Michel Baron - Notas principais para o curso de fuga
Galego — Traducción : © Xoán Antón Vázquez - vazquezcasas@edu.xunta.es

O CONTRASUXEITO

Chamábase, en outro tempo, "fuga doble" ou "fuga con dous suxeitos" a unha fuga que tivese un suxeito e un contrasuxeito. Comprenderase pois a importancia da busca do mellor contrasuxeito posible, posto que se convertirá igualmente nunha parte obrigada. Sempre se poderían escribir fugas sen un contrasuxeito obrigado, pero é imposible escribir unha boa fuga sen co contrasuxeito sexa moi claro e moi cuidado.

O rol do contrasuxeito é equilibrar o suxeito, completándoo rítmica e melodicamente. Así pois, non debe tomar nada prestado dil, senon aportar novos elementos, no mesmo estilo do suxeito.

Ten de estar en contrapunto invertible á oitava có suxeito, según as harmonías máis francas, adornadas según os procedementos do frolido e, en particular, con retardos. En xeral, un bó contrapunto non presentará sobor dos tempos máis ca notas reais ou retardos superiores.

O método consiste, pois, en buscar primeiro as harmonías que millor lle conveñan o suxeito, e en non conservar distes acordes máis cas notas invertibles, sobor das cales edificarase a melodía.

Na armonía así descargada, as únicas notas que non permiten a inversión son :

- a oitava da nota cosiderada, que daría unísono,

- a 5ª do acorde perfecto (ou a 3ª da 1ª inversión) que daría unha cuarta e sexta.

Podese empregar toda relación de 7ª de dominante, de tritono ou de 5ª disminuida, se as reglas de preparación e de retardo se respetan adecuadamente.

Principes à suivreConsellos:

O contrasuxeito debe de entrar despois da cabeza do suxeito, e en todo caso despois da sua mutación si é que hai unha.

Construirase o contrasuxeito sobor do suxeito, e non sobor da resposta ; seguidamente observarase se as mutacións que convén aplicarlle non destruen seu interese melódico. Neste caso ás veces se poida remediar isto repetindo unha nota.

Sempre que a un suxeito diatónico corresponde con evidencia un bó contrasuxeito cromático, non se debe dubidar en emplegalo.

Desamarre versión cuadros Desamarre versión sen cuadros
Menú da versión sen cuadros
1 - Referencias pedagógicas   8 - A contraexposición
2 - O contrapunto invertible   9 - Plan dunha fuga de escuela
3 - O suxeito e la respuesta 10 - O divertimento
4 - A coda 11 - O estreito
5 - O contrasuxeito 12 - A pedal
6 - A linguaxe harmónica da fuga de escola 13 - Lugares útiles, búsquedas, biografías
7 - A exposición 14 - O autor       Vos remarques seront certainement utiles !e-mail

HOME

© Michel Baron - Utilización con fines comerciales estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fines personales o pedagógicos solamente.
Este sitio está mantenido de manera benévola y sin finalidad lucrativa.



Web Analytics Made Easy -
StatCounter