Michel Baron - Curso de contrapunto riguroso
Galego — Traducción : © Manuel Alberto Vázquez Diz ( sitio: Músicanaescola )

Contrapunto a dúas partes

SEGUNDA ESPECIE : brancas contra redonda.

Un canto dado en redondas e outra parte en brancas.

Se o canto dado está na parte inferior, o primeiro compás debe conter un silencio e unha nota á octava, á quinta ou ó unísono.

Se o canto dado está na parte superior, o primeiro compás debe conter un silencio e unha nota á octava ou ó unísono.

O derradeiro compás debe conter só redondas (como en tódolos exercicios) e facer oí-la octava ou o unísono.

Tolerancias admitidas no penúltimo compás

Se o canto dado está na parte superior, as brancas do penúltimo compás poden utilizar excepcionalmente as dúas harmonías II6 V5 (Bitsch, § 59).

Na parte superior ou na parte inferior, pode facerse oír unha síncopa baixo forma de retardo descendente sobre a sensible (Bitsch, § 17).

Na parte superior soamente e no modo menor, pódese utiliza-la escala melódica en brancas ascendentes conducindo por graos conxuntos ata a tónica (harmonías II - I nos dous últimos compases).

 Consellos

As notas a utilizar son: notas reais, notas de paso, bordaduras.

Nos tempos fortes só se permiten notas reais.

Nos tempos febles buscarase empregar preferentemente notas estrañas. Farase fincapé en que as bordaduras non se resolvan nunha soa e única harmonía (como nos exercicios simples de harmonía) senon necesariamente sobre a harmonía do primeiro tempo seguinte.

As notas de paso non deben transformarse en retardos ou fuxidas, senon que deben pasar conxuntamente entre dúas notas reais.

Agás no que concerne á tolerancia usual no penúltimo compás, vixilarase non utilizar dous acordes fundamentais diferentes nun mesmo compás.

Cando se escribe o contrapunto na parte inferior non se debe toca-la quinta do acorde, porque faise oír unha harmonía prohibida de cuarta e sexta.

 

MODO MAIOR

MODO MENOR



Active versión cuadros Active versión sen cuadros
Menu da versión sen cadros
  1 - Limiar 11 - Catro partes: especies 1 2 3 4
  2 - O espírito do contrapunto 12 - Pequenas mesturas
  3 - O traballo 13 - Grandes mesturas
  4 - Regras comúns 14 - Florido
  5 - Cantos dados (C.D.) 15 - Cinco partes e máis
  6 - Dúas partes: especies 1 2 3 4 Florido 16 - Contrapunto invertible
  7 - Tres partes 17 - Imitacións e canons
  8 - Especies 1 2 3 4 18 - Bibliografía, biografías
  9 - Pequenas mesturas 19 - Lugares útiles, búsquedas
10 - Florido 20 - O autor   Vos remarques seront certainement utiles !e-mail    © ZIP

HOME

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos soamente.
Este sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.