Michel Baron - Curso de harmonía
Galego — Traducción : © Xoán Antón Vázquez - vazquezcasas@edu.xunta.es

O CORAL DE ESCOLA

Denantes de aprender a escribir corais no estilo dos realizados por Bach, é uso corrente completar o estudio da harmonía con exercicios que desenrolen o estilo contrapuntístico. Contrariamente ós corais tratados por Bach, o coral de escola respeta unhas regras á vez máis simplistas e máis estrictas: sobre todo convén consideralas coma unha ferramenta de flexibilización, preparatoria para o coral segundo Bach, ou a outras formas de coral libre de estilo moderno.

Unha vez ben dominado, con maestría, o coral de escola, ou tamén se non se desexa traballar o coral na tradición "de escola", poderase atenua-lo rigor das regras seguintes de modo que haia un achegamento ó estilo de Bach. Abonda con trasladarse, no fondo desta páxina, ás notas concernentes ó estilo do coral segundo Bach.

Regras melódicas

O coral de escola é un canto dado, en valores cáseque todos iguais, frecuentemente en negras. Pode ter un carácter modal.

A melodía está dividida en seccións chamadas "períodos", puntuados con caldeiróns.

Tódalas voces deberían tender cara o mesmo equilibrio horizontal. Por exemplo, cada unha delas debe poder colocar o seu redor movementos de notas de paso en corcheas (nota 1). Os intervalos amplios deben ser empregados a sabendas.

O intervalo melódico que corre el risco de resultar máis vulgar é a terceira : vixilarase o seu emprego. Pola contra, os intervalos melódicos de cuarta e de quinta son dinámicos e expresivos se non se abusa deles.

As únicas notas estrañas permitidas son: as notas de paso, as bordaduras e os retardos.

Non se admiten acordes alterados nin apoiaturas.

No final da frase a sensible pode descender á quinta, sen restricción, para acadar un acorde final completo. Este procedemento é corrente en Bach.

Regras harmónicas

As paradas sobre os calderóns deben estar soportadas por unha cadencia perfecta, una cadencia rota ou unha semicadencia. Polo tanto, en principio, as paradas prodúcense sobre acordes en estado fundamental (nota 2).

É necesario obrigarse a evitar dúas paradas consecutivas sobre un mesmo acorde, salvo si as súas funcións tonais son diferentes (nota 2).

Tódolos acordes de sétima deben estar preparados. No que respeta as sétimas de dominante, basta con que unha das dúas notas que forman a disonancia esté colocada cando a outra se presenta. Noutras palabras, é mellor non atacar (placar) os acordes de sétima de dominante (nota 2).

As segundas inversións están proscritas, a menos que se produzan como resultado de encontros de notas de paso (nota 3).

Despois dun periodo pódese voltar a empezar co mesmo acorde. Pódese, igualmente, ser tolerante no que concerne as síncopas de harmonía, ca condición de que o interese contrapuntístico o xustifique.

Regras rítmicas

A sobriedade é a regra. Utilizaranse negras, algunhas brancas e corcheas tanto como sexa posible: a título escolar e únicamente para desenrolar a destreza de escritura, tódolos tempos deberían estar ocupados por dúas corcheas en, polo menos, unha das voces (nota 1).

Observación : esta obriga pode parecer irrealizable o principio, pero é un excelente exercicio para ser capaz, seguidamente, nos corais no estilo de Bach, ou noutros estilos, de "falar" en corcheas, absolutamente, onde se decida, y cando se decida.

O emprego das semicorcheas debe de ser moderado, e baixo forma de corchea a tempo seguida de dúas semicorcheas, as tres seguidas (nota 4).

 

Notas concernentes ó estilo do coral segundo Bach

Nota 1 :Ningunha obriga deste tipo en Bach. Existen tódalas eventualidades.
Nota 2 :Bach, ocasionalmente, fai excepcións a este principio.
Nota 3 :Bach emprega moi ocasionalmente a cuarta e sexta de apoiatura, e eventualmente sobre o 1º grao (ver capítulo : cuarta e sexta de apoiatura).
Nota 4 :Encóntrase máis raramente : dúas semicorcheas a tempo seguidas de corchea.

BASSES DONNÉESCHANTS DONNÉS

Jean Gallon, 80 exercicios de temas de harmonía, terceira serie. Boa ferramenta para ensinar ou traballar o coral de escola para os estudiantes que teñen tempo e mesmo para os curiosos autodidactas. Entre outros, vinteseis exercicios de coral e cantos dados, cos seus traballos preparatorios de baixos dados. O derradeiro é un coral "de traballo" constituido por catro periodos: os dous primeiros sobre las repetidos, o terceiro sobre dos e o último sobre las. Sí, compre ter algo que decir para poder ter éxito neste tipo de exercicio.
Para encamiñarse cara o "verdadeiro" estilo, enténdese que sempre se pode traballar cas melodías dos 371 corais a catro partes realizadas por Bach, escollendo primeiramente aqueles que se coñecen ben e, seguidamente, os outros.


Desamarre versión cadros Desamarre versión sen cadros
Menu da versión sen cuadros:
  1 - Introducción 11 - Retardos
  2 - Regras xeráis 12 - Oturas notas estrañas
  3 - Quinta 13 - Pedais
  4 - Sexta 14 - Baixos non cifrados
  5 - Cuarta e sexta 15 - Coral e outros estilos
  6 - Modulacións 16 - Táboa de cifrados
  7 - Sétima de dominante 17 - Bibliografía, biografías
  8 - Sétimas de especies 18 - Lugares útiles, buscas
  9 - Novenas 19 - Extractos de tratado
10 - Alteracións 20 - O autor       Vos remarques seront certainement utiles !e-mail

HOME

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos sóamente.
Iste sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.



Web Analytics Made Easy -
StatCounter