| Michel Baron - Curso de contrapunto riguroso
Galego Traducción : © Manuel Alberto Vázquez Diz ( sitio: Músicanaescola ) |
Contrapunto a tres partes
PRIMEIRA ESPECIE : redonda contra redonda.
Un canto dado en redondas e as outras dúas partes en redondas.
Para permitir unha meirande variedade de saídas, unha das voces superiores pode entrar coa terceira.
En principio, débese evitar facer evoluciona-las tres voces no mesmo sentido (tres partes en movemento directo ou paralelo) sobre todo se os movementos son moi pronunciados. Regra absoluta : non se deben escribir máis de dous acordes en sextas paralelas na mesma posición.
Consellos
Non é xeralmente moi satisfactorio realizar primeiro a segunda parte e a continuación a terceira. Máis ben é preferible tentar "negociar" as prioridades ou os mellores movementos reflexionando simultaneamente a dúas voces o que se vai escribir, imaxinando algúns compases por adiantado.
É preciso escomenzar a acostumarse a determinar por adiantado a construcción dos dous ou tres últimos compases, por dúas razóns :
É unha opción importante na construcción xeral.
Córrese o risco de dirixirse cara a posicións imposibles de realizar correcta ou musicalmente. Esta consideración será aínda máis importante a 4 ou 5 voces.
MODO MAIOR
MODO MENOR
Georges Hertzog
MODO DE RE
Georges Hertzog
MODO DE SOL
| Active versión cuadros | Active versión sen cuadros |
| Menu da versión sen cadros | |
| 1 - Limiar | 11 - Catro partes: especies 1 2 3 4 |
| 2 - O espírito do contrapunto | 12 - Pequenas mesturas |
| 3 - O traballo | 13 - Grandes mesturas |
| 4 - Regras comúns | 14 - Florido |
| 5 - Cantos dados (C.D.) | 15 - Cinco partes e máis |
| 6 - Dúas partes: especies 1 2 3 4 Florido | 16 - Contrapunto invertible |
| 7 - Tres partes | 17 - Imitacións e canons |
| 8 - Especies 1 2 3 4 | 18 - Bibliografía, biografías |
| 9 - Pequenas mesturas | 19 - Lugares útiles, búsquedas |
| 10 - Florido | 20 - O autor |
© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente
prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos soamente.
Este sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.