Michel Baron - Curso de contrapunto riguroso
Galego — Traducción : © Manuel Alberto Vázquez Diz ( sitio: Músicanaescola )

En vías de En vías de traducción traducción

Principios de traballo

A cantidade

A cantidade de traballo necesaria é variable segundo os individuos e as súas facilidades persoais nas diversas especies. Será sempre máis doado escribir 12 contrapuntos a dúas voces que unha grande mestura, mais ó comezo dos estudios é necesario aterse a un mínimo de doce contrapuntos ben feitos en cada modo para adquirir unha soltura suficiente - e ver suficiente paisaxe - en cada nova especie.

Para atenua-lo desacougo no plano da cantidade, convén non dubidar en presentar variantes ou incluso contrapuntos que teñan importantes partes comúns. Cada contrapunto é xuzgado como un todo único, e cada un é un obxectivo parcial.

A calidade

É o obxectivo prioritario. Só é rentable un traballo de calidade superior. Un contrapunto que teña unha falta, mesmo se é musical, non ten meirande interese que unha tentativa fallida de salto con pértega : por moi encomiable que sexa o esforzo, non ha lugar a rexistra-la fazaña. Un traballo regular e normal non leva consigo faltas máis que moi excepcionalmente, agás en circunstancias particulares como as seguintes :

A excepción destes casos pasaxeiros, un tipo de falta prolongada e crónica - incluso, e sobre todo, cando se pensaba ter comprendido todo - é un índice de incapacidade de ser consciente do que se escribe, ou de incapacidade de concentrarse ou de escoitar.

O afondamento e o progreso

Como é frecuente en música, a períodos de aparente estancamento suceden progresos por saltos case bruscos e moi motivadores. Dous imperativos deben ser ben comprendidos polo estudiante :

 A corrección dos erros.

Para non traballar superficialmente, é indispensable correxirse a si mesmo, sistematicamente, as pasaxes con fallos. É o único método posible para adquiri-la confianza en si mesmo e a certeza de saber saír de toda situación dificil, como o tardío descubrimento dunha gran falta despois dun examen. Tales correccións supoñen ás veces máis esforzo que alcanzar ó primeiro intento, coas meirandes precaucións, o exercicio completo: a miúdo non é posible improvisalas; é necesario, en xeral, reflexionar sobre elas para presentalas ó curso seguinte. Por veces, o resultado final é menos fresco cá primeira versión errónea. Nembargantes, é necesario aceptar acomodarse a estas clases de «reparacións», sexa como unha penitencia, sexa como xogo, sexa por honor, sexa simplemente como constitutivos normais do traballo regular. Non se debe tirar «ó lixo» un contrapunto con faltas, só en casos desastrosos.

 Un minimum de cantos dados.

Por moi chocante e inverosímil que iso puidese parecer ó recén chegado, o segredo do éxito está aí : a arte do contrapunto é tamén do afondamento nas numerosas posibilidades. Se cambiamos a miúdo de canto dado ata o punto de non facer máis que seis ou oito contrapuntos sobre cada un deles, non se descubrirán máis que as posibilidades máis doadas, as máis evidentes para todo o mundo, ou as máis superficiais. Xamais se atopará a verdadeira dificultade, e nunca se maravillará un de todo o que había de distinto por imaxinar conservando unha e outra vez os mesmos cantos dados. Un bo principio é suxeitarse a dous cantos dados (maior e menor) para o 80% do trabajo, e non abordar outros textos máis que para « refrescarse », por exemplo, en periodos de desánimo, ou para prepararse a textos imprevistos (exames). Consultade os exemplos do tratado de Charles Koechlin, que reproducen tódalas combinacións de posicións posibles sobre un único canto dado en cada modo. Pero cavilade, de todos modos, sobre o que afirma, coa súa experiencia de gran profesor, no seu Estudio sobre as notas de paso, III - Notas de paso no contrapunto (p.27) :

Non todo o mundo pode adquirir unha boa técnica. É un erro crer que únicamente co traballo pódese adquirir; son necesarios dons previos e (como tamén di Boileau) « senti-lo influxo segreto do ceo ». (...) En resumo, o talento non se adquire se non se ten xa un chisco de xenio musical. "

No collades pánico. Dixo ben : « un chisco ».


Active versión cuadros Active versión sen cuadros
Menu da versión sen cadros
  1 - Limiar 11 - Catro partes: especies 1 2 3 4
  2 - O espírito do contrapunto 12 - Pequenas mesturas
  3 - O traballo 13 - Grandes mesturas
  4 - Regras comúns 14 - Florido
  5 - Cantos dados (C.D.) 15 - Cinco partes e máis
  6 - Dúas partes: especies 1 2 3 4 Florido 16 - Contrapunto invertible
  7 - Tres partes 17 - Imitacións e canons
  8 - Especies 1 2 3 4 18 - Bibliografía, biografías
  9 - Pequenas mesturas 19 - Lugares útiles, búsquedas
10 - Florido 20 - O autor   Vos remarques seront certainement utiles !e-mail    © ZIP

HOME

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos soamente.
Este sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.