Michel Baron - Curso de harmonía
Galego — Traducción : © Xoán Antón Vázquez - vazquezcasas@edu.xunta.es

SÉTIMAS DE ESPECIES

Desígnase baixo esta curiosa apelación o conxunto de acordes de sétimas que non teñen a fundamental sobre o acorde de dominante: é un xeito abreviado para non decir : sétimas de diferentes especies. A principal diferencia coas sétimas de dominante é que as sétimas de especies non comportan sensible.

Cifrados

Preparación

A 7ª debe estar preparada, é decir, oída no acorde precedente e prolongada sobre a disonancia de 7ª por unha ligadura. A preparación debe de ter unha duración igual, polo menos, á duración da sétima. Esta regra de preparación hai que observala rigurosamente nos baixos dados clásicos. Esto non é una obriga estricta (o mesmo ca ligadura) nos cantos dados de estilo máis recente.

Resolución natural

Coma nas sétimas de dominante, a resolución natural faise sobre o acorde de tres sons dos cales a fundamental é unha quinta máis baixa (ou unha cuarta máis alta). Coma nas sétimas de dominante, igualmente, a 7ª resólvese regularmente descendendo por movemento conxunto, mesmo si se pode face-la pasar denantes por outra nota do acorde (a miudo en bordaduas sobre a fundamental, esta oitava de bordadura non é falta si é a segunda oitava de dúas oitavas consecutivas).

Resolucións excepcionais

Tódolos outros tipos de resolucións son chamados excepcionais, mesmo se a 7ª descende conxuntamente coma na súa resolución natural. A resolución pode facerse :

- por movemento descendente coma na resolución natural,
- sen movemento, a 7ª quedando queda,
- por movemento ascendente, o máis frecuente por semitón.

Imposibilidades

Coma na sétima de dominante, non se pode encadear en cascadas de quintas descendentes acordes completos de sétimas de especies en posición fundamental : é necesario optar por suprimir unha nota (xeralmente a quinta) nun dos dous acordes.

Coma na sétima de dominante, non se pode duplicar por movemento directo a nota de resolución da 7ª, calesqueira que sexan as inversións dos acordes.

Coma na sétima de dominante, mesmo en estilo libre, non se cambia a sétima contra a fundamental.

Duplicacións

Non se pode duplicar a quinta, o cal conduciría á supresión da terceira. As únicas notas a duplicar, en caso de acorde incompleto, son a fundamental ou a terceira.

Non é posible duplicar a sétima por razón do seu movemento obrigado. Nembargantes esta duplicación é admitida se as dúas sétimas son dobremente preparadas e resoltas :

Nota: istes exemplos precedentes xustificanse máis ben polo feito de que non se trata de verdadeiros acordes de sétimas. Unha análise máis ampla vería notas de paso en décimas entre o baixo e o contralto.

 Consellos

Para a maior parte dos estudiantes, a audición interior das sétimas de especies é probablemente un dos momentos máis delicados (e decisivos) dos estudios de harmonía. As novenas de dominante xúlganse habitualmente máis doadas de escoitar. Compre, pois, non desanimarse traballando as sétimas de especies, pois trátase probablemente, para a maior parte dos estudiantes, do derradeiro elemento importante que pode presentar dificultades de asimilación.

Nos baixos dados, frecuentemente é hábil o colocar a 7ª no soprano.

Cando se harmoniza un canto, lembrarse de que as 7as. de especies son utilizadas frecuentemente sobre o IIº ou o IVº graos, precedendo o Vº grao, exactamente como fan os acordes de 3 sons dos mesmos graos.

Nun canto, cando se experimenta unha dificultade de harmonización, frecuentemente é porque se intenta colocar unha 7ª de dominante un tempo demasiado cedo. Compre intentar colocala un pouco máis tarde e conducila facéndoa preceder dunha sétima de especie. Ás veces dúas especies de sétima poden convir de maneira completamente satisfactoria. É asunto de elección e de contexto.

Nun baixo non cifrado, pero sobre todo nun canto soportado específicamente sobor de sétimas de especies, cando unha nota está prolongada no tempo seguinte, pode dubidarse frecuentemente se esta nota podería ser a preparación dunha sétima e, a continuación, a sétima. Non pensar neste consello mais que en caso de dificultade grave, e verificalo ben auditivamente: ¡non tódalas ligaduras e valores longos conducen a un acorde de 7ª !

Nos cantos dados, non esquencer que a 7ª pode pasar por outra nota do acorde, xeralmente a fundamental, denantes de resolver descendendo. Non facer o cambio neste caso, pois non se podería resolver a outra sétima sen facer incorrección.

Cando se escribe unha síncopa simultánea no baixo e no soprano, hai ocasións nas que a mellor harmonización do tempo máis forte conleva unha disonancia de sétima de especie.

BASSES DONNÉES

Baixos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 4a, exercicios 171 e seguintes. Dada súa dificultade crecente e os diversos xiros que fan descubrir, sería interesante traballalos na orde dada sen facer demasiadas excepcións, a lo menos nos seis ou sete primeiros que, por outra parte gozan dun grande interese musical. O 172 ofrece unha posibilidade de interesante elemento temático en negras-brancas no soprano. O 174 aporta a ocasión de traballar a bordadura da sétima denantes da súa resolución. Máis ca nunca compre velar por que a música que se escribe sexa interesante, e isto sempre é posible, sobre todo nistes exercicios.
CHANTS DONNÉSCantos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 4a, exercicios 191 e seguintes. Igual observación en canto á sutileza e á dificultade crecente con bastante regularidade. O 192, que permite imitacións entre o soprano e o baixo, podería ser escollido como primeiro da lista.


Desamarre versión cadros Desamarre versión sen cadros
Menu da versión sen cuadros:
  1 - Introducción 11 - Retardos
  2 - Regras xeráis 12 - Oturas notas estrañas
  3 - Quinta 13 - Pedais
  4 - Sexta 14 - Baixos non cifrados
  5 - Cuarta e sexta 15 - Coral e outros estilos
  6 - Modulacións 16 - Táboa de cifrados
  7 - Sétima de dominante 17 - Bibliografía, biografías
  8 - Sétimas de especies 18 - Lugares útiles, buscas
  9 - Novenas 19 - Extractos de tratado
10 - Alteracións 20 - O autor       Vos remarques seront certainement utiles !e-mail

HOME

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos sóamente.
Iste sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.



Web Analytics Made Easy -
StatCounter