois de todo, a terceira do acorde perfecto).
Pola contra, pódese tolerar esta duplicación ocasionalmente no curso dun cambio de posición ou de estado, cando unha das dúas notas duplicadas está xa no seu sitio (os tratados din tamén: se a duplicación non é atacada).
Duplicación recomendada do baixo
O reforzamento do baixo por unha duplicación é completemente desexable nos casos seguintes:
Cando se trata dunha nota tonal (frecuentemente IV ou V) e sobor de todo no encadenamento II6-V o cal conduce frecuentemente a unha cadencia. A mellor posición da duplicación é, o máis frecuente, no tenor.
Cando a duplicación está ocasionada por movementos contrarios e conxuntos, polo interese das líñas melódicas.
- En fin, cando se trata do "falso acorde de sexta", sendo o baixo a dominante.
Observade os acordes de sexta nos dous exemplos seguintes e determinade por cales das razóns precedentes seus baixos foron duplicados.
A sexta napolitana
É, no modo menor, o acorde II6 precedendo o Vº grado, pero no cal a sexta (de feito, a segunda nota da escala) está rebaixada un semitón cromático. Iste efecto musical empregado pola escola de Nápoles (Renacemento italiano) foi tomado prestado pola música tonal de tódalas épocas seguintes.
Súa característica consiste principalmente en darlle valor o intervalo dramático de terceira disminuída entre súa sexta e a sensible do acorde de dominante. (Nota: ou tamén unha sucesión de dous semitóns si se intercala un acorde de quinta ou de cuarta e sexta de apoiatura.)
Na sexta napolitana débese de duplica-lo baixo , como en todo acorde II6, pois a sexta ten un carácter descendente.
Nota: cando se utilicen as 7as de dominante encontrarase un caso onde non é inhábil duplicar a sexta, a condición de que o baixo se manteña e se dirixa cara un acorde de tritón. Ver a este respecto a páxina das modulacións, subtitulada falsas relacións i en particular: "sexta napolitana".
Consellos para os baixos dados
No comenzo dos estudios gañarase un tempo precioso lembrando que a diferencia principal entre os acordes de 5 e 6 reside xustamente na nota que lles é propia e que simbolizan os cifrados. Na maior parte dos casos a mellor opción é coloca-la sexta no soprano, e cuando non se realiza esta opción é necesario, polo menos, habelo examinado cuidadosamente, pois unha líña evidente intúese frecuentemente.
A mellor posición do acorde II6 precedendo o Vº grao é, caseque sempre, deixa-la sexta no soprano e duplicar o baixo no tenor, frecuentemente a continuación dun intervalo ascendente.
Consellos para os cantos dados
Tense que determinar un baixo a elexir entre dúas inversións posibles do acorde que se haberá maxinado baixo o canto.
O comenzo dos estudios un pódese fiar dos principios elementais seguintes :
Cando o soprano é a terceira do acorde ouvido (maxinado), é mellor poñe-lo acorde en posición fundamental.
Cando o soprano é a quinta ou a fundamental do acorde ouvido (maxinado), frecuentemente é máis convinte elexir a primeira inversión.
Empregos frecuentes
Non esquencer que o baixo do acorde de sexta está frecuentemente colocado sobor do VII grao (sobor da sensible). Nembargantes, o carácter do acorde é menos afirmativo que o acorde correspondente de quinta do Vº grao.
Encóntrase tamén sobor dos graos III, IV y VI. Istes acordes de sexta teñen, de feito, idénticas funcións cos acordes de quinta dos graos I, II y IV. Observade que o IIº grao do modo menor (acorde disminuído) perde seu carácter quexumbroso cando está empregado baixo a forma de sexta (II6).
Raramente atópase o baixo do acorde de sexta sobor da tónica. O máis frecuente é que iste acorde suceda o acorde de quinta do 1º grao.
