Michel Baron - Notas principais para o curso de fuga
Galego — Traducción : © Xoán Antón Vázquez - vazquezcasas@edu.xunta.es

 

FUGA E FUGA DE ESCOLA

A fuga de escola é unha forma á vez completa e artificial da fuga. As generacións de pedagogos que desexaban que os estudiantes adquiriran flexibilidade y cualidades de escritura en tódolos elementos da fuga semellan ter querido incluir na sua forma escolar todo o que é posible atopar nela, aínda co risco de xerar unha peza escolar particularmente cargada e, diríamos hoxe, estadarizada, longa e polo tanto con numerosos problemas de equilibrio e de renovación do interese musical. Ben entendido, probablemente sería un grande achado atopar na historia da música, unha soa fuga (en tanto que composición artística conseguida e recoñecida) que tivese sensiblemente o mesmo plan que unha fuga de escola segundo Gedalge. En consecuencia, despois de que teñan realizado algunhas fugas de escola, sería lexítimo pedir os alumnos realizar fugas dentro de plans máis libres. O contrapunto debe ser riguroso, pero non necesariamente a forma.
 

A LINGUAXE HARMÓNICA DA FUGA DE ESCOLA

Aínda cumprindo aterse a unha armonía clara, non se está obrigado a unha harmonía por compás.

Pódense empregar :

Os acordes perfectos maior e menor en posición fundamental e na primeira inversión. A 2ª inversión (a sexta e cuarta cadencial ou dobre apoiatura) é admisible con discrección, ó final dun periodo.

O acorde de quinta disminuida, en posición fundamental e nas súas duas inversións.

O acorde de quinta aumentada do IIIo grao menor, en posición fundamental e nas súas duas inversións.

Pódense extender estas exigencias ós acordes de 7ª disminuida.

Dupré admite as 9as a condición de que estén preparadas e resoltas.

Informations complémentaires ! Dupré, §§ 46 & 47.

Na exposición da fuga, que é a sua parte máis estricta e máis importante, e que debe ser, igualmente, a máis crara e a máis franca, evitaranse as notas de paso sobre o tempo, pois teñen un carácter de apoiatura.

 

Desamarre versión cuadros Desamarre versión sen cuadros
Menú da versión sen cuadros
1 - Referencias pedagógicas   8 - A contraexposición
2 - O contrapunto invertible   9 - Plan dunha fuga de escuela
3 - O suxeito e la respuesta 10 - O divertimento
4 - A coda 11 - O estreito
5 - O contrasuxeito 12 - A pedal
6 - A linguaxe harmónica da fuga de escola 13 - Lugares útiles, búsquedas, biografías
7 - A exposición 14 - O autor       Vos remarques seront certainement utiles !e-mail

HOME

© Michel Baron - Utilización con fines comerciales estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fines personales o pedagógicos solamente.
Este sitio está mantenido de manera benévola y sin finalidad lucrativa.



Web Analytics Made Easy -
StatCounter