Michel Baron - Curso de contrapunto riguroso
Galego — Traducción : © Manuel Alberto Vázquez Diz ( sitio: Músicanaescola )

Contrapunto a dúas partes

PRIMERA ESPECIE : redonda contra redonda.

Un canto dado en redondas nunha parte calquera, e outra parte en redondas.

O canto dado debe ser respectado, pero sempre pode ser transportado si é necesario, para que cada parte permaneza na súa tesitura. Comézase e termínase sempre por tónica.

O primeiro e o derradeiro compás harmonízanse obrigatoriamente co acorde de tónica en estado fundamental.

Se o canto dado está na parte inferior, o primeiro compás debe facer oír un unísono ou unha consonancia de octava ou quinta.

Se o canto dado está na parte superior, non se pode comezar máis que por un unísono ou por unha consonancia de octava.

No penúltimo compás, a sensible debe ser oída no contrapunto. (Algúns autores permiten eximirse disto nalgunha ocasión, para permitir unha maior variedade de conclusións, e con máis razón en modal). O derradeiro compás fai oír obrigatoriamente a tónica.

Nota: a dúas voces, a mediante non é considerada como consonancia suficiente para o principio e o fin dos contrapuntos.

 Consellos

O contrapunto debe aproximarse o máis posible ó movemento conxunto. No curso de dúas melodías así superpostas non poden presentarse máis que relacións harmónicas de terceira, quinta, sexta ou octava (ou os seus redobramentos).

Buscarase o movemento contrario tódalas veces que contribúa ó equilibrio das voces.

Evitarase permanecer nun ámbito moi restrinxido (como unha cuarta, por exemplo), de efectuar retornos melódicos sobre unha mesma nota, así como repeticións melódicas que lembren as marchas harmónicas.

Evitarase, tanto como sexa posible, toda fórmula arpexiada.

Por suposto, nesta especie é imposible empregar notas estrañas.

MODO MAIOR


MODO MENOR



MODO DE RE



MODO DE FA


MODO DE SOL
(Trátase dun único exemplo, invertible)



EXEMPLOS REALIZADOS POR INFORMÁTICA

O obxecto desta experiencia non é probar que é posible substituí-lo individuo pola máquina. ¡Faise por todas partes! Fixéronse escribir páxinas de "falso Schubert" por importantes sistemas informáticos nunha universidade americana. Pero estas páxinas non merecían en absoluto maior interese que marabillarse de que fosen creadas enteiramente por medios lóxicos.

O interese da experiencia informática en contrapunto é a de face-la parte exacta do mínimo de regras a impoñer (a unha máquina ou quizais a un humano) e xulgar mellor, despois da selección do producto rematado, a parte da "mecánica" e a parte necesaria de invención, de intuición.

Jacques Bujold
JACQUES BUJOLD
é o autor do
programa

No sistema lóxico para ordenador persoal, a intuición creadora non está verdadeiramente "simulada", senon substituída polo azar. No intre de crear cada nova nota en función do canto dado, a máquina remítese ó chou, pero verifica asimesmo nunha tabla de regras a respectar (harmónicas e melódicas) se o azar fixo ben as cousas. Advirtamos que un estudiante pouco ou nada músico podería de feito conformarse con facer algo así. Para estas experiencias, a lista das regras a respectar limitáronse a estas :

- Consonancias obrigatorias do primeiro e do derradeiro compás.
- Sensible presente no penúltimo compás.
- Quintas consecutivas prohibidas.
- Octavas consecutivas prohibidas.
- Quintas directas prohibidas.
- Octavas directas prohibidas.
- Máximo de tres terceiras ou de tres sextas seguidas.
- Intervalo de tritón (nun salto) prohibido.
- Intervalos de 7ª (o máis) en dous saltos, prohibidos.

Ademais, de xeito máis esixente cás regras habituais, o programa permite determina-lo intervalo melódico máximo permitido, para efectuar test consecutivos sobre o mesmo canto dado e avalia-lo interese de busca-los movementos menos disxuntos posibles.

Simulación de proceso lógico

Como o individuo, a máquina "ensaia" unha nova nota, e verifícaa de contado. Nos dous casos, advirtamos que unha verificación despois do remate do traballo case non aportaría ningunha vantaxe : atoparíanse máis ben moitas faltas e sería necesario destruír todo para correxir.

Se a nota orixina unha falta, renúnciase á mesma e tómase outra ata que algunha opción sexa satisfactoria. Observade que é necesario verificar en cada vez os 3 tres compases anteriores no caso de que esta nova nota fose satisfactoria, a fin de respecta-las regras de terceiras ou de sextas consecutivas.

Se ningunha nota fose satisfactoria despois dun número suficiente de ensaios determinados polo programa (aquí a obstinación non supón esforzo), o contrapunto enteiro é abandonado e a marcha lóxica volve ó principio.

Intuición musical á parte, a diferencia máis marcada entre a lóxica humana e a lóxica de programación sitúase probablemente na maneira de afronta-los dous ou tres últimos compases: ó humano gústalle prever unha conclusión que lle conveña, mentres que a programación simplista tenta chegar a unha solución sen manipular máis que un compás á vez.

A avaliación artística

Os exemplos seguintes están todos en modo maior, co canto dado na parte inferior. É importante advertir que a meirande parte dos contrapuntos obtidos non foron dignos de ser escollidos como modelos de exemplos. Aínda que respectaban escrupulosamente as regras, a maioría presentaban torpezas pouco musicais, ou ben non suxerían nada interesante no plano expresivo, ou mesmo eran francamente incoherentes. Nada máis normal: ningún parámetro de avaliación artística formaba parte do programa.

Para dar unha orde de grandeza en canto á proporción das realizacións válidas e dignas de ser conservadas, con relación ó total das rexeitadas, así foi como se escolleron os 9 exemplos seguintes :

Sobre un total de 78 ensaios, 9 soamente foron dignos de ser aproveitados polo seu interese expresivo. Vese pois que queda unha parte inmensa para a intuición e a expresión musical, sendo as regras unha necesidade mínima.

En fin, un dos obxectivos da inclusión destes exemplos no presente curso é o de persuadir con insistencia ós estudiantes para pór suficientemente alto o seu baremo de esixencias e a non pensar en presentar realizacións menos musicais que un ordenador.

REALIZADO POR INFORMÁTICA !
REALIZADO POR INFORMÁTICA !
REALIZADO POR INFORMÁTICA !
REALIZADO POR INFORMÁTICA !
REALIZADO POR INFORMÁTICA !
REALIZADO POR INFORMÁTICA !
REALIZADO POR INFORMÁTICA !
REALIZADO POR INFORMÁTICA !
REALIZADO POR INFORMÁTICA !

Active versión cuadros Active versión sen cuadros
Menu da versión sen cadros
  1 - Limiar 11 - Catro partes: especies 1 2 3 4
  2 - O espírito do contrapunto 12 - Pequenas mesturas
  3 - O traballo 13 - Grandes mesturas
  4 - Regras comúns 14 - Florido
  5 - Cantos dados (C.D.) 15 - Cinco partes e máis
  6 - Dúas partes: especies 1 2 3 4 Florido 16 - Contrapunto invertible
  7 - Tres partes 17 - Imitacións e canons
  8 - Especies 1 2 3 4 18 - Bibliografía, biografías
  9 - Pequenas mesturas 19 - Lugares útiles, búsquedas
10 - Florido 20 - O autor   Vos remarques seront certainement utiles !e-mail    © ZIP

HOME

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos soamente.
Este sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.