Ocasionalmente pódese encontrar un acorde de sexta cuio baixo esté colocado sobor da dominante:
No curso dunha serie conxunta de acordes de sexta (paralelas).
En tanto que "falso acorde de sexta", no cal a nota de sexta é de feito unha apoiatura da quinta no acorde de dominante (ve-lo exemplo no párrafo concernente as duplicacións recomendadas do baixo).
Novas precaucións derivadas do emprego das inversións
Síncopa de harmonía
En principio, non se prolongue sobor dun tempo forte (en particular sobor dun primeiro tempo de compás) unha harmonía atacada en tiempo débil, mesmo cando se trata dun único acorde presentado en inversións diferentes. Córrese o risco de debilita-la sensación de tempo forte. Esta práctica poderá máis tarde presentarse sen tanta torpeza, por exemplo cando as líñas musicais sexan de bon interés contrapuntístico.
Quintas ou octavas consecutivas
Un ou varios cambios de inversión ou de posición no interior dun mesmo acorde non disimulan as faltas de quintas e octavas consecutivas entre unha harmonía e a siguinte: sería necesario que outra harmonía ( un terceiro acorde diferente "isolando" os outros dous) fora ouvido entre aquel que fai escoitar a primeira quinta ou octava e aquel que fai escoitar a segunda.
Exemplo 1 : hai tres faltas. As quintas e octavas marcadas no segundo compás son incorrectas, pois prodúcense no curso de dúa harmonías consecutivas. Mesmo si se producen sobor dun tempo débil no segundo compás, e mesmo se nunha escritura máis complexa, máis tarde, se poda ás veces tolerar certas quintas e oitavas deste xénero, é necesario, polo momento, aprender a correxilas, digamos máis ben: a adquirir maestría ("a maestrizalas").
Exemplos 2 e 3: dúas maneiras (entre outras?) de correxir as faltas. Túvose que correxir as tres faltas sen modificar o soprano nin o baixo, coma nunha situación onde estivera prohibido tocalos (baixo dado, ou tamén canto dado). Moitas outras modificacións son posibles se se opta por modificar o soprano, ou de, fundamentalmente, cambiar o baixo e a harmonía. Basta, a miúdo, con desplazar unha soa nota (mesmo se isto modifica unha duplicación) para correxir o problema. Eiquí, o re do tenor era o máis grande defecto e, xustamente, os acordes de sexta ofrecen un grande abano de posibilidades de elección de posicións usuais.
Baixos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 1a. Serie 31 a 45. Somentes os 44 e 45 son un pouco máis delicados. A observar: o 33 para a serie de sextas paralelas (compases 5 e 6), o 38 para as sucesións 6 5, o 39, que comenza cunha marcha mozartiana moi coñecida e, sobre todo, o 41, que é necesario non esquencer por mor da beleza dos motivos melódicos que -xa- poden responderse de voz en voz.
Cantos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 1a. Exercicios 46 e seguintes. Pode preferirse realizar primeiramente algúns exercicios en maior. A observar: o 48 fai chamamento a unha quinta disminuida no 4º tempo do compás 4. Teño unha alerxia persoal contra o 51, aínda que o utilizara para facer traballar unha marcha (compases 5 e 6).
Desamarre versión cadros | Desamarre versión sen cadros |
Menu da versión sen cuadros: | |
1 - Introducción | 11 - Retardos |
2 - Regras xeráis | 12 - Oturas notas estrañas |
3 - Quinta | 13 - Pedais |
4 - Sexta | 14 - Baixos non cifrados |
5 - Cuarta e sexta | 15 - Coral e outros estilos |
6 - Modulacións | 16 - Táboa de cifrados |
7 - Sétima de dominante | 17 - Bibliografía, biografías |
8 - Sétimas de especies | 18 - Lugares útiles, buscas |
9 - Novenas | 19 - Extractos de tratado |
10 - Alteracións | 20 - O autor e-mail |
© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos sóamente.
Iste sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.