| Michel Baron - Curso de harmonía
Galego Traducción : © Xoán Antón Vázquez - vazquezcasas@edu.xunta.es |
EXEMPLO DE REALIZACIÓN: PERIODO ROMÁNTICO
Velaquí un corto exemplo de traballo que é posible abordar despois de asimilar o conxunto do curso. Entón haberanse adquirido tódalas ferramentas técnicas necesarias para lanzarse á imitación dos diferentes estilos.
Primeiramente transcribide esta alternación de canto dado e baixo non cifrado, preferentemente nun sistema de catro pentagramas, ca fin de non estar sometido a estreitez na escritura gráfica das voces.
Trátase de evolucionar nun estilo romántico. Eiquí pensei máis particularmente en Brahms, en concreto na atmósfera dos seus Intermezzi. A elección do profesor, ou do alumno, a realización podería ser pensada para piano ou para diversos conxuntos instrumentais.

Como guía neste nivel de traballo pódese ter como referencia o Manual práctico para a aproximación ós estilos, de Bach a Ravel, de Yvonne Desportes e Alain Bernaud. Para os traballos encontrarase un amplio abano de estilos nas 90 leccións de harmonía sobre a evolución harmónica dende o século XIII ata os nosos días de Yvonne Desportes, así como nas Melodías instrumentais para harmonizar nalgúns estilos harmónicos característicos de Henri Challan. Para máis información, consultar a páxina de bibliografía.
Velaquí un exemplo de realización. Cae polo seu peso que moitas outras realizacións poderían ser completamente satisfactorias, mesmo alonxándose sensiblemente das opcións désta, que non é proposta máis que a título de exemplo. É posible escoitala en directo clicando sobre o botón MIDI.

Non sería imposible que propuxera eiquí, a medio plazo, outras suxerencias de traballos en diferentes estilos, pero, a priori, esto paréceme superfluo dada a grande cantidade de excelentes publicacións sobre este tema, algunhas das cales están citadas eiquí enrriba. Preferiría mellorar e pulir o aspecto pedagóxico e redaccional destas páxinas. Voso punto de vista sobre a cuestión será sempre benvido, si vos tomades o tempo de facermo coñecer por correo electrónico.
| Desamarre versión cadros | Desamarre versión sen cadros |
| Menu da versión sen cuadros: | |
| 1 - Introducción | 11 - Retardos |
| 2 - Regras xeráis | 12 - Oturas notas estrañas |
| 3 - Quinta | 13 - Pedais |
| 4 - Sexta | 14 - Baixos non cifrados |
| 5 - Cuarta e sexta | 15 - Coral e outros estilos |
| 6 - Modulacións | 16 - Táboa de cifrados |
| 7 - Sétima de dominante | 17 - Bibliografía, biografías |
| 8 - Sétimas de especies | 18 - Lugares útiles, buscas |
| 9 - Novenas | 19 - Extractos de tratado |
| 10 - Alteracións | 20 - O autor |
© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos sóamente.
Iste sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.