Michel Baron - Curso de contrapunto riguroso
Galego — Traducción : © Manuel Alberto Vázquez Diz ( sitio: Músicanaescola )

BIBLIOGRAFÍA


Non hai ningunha preocupación sobre normas bibliográficas nesta páxina.
Simplemente é unha recopilación de informacións sobre un tema que me interesa.

Principais tratados de contrapunto

Marcel Dupré: Cours de contrepoint

Foto dominio público
Marcel DUPRÉ
Foto (dominio público) adicada á AGO:
"To the American Guild of Organists.
In grateful appreciation of the friendly
welcome in the United States". 5 de xuño de 1934.

Marcel Dupré, Cours de Contrepoint, Leduc, 59 páxinas, formato 20 x 29 cm. A redacción deste curso corresponde sen ningunha dúbida á necesidade dunha obra de volume reducido, barato, conciso e claro. A formulación das regras está aderezada cun sabor persoal, facendo crer nunha primeira aproximación na presencia de numerosos desvíos en canto ás normas máis habituais. Estes desvíos existen, pero de xeito limitado. Dupré propón, por outra banda, exercicios ata sete e oito voces, os modos gregorianos, o doble coro, as imitacións e o invertible.

Charles Koechlin
Charles KOECHLIN

Charles Koechlin, Précis de Règles du Contrepoint, Heugel, 137 páxinas, formato 18 x 27 cm. Baixo este modesto título, hai un verdadeiro tratado que non desluce a impresionante colección de obras didácticas deste grande pedagogo. Nun estilo moi discursivo que algúns poderían considerar un pouco «vella Francia», a obra ofrécenos unha serie de cursos ex cátedra. A principal particularidade é que o autor escolleu dous cantos dados, un maior e outro menor, e obrigouse a propoñer unha solución para cada unha das posibilidades de disposición, sen omitir unha soa das numerosas permutacións. Todos estes exemplos están en formato piano, claves de sol e fa. Están profusamente comentados con moitas notas e reseñas. Un verdadeiro curso particular, durante o cal bótase de menos a calor humana deste gran profesor. No apéndice, unha lista de cantos dados e sete páxinas adicadas ó contrapunto sobre cantos gregorianos. Unha obra a adquirir, felizmente barata.

Charles Koechlin, Étude sur les notes de passage, 6a ,edición, Eschig. Fascículo 15½ x 24 cm, 75 páxinas. Obra exemplar que trata este tema de maneira distinta na harmonía e na fuga de escola, as seccións que aquí nos interesan son: Notas de paso no contrapunto : encontros a distancias de segunda maior e segunda menor, mesturas a tres e catro partes. Obra moi discursiva, como é habitual neste excelente compositor e pedagogo. Numerosos exemplos. Lectura moi recomendada.

Marcel Bitsch, foto de 1999.
Marcel BITSCH
M. Bitsch e o autor

( foto © Céline Fortin  ) DR

Noël Gallon et Marcel Bitsch, Traité de Contrepoint, Durand, 128 páxinas, formato 18 x 27 cm. Relativamente recente, esta obra é a que parece ser de referencia hoxe en día. A súa redacción foi refundida tres veces antes da versión final. Os temas están clasificados como nunha enciclopedia, cunha lóxica irreprochable que, sen embargo, non impide buscas ocasionais cando se desexe atopar unha regra ou un exemplo impreciso na nosa memoria. Referíndome a este tratado, sería de agradece-la existencia dun índice de termos ou expresións, con referencias ás páxinas, como no tratado de fuga de Gedalge. O Traité de Contrepoint presenta tódalas regras primeiramente, os exemplos a continuación, cos comentarios útiles. Poderase consultar exercicios escritos por músicos coñecidos, como Roger Boutry, Ginette Keller, Michel Legrand, René Maillard, Christian Manen, René Saorgin, Antoine Tisné e outros. Unha característica importante da obra é a súa multitude de notas en pequenos caracteres (e notas a pé de páxina) referidas ás licencias particulares. Isto pode trae-lo risco de que o alumno as utilice demasiado frecuentemente ou de xeito abusivo para tentar xustificar xiros arriscados ou outras torpezas. Podería considerarse unha ensinanza na que os alumnos contentaranse primeiramente, en contrapunto riguroso, cos grandes principios, e non ofrecer permisividades ata máis tarde, ou mesmo, o máis raramente posible. Obra moi completa pero que, coma sempre, non reemplaza a un profesor.

Alain Weber, foto de 1985.
Alain WEBER
Detalle dunha foto de 1985

Alain Weber, Tableaux synoptiques des règles de contrepoint, Hamelle & Cie, dez cadros de formato 54 x 34 cm. No ir e vir das regras arbitrarias, ás veces diferentes dun tratado a outro - mesmