Michel Baron - Curso de contrapunto riguroso
Galego — Traducción : © Manuel Alberto Vázquez Diz ( sitio: Músicanaescola )

Imitacións e canons

A fuga é unha obra contrapuntística baseada na imitación. Pero cando escomenzámo-lo estudio da imitación, cómpre non perder de vista que pode producirse a calquera intervalo e non soamente á quinta, á cuarta ou á octava.

Ademais, poderase traballa-la imitación nos seus diversos aspectos, é dicir:

  1. por movemento semellante,

  2. por movemento contrario, tendo por eixo de simetría (consonancia de octava) o IIº ou o IIIo  grao en maior, e o IIIo  grao en menor (ver Bitsch § 106).

  3. por movemento retrógrado,

  4. por combinación de movementos retrógrado e contrario.

As imitacións pódense traballar a partires de dúas voces no estilo florido, sen cantus firmus, ou a tres voces con cantus firmus.

Outra posibilidade para escomenzar este estudio, logo de dominar ben o florido, é busca-las imitacións ocasionais nos exercicios do florido a tres voces ou máis.

 

O canon é a persecución tan longa coma sexa posible dunha imitación. Pódese traballar en florido ou coas preocupacións do contrapunto invertible. Desgraciadamente, os tratados non dan «receitas» para escribir canons, xa estean escritos en invertible ou non. Como moito permiten unha flexibilización xeral das regras do contrapunto estricto (Bitsch, § 111 ó § 122).

A imitación regular, reproducindo perfectamente os graos do antecedente no consecuente, conduce facilmente á modulación. Se non se desexa modular, é normal utiliza-la imitación irregular, é dicir, modificar ocasionalmente un intervalo. Como se verá na fuga, entre o suxeito e a resposta, chámase normalmente a esta modificación dun intervalo, unha «mutación».

En canto ó tema das imitacións e dos canons, poderase consultar con gran proveito os numerosos exemplos do tratado de Gallon - Bitsch, números 135 a 167, páxinas 111 e seguintes, pasando dun simple canon a dúas voces á octava ata un «monstro» a oito voces á segunda, sobre cantus firmus.


Active versión cuadros Active versión sen cuadros
Menu da versión sen cadros
  1 - Limiar 11 - Catro partes: especies 1 2 3 4
  2 - O espírito do contrapunto 12 - Pequenas mesturas
  3 - O traballo 13 - Grandes mesturas
  4 - Regras comúns 14 - Florido
  5 - Cantos dados (C.D.) 15 - Cinco partes e máis
  6 - Dúas partes: especies 1 2 3 4 Florido 16 - Contrapunto invertible
  7 - Tres partes 17 - Imitacións e canons
  8 - Especies 1 2 3 4 18 - Bibliografía, biografías
  9 - Pequenas mesturas 19 - Lugares útiles, búsquedas
10 - Florido 20 - O autor   Vos remarques seront certainement utiles !e-mail    © ZIP

HOME

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos soamente.
Este sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.