Michel Baron - Curso de harmonía
Galego — Traducción : © Xoán Antón Vázquez - vazquezcasas@edu.xunta.es

BAIXOS NON CIFRADOS

O estudio do baixo non cifrado é desconcertante ás veces, nos comenzos, pois o alumno non sabe qué facer ca súa repentina libertade. Estes exercicios son difíciles, efectivamente, e non deberían abordarse demasiado cedo. Os baixos non cifrados poden ser de diferentes tipos :

Baixo en contrapunto invertible

Descubrirase na parte do baixo dado dous extractos, ás veces de carácter complementario que, en casos ventaxosos, cubren por eles mesmos case que totalmente o texto. Buscarase en qué tonalidade cada un dos dous temas pode servir de canto ó outro. O esquema harmónico está, pois, case que completamente determinado, xa que a súa calidade estriba na confirmación da boa disposición do contrapunto invertible.

Nos traballos de nivel avanzado velarase por non limitar demasiado as dúas partes intermedias a un papel de recheo.

Baixo con entradas

Se o baixo dado entra levando un motivo temático de interese evidente, ou é a primeira parte en cantar, ou está precedido de varios compases en silencio, pode ser interesante realizar entradas distintas para cada unha das outras tres voces.

As entradas poden obedecer, máis ou menos, ó estilo fugado, pero pode tratarse tamén de entradas en cánones diversos ou dunha construcción máis libre: o mesmo motivo pode ter por resposta súa inversión melódica, súa imitación libre ou súa imitación rítmica.

No curso do exercicio se unha parte se cala ocasionalmente, cando entre de novo debe de facelo facendo oir un motivo temático ben evidente.

Baixo libre

É o máis desconcertante, sobre todo cando non hai ningún elemento temático particular que explotar. É cecáis este tipo de baixo o que pide un maior equilibrio entre o interese harmónico e o cuidado por unha boa escritura contrapuntística. Dende o punto de vista da dificultade compárase co canto dado no estilo de coral de escola.

BASSES DONNÉES

Baixos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados. Le recueil 9a porte entièrement sur les basses non chiffrées, appelées "leçons libres".



Desamarre versión cadros Desamarre versión sen cadros
Menu da versión sen cuadros:
  1 - Introducción 11 - Retardos
  2 - Regras xeráis 12 - Oturas notas estrañas
  3 - Quinta 13 - Pedais
  4 - Sexta 14 - Baixos non cifrados
  5 - Cuarta e sexta 15 - Coral e outros estilos
  6 - Modulacións 16 - Táboa de cifrados
  7 - Sétima de dominante 17 - Bibliografía, biografías
  8 - Sétimas de especies 18 - Lugares útiles, buscas
  9 - Novenas 19 - Extractos de tratado
10 - Alteracións 20 - O autor       Vos remarques seront certainement utiles !e-mail

HOME

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos sóamente.
Iste sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.



Web Analytics Made Easy -
StatCounter