Michel Baron - Curso de harmonía
Galego Traducción : © Xoán Antón Vázquez - vazquezcasas@edu.xunta.es |
NOVENA DE DOMINANTE MAIOR
É o acorde de cinco sons colocado sobre o Vº grao da escala maior. As inversións non recibiron nomes particulares.
Posición
A novena débese de escoitar sempre por riba da fundamental, a distancia de novena polo menos, e por riba da sensible. É por isto que a cuarta inversión habitualmente non se utiliza (en harmonía clásica). Nota: Dupré, no seu curso de harmonía analítica, non impón esta restricción. Esta é, nembargantes, moi útil para non facer a audición interior demasiado complicada, nos comenzos.
En estado fundamental pódese admitir que a novena esté colocada por baixo da sensible se unha destas duas notas está preparada (nota: pouco frecuente).
Cifrados
Nas duas últimas inversións a orde especial das cifras recorda o lugar obligatorio da novena : por riba da sensible.
Supresións
A catro partes, suprímese a quinta. Na segunda inversión (quinta no baixo) estase obrigado a suprimir a sétima mellor ca suprimir a fundamental.
(Nota: as 9as de dominante sen fundamental son obxeto dun capítulo distinto)..
Preparación e resolución
A novena de dominante non ten por qué ser preparada.
A resolución é comparable á da sétima de dominante : tres notas teñen un movemento obrigado: a sensible, a sétima e a novena (ver exemplos precedentes).
Na súa resolución natural, a novena descende conxuntamente, pero pode ter moi a miúdo unha resolución anticipada (antes da fin do acorde de dominante) convertíndose na oitava da fundamental, reducíndose o acorde a unha sétima de dominante.
Tódalas restantes resolucións son chamadas excepcionais : a novena pode, entón, permanecer inmóvil, ou subir conxuntamente.
Cambios
Antes de resolver, a novena pode ser cambiada por outra nota do acorde.
Movementos directos que conducen a unha novena de dominante
En estado fundamental é preferible que unha parte vaia conxuntamente, ou ca novena sexa oida no acorde precedente.
Nas inversións, é necesario evitar esta chegada directa.
Baixos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 5a, exercicios 211 e seguintes. Se o tempo determinado polos programas non permite profundizar cada encarnación dos acordes de novena, é necesario, polo menos, executar un ou dous exercicios de cada clase. Nota respecto ás erratas: exercicio 215, 3ª liña, compás 2, primer tempo, ningún becuadro diante do 6. Liña 4, compás 1, ningún becuadro diante dos 5.
Cantos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 5a, exercicios 217 e seguintes.
NOVENA DE DOMINANTE MAIOR
SEN FUNDAMENTAL
Posición
Coma no acorde con fundamental, a nota de novena debe ser oída por riba da sensible. A última inversión fai, forzosamente, excepción á regla, posto que a 9ª encóntrase no baixo. Pero coma nunha especie de compensasción, esta nota debe de estar preparada.
Cifrados
Resolución (particularidades)
No encadeamento do acorde de quinta e sexta sensible co acorde de sexta, a sétima sube conxuntamente (mesmo principio ca no caso +6 seguido de 6).
Resolución mutua: na última inversión, se a novena fai unha resolución anticipada sobre a fundamental, pódese admitir que a sétima suba conxuntamente sobre a duplicación desta fundamental.
Baixos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 5a, exercicios 229 e seguintes.
Cantos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 5a, exercicios 235 e seguintes.
NOVENA DE DOMINANTE MENOR
É o acorde de 5 sons colocado sobre o Vº grao da escala menor.
Posición
A nota de novena debe ser oída sempre por riba da fundamental, a distancia de 9ª alomenos, pero non é necesario que esté por riba da sensible.
Cifrados
Estado fundamental : a cifra 9 pode estar precedida dun bemol ou dun becuadro, se ista precisión é necesaria.
Observar, nas dúas últimas inversións, que as cifras están dispostas verticalmente en orden decrecente, contrariamente os da 9ª de dominante maior (comparade).Preparación, resolución, cambios
Mesmas observacións que na 9ª de dominante maior.
Ver, igualmente, a páxina das modulacións, subtítulos Falsas relaciones, "modo menor melódico".
Baixos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 5a, exercicios 223 e seguintes.
NOVENA DE DOMINANTE MENOR
SEN FUNDAMENTAL
É un acorde formado por tres terceiras menores superpostas, colocado sobre a sensible do modo menor. Trátase da 7ª disminuida e das súas inversións.
Posición
As inversións teñen sonoridades similares : non hai ningunha obriga na posición das notas.
Cifrados
Cambios
Cámbiase a miúdo a novena pola sétima pasando pola nota intermedia :
Resolución mutua
Como se viu na última inversión da novena de dominante sen fundamental (ver particularidades) pero eiquí de maneira máis frecuente, a sétima pode subir conxuntamente á fundamental, ó tiempo ca nota de 9ª resolve normalmente sobre a dupricación desta mesma nota. Esto pode producirse :
1) Na segunda inversión en caso de resolución natural (analogía con +6 6) :
2) Na última inversión en caso de resolución anticipada, como si se dirixira cara un cambio :
Quintas consecutivas permitidas
As quintas seguintes son admitidas no encadeamento tritono e terceira menor (sétima no baixo) seguido de sexta, pero soamente entre o tenor e o contralto :
Baixos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 6a (conxunto dos acordes), exercicios 241 e seguintes.
Cantos dados : Henri Challan, 380 baixos e cantos dados, compilación 6a (conxunto dos acordes), exercicios 251 e seguintes.
Desamarre versión cadros | Desamarre versión sen cadros |
Menu da versión sen cuadros: | |
1 - Introducción | 11 - Retardos |
2 - Regras xeráis | 12 - Oturas notas estrañas |
3 - Quinta | 13 - Pedais |
4 - Sexta | 14 - Baixos non cifrados |
5 - Cuarta e sexta | 15 - Coral e outros estilos |
6 - Modulacións | 16 - Táboa de cifrados |
7 - Sétima de dominante | 17 - Bibliografía, biografías |
8 - Sétimas de especies | 18 - Lugares útiles, buscas |
9 - Novenas | 19 - Extractos de tratado |
10 - Alteracións | 20 - O autor e-mail |
© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos sóamente.
Iste sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.