Michel Baron - Curso de harmonía
Galego — Traducción : © Xoán Antón Vázquez - vazquezcasas@edu.xunta.es

ACORDES DE CUARTA E SEXTA

Trátase do acorde de tres sons cando a quinta está no baixo.

Cifrado

Este cifrado único agacha, de feito, varias utilizacións musicalmente moi diferentes, que se poden reagrupar (para simplificar) en tres familias. Nembargantes, encontraránse utilizacións que constitúen variantes ou, mesmo, ambiguedades entre as dúas familias.

Punto común a tódalas clases de cuarta e sexta :
Na casi totalidade dos casos, aínda que sexa por razóns diversas segundo as familias, a duplicación boa é a do baixo.

No comenzo dos estudios de harmonía e, para aforrar tempo e complicacións, pódese considerar, na práctica, que todo acorde de cuarta e sexta débese poder relacionar, de maneira certa, cun dos tres seguintes casos :

 

Cuarta e sexta de apoiatura
(chamada tamén : cadencial)

Ten un papel de puntuación suspensiva no discurso musical.

Seu baixo esta colocado sobre o Vº grao: É, de feito, unha doble apoiatura precedendo ó acorde perfecto do Vº grao, conducindo, o máis frecuente, unha cadencia (semi-cadencia, cadencia perfecta, ou cadencia rota).

En tanto que apoiatura, está colocada sobre un tempo forte ou, en rigor, sobre un tempo máis forte co da súa resolución.

- Duplícase o baixo, coma sempre.
- Hai, en principio, dous movementos obrigados, para tratar ben as dúas apoiaturas :

a sexta descende á quinta,
a cuarta descende á terceira.

 Baixos dados :

Se a cuarta é oída no soprano, evitarase conducila por movemento directo co baixo, o cal poucas veces se escribe a catro voces. Esta chegada directa tolérase mellor entre o baixo e unha parte intermedia.

A mellor maneira de chegar a unha cuarta e sexta de apoiatura é por movemento contrario entre os extremos.

 Cantos dados :

¡Non se pode preparar unha función de dominante facéndoa preceder da mesma función!. É a razón pola cal é absolutamente necesario evitar facer precede-la cuarta e sexta de apoiatura por un acorde do Vº grao, invertido ou non, o mesmo todo acorde que faga oir a sensible. Isto "queima" o efecto de apoiatura da sensible e constitue unha torpeza grave.

Caso particular :

Ás veces atópase o efecto de cuarta e sexta de apoiatura sobre o primeiro grao (e, por suposto, sobre tempo forte). Áchanse bos exemplos disto nos corais de Bach. Xeralmente o efecto é solemne.

 

Cuarta e sexta de paso

É un aliviamento da escritura que permite obter un baixo conxunto alí onde os acordes de quinta e sexta haberían dado lugar a un baixo disxunto. Pódese analizar como un "acorde de paso" entre unha harmonía e súa propia inversión. Observemos que, nos exemplos seguintes, podería haberse ún contentado con acordes I e V en estado fundamental :

Normalmente está colocada sobre un tempo débil, pero pódese atopar ocasionalmente sobre un tempo forte.

Habitualmente existe a posibilidade de escoitar dúas voces efectuando un cambio por movemento contrario e conxunto, e producindo a duplicación do baixo durante o acorde de cuarta e sexta. Este cambio prodúcese máis frecuentemente entre o baixo e o soprano, pero pode producirse entre o baixo e calqueira outra voz.

A voz que queda mantida, habitualmente fai escoitar unha nota tonal.

Algunhas cuarta e sexta de paso son causadas, máis raramente, polo movemento conxunto dunha soia voz. Neste caso, pódese admitir o duplicar outra nota distinta do baixo :

 

Cuarta e sexta de bordadura

É a menos importante, musicalmente. Non ten máis ca un papel ornamental, doble bordadura do acorde perfecto. Colocada "en sandwich" entre dous acordes idénticos, normalmente volve sobre o acorde perfecto, pero tamén pode facer unha escapada:

Outros tipos de cuarta e sexta

A medida que se avance nos exercicios, encontraranse cuartas e sextas híbridas, emparentadas á vez, por exemplo, a unha cuarta e sexta de paso e a unha cuarta e sexta cadencial.

Os casos seguintes son máis fácilmente destacables, pero son delicados de manipular o comenzo dos estudios. Ademáis seu emprego está lonxe de ter unha gran urxencia musical. Habería interese en non preocuparse por iles denantes de haber asimilado ben o que precede, co fin de non perjudicar a claridade des nocións esenciais :

Cuarta aumentada

Algúns antigos tratados enuncian a siguinte regra: non se poden escribir dúas cuarta e sexta consecutivas a non ser que a primeira cuarta sexa aumentada. É, de feito, unha alusión ó emprego, máis ou menos benvido, no menor, da segunda inversión do IIº grao antes da cuarta e sexta de apoiatura, en lugar da primeira inversión II6 máis corriente e máis clara.

Sexta napolitana disfrazada

É unha variante do que precede, a única diferencia consiste na presencia da alteración descendente propia da sexta napolitana. É tamén un enmascaramento do acorde II6, esta vez da sexta napolitana do menor, pero en segunda inversión. A miudo precede á cuarta e sexta de apoiatura, i é, co caso precedente, unha rara ocasión onde dúas cuartas e sextas poden sucederse de maneira xustificada.

Nestos dous últimos casos, a maior parte do tempo, istes efectos son percibidos como unha trampa incoherente nos baixos dados, aída que nos cantos dados o emprego do II6 convertese nunha elección máis recomendable.

BASSES DONNÉES

Baixos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 1a. Reservar para máis tarde o 61, o cal presenta unha cuarta e sexta nun contexto menos evidente (compás 3). Exercicios 62 a 65, así coma o 67 primeiramente. O 69 é interesante porque plantexa un problema de soprano repetitivo (linea 3, compás 2). O 73, polas súas longas liñas conxuntas.
Non abordar en primeiro lugar por razón dos xiros menos habituais: o 66 e o 68 (entre outros, no compás 3), o 70 igualmente. O 74 non é evidente, i eu proporía deantes o 75, do que considero máis urxente descubrir suas astucias.
CHANTS DONNÉSCantos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 1a. Serie 76 e seguintes. Os 76 e 79 parécenme preferibles para comenzar. O 82 presenta unha marcha corrente. Menos atraíntes: os 84 e 86. Reusar os 87 a 90, precisan de sabias búsquedas.


Desamarre versión cadros Desamarre versión sen cadros
Menu da versión sen cuadros:
  1 - Introducción 11 - Retardos
  2 - Regras xeráis 12 - Oturas notas estrañas
  3 - Quinta 13 - Pedais
  4 - Sexta 14 - Baixos non cifrados
  5 - Cuarta e sexta 15 - Coral e outros estilos
  6 - Modulacións 16 - Táboa de cifrados
  7 - Sétima de dominante 17 - Bibliografía, biografías
  8 - Sétimas de especies 18 - Lugares útiles, buscas
  9 - Novenas 19 - Extractos de tratado
10 - Alteracións 20 - O autor       Vos remarques seront certainement utiles !e-mail

HOME

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos sóamente.
Iste sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.



Web Analytics Made Easy -
StatCounter