Michel Baron - Curso de contrapunto riguroso
Galego Traducción : © Manuel Alberto Vázquez Diz ( sitio: Músicanaescola ) |
Contrapunto a tres partes
A escritura a tres partes é unha das máis flexibles e máis naturais que existen. Aconséllase adicarlle todo o tempo necesario para explorar a fondo tódolos seus recursos expresivos, en particular no florido, e eventualmente nos modos gregorianos.
Novas regras específicas da escritura a tres partes
Sexa cal sexa o número de voces, os acordes do primeiro e do derradeiro compás poden estar sempre incompletos pola supresión da terceira ou da quinta, en tódolos tipos de exercicios.
Entradas das voces
A tres partes, as negras ou as brancas comezan sempre por consonancia de octava ou de quinta. Soamente as redondas e as síncopas poden comezar pola mediante do acorde. Lembremos que o cruzamento nunca está permitido no primeiro compás.
O baixo do primeiro compás (ou calquera parte que actúe provisionalmente de baixo cando haxa entradas sucesivas) debe entrar sempre coa fundamental do acorde.
Derradeiro compás
A disposición do derradeiro compás é libre. As outras voces distintas da voz inferior poden rematar sobre a tónica, a terceira ou a quinta. Pero o acorde pode tamén estar incompleto ou utiliza-lo unísono. Lembremos que non deberá conter cruzamentos denantes da escritura a cinco voces.
Plenitude harmónica
Cómpre busca-lo xeito de emprega-lo acorde completo no primeiro tempo de cada compás. Non debe haber máis de dous acordes incompletos por exercicio (ademais do primeiro e do derradeiro compás).
Dous acordes incompletos non deben sucederse.
O acorde do penúltimo compás ten que estar completo obrigatoriamente (Bitsch, § 58).
Duplicacións
Tódalas notas harmónicas e melódicas (non sendo o retardo) poden ser duplicadas. A sensible, en contrapunto, pode ser duplicada igual que as outras notas da escala (Bitsch, § 52).
Notas: Bitsch desaconsella a duplicación da sensible no baixo.
Jean-Louis Martinet desaconsella, como en harmonía, a duplicación do baixo no acorde de sexta, agás por movementos contrarios e conxuntos. Nembargantes, na práctica, é necesario admitir esta duplicación con bastante frecuencia.
Movemento directoDesaconséllase facer evolucionar simultaneamente as tres voces por movemento directo.
Active versión cuadros | Active versión sen cuadros |
Menu da versión sen cadros | |
1 - Limiar | 11 - Catro partes: especies 1 2 3 4 |
2 - O espírito do contrapunto | 12 - Pequenas mesturas |
3 - O traballo | 13 - Grandes mesturas |
4 - Regras comúns | 14 - Florido |
5 - Cantos dados (C.D.) | 15 - Cinco partes e máis |
6 - Dúas partes: especies 1 2 3 4 Florido | 16 - Contrapunto invertible |
7 - Tres partes | 17 - Imitacións e canons |
8 - Especies 1 2 3 4 | 18 - Bibliografía, biografías |
9 - Pequenas mesturas | 19 - Lugares útiles, búsquedas |
10 - Florido | 20 - O autor ![]() |
© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente
prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos soamente.
Este sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.