Michel Baron - Notas principais para o curso de fuga
Galego — Traducción : © Xoán Antón Vázquez - vazquezcasas@edu.xunta.es

O DIVERTIMENTO

Un divertimento é unha ponte modulante, según un principio de marchas harmónicas disfrazadas, no que os elementos poden provir do suxeito (preferentemente), ou do contrasuxeito, da coda, ou mesmo dunha parte libre da exposición. Nembargantes, compre absterse de utiliza-la testa do suxeito.

Estas marchas poden ser modulantes, aínda que este procedemento queima demasiado axiña as diferentes tonalidades empregadas na fuga. Considerase máis axeitado empregar marchas non modulantes, que conduzan únicamente no seu final a unha modulación que leve a tonalidade da exposición seguinte, con un sentimento de novedade ou sorpresa.

Para evita-lo efecto mecánico da marcha, os fragmentos deben ser suficientemente longos, a fin de que non haxa necesidade de utilizalos máis que poucas veces.

Se se escolle escribir un divertimento en contrapunto invertible, construirase con dous ou máis fragmentos invertibles e unha ou dúas partes libres que deben, nembargantes, conservar un carácter contrapuntístico.

Remarquemos que se o invertible é a tres voces, a cuarta voz, en parte libre, terá unha importancia bastante reducida, tida conta que ahí poden permitirse silencios.

Tamén pode construirse con un só elemento, que pasará por tódalas voces.

Compre non perder de vista que as "verdadeiras" fugas a catro voces conteñen frecuentemente divertimentos a tres voces, e mesmo a dúas voces. Nembargantes, en fuga de escola, considerase habitualmente un deber o trata-los divertimentos según o número total de voces da fuga... Dende un punto de vista artístico, pódese alixeira-la escrita con silencios a condición que ises non interveñan en máis dunha voz á vez.

Recomendacións importantes concernentes os silencios

Despois dos silencios, ningunha voz pode entrar cunha fórmula non significativa dende o punto de vista musical : debe de entrar cunha fórmula temática. Mesmo, unha voz non debería calar máis ca despois de ter feito oir dúas notas que podan implicar un efecto harmónico dalgunha cadencia, a fin de clarificar a fin da súa melodía. Ademáis, non perder de vista que, se a derradeira nota pode formar parte integrante da harmonía seguinte, o efecto de silencio será menos brutal. Cando a derradeira nota non forma parte integrante da harmonía seguinte, isto pode enxendrar unha inhabilidade da que non se lle vexa a causa inmediatamente.

Informations complémentaires ! Dupré, plans tonais de divertimentos, § 45.

 

Desamarre versión cuadros Desamarre versión sen cuadros
Menú da versión sen cuadros
1 - Referencias pedagógicas   8 - A contraexposición
2 - O contrapunto invertible   9 - Plan dunha fuga de escuela
3 - O suxeito e la respuesta 10 - O divertimento
4 - A coda 11 - O estreito
5 - O contrasuxeito 12 - A pedal
6 - A linguaxe harmónica da fuga de escola 13 - Lugares útiles, búsquedas, biografías
7 - A exposición 14 - O autor       Vos remarques seront certainement utiles !e-mail

HOME

© Michel Baron - Utilización con fines comerciales estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fines personales o pedagógicos solamente.
Este sitio está mantenido de manera benévola y sin finalidad lucrativa.



Web Analytics Made Easy -
StatCounter