Michel Baron - Curso de harmonía
Galego Traducción : © Xoán Antón Vázquez - vazquezcasas@edu.xunta.es |
RETARDOS
Un retardo é unha nota dun acorde que se encontra prolongada no acorde seguinte. É, pois, unha nota extrana a este último acorde, ata que resolve sobre unha nota real deste acorde.
O retardo ocupa un tempo máis acentuado ca súa resolución.
A nota que constitue o retardo superior debe de formar parte do ton e do modo do acorde durante o cal se produce este retardo.
O retardo pode ser simple, doble ou triple, inferior ou superior.Nota : non confundir... é o retardo inferior o que resolve subindo, e o retardo superior o que resolve descendendo.
Preparación
O retardo debe estar preparado segundo os mesmos principios que prevalecen para as sétimas de especies; a duración da nota de preparación debe de ser, polo menos, igual á duración do retardo.
Cifrados
Son os cifrados habituais completados cas cifras necesarias. O cifrado do retardo vólvese a miudo máis explícito cando se o compara co da súa resolución. Veleiquí algúns exemplos que mostran en cada vez o retardo da fundamental, o da terceira, e o final, o da quinta.
Retardos no acorde de quinta :
Observacións :
- O retardo da fundamental sempre é de bon efecto.
- O retardo da quinta fai equívoco co acorde de sexta sen disonancia.Retardos no acorde de sexta :
Observación : desconfiar do efecto "descolorido" dos retardos ou encontros de notas que produzan un acorde de cuarta e sexta menor (exemplo da dereita).
Retardos no acorde de cuarta e sexta :
Observación : os tres tipos de retardos son ricos e elegantes.
Retardos do baixo :
Observación : a elección das duplicacións durante o retardo é restrinxida e as veces inhabitual, pois está absolutamente prohibido facer oir a nota de resolución ó mesmo tempo co retardo no baixo.
Precaucións
Para non empobrecer o efecto, xamáis se debe de facer oir simultáneamente o retardo e súa nota de resolución, salvo nos dous casos seguintes :
1) Cando a nota de resolución está no baixo, e o retardo está, polo menos, a distancia de novena (ou de sétima no caso dun retardo inferior) :
2) No acorde de sexta, inversión do acorde maior, e se o retardo e a nota de resolución están a distancia de novena maior, coma neste exemplo :
Observacións : os dous casos permitidos expresados por esta regra, son unha convención de tipo "escolar"; obedecen a unha esixencia máxima e ofrecen tódalas garantías de calidade nunha escritura onde as catro voces teñen importancias equivalentes. Estas regras representan, tamén, un bó seguro en caso de traballo a someter a un xurado do cal non se está moi certo das súas esixencias.Nembargantes, pódense admitir excepcións a estas regras extrictas cando esto non perxudica as líñas ou a claridade harmónica. Pero en ningún caso se pode facer escoitar a nota de resolución por riba do retardo.
Consellos para os baixos dados cifrados
Agregacións que forman un acorde de quinta aumentada
Nun baixo dado, si se experimenta dificultade para analizar o senso dun acorde de quinta aumentada, pódese recurrir o medio seguinte :
1) Se a nota que forma quinta aumentada non forma parte da tonalidade, é unha alteración do acorde de quinta. Pódese, pois, duplicar o baixo.
2) Se a nota que forma a quinta aumentada forma parte da tonalidade, é un retardo da sexta no acorde de sexta. En principio non se pode, pois, duplicar o baixo, a duplicación máis probable é, entón, a terceira.
Baixos dados : Henri Challan, 380 basses et chants donnés, compilación 7a, exercicios 271 e seguintes.
Cantos dados : Henri Challan, 380 basses et chants donnés, compilación 7a, exercicios 283 e seguintes.
Desamarre versión cadros | Desamarre versión sen cadros |
Menu da versión sen cuadros: | |
1 - Introducción | 11 - Retardos |
2 - Regras xeráis | 12 - Oturas notas estrañas |
3 - Quinta | 13 - Pedais |
4 - Sexta | 14 - Baixos non cifrados |
5 - Cuarta e sexta | 15 - Coral e outros estilos |
6 - Modulacións | 16 - Táboa de cifrados |
7 - Sétima de dominante | 17 - Bibliografía, biografías |
8 - Sétimas de especies | 18 - Lugares útiles, buscas |
9 - Novenas | 19 - Extractos de tratado |
10 - Alteracións | 20 - O autor e-mail |
© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos sóamente.
Iste sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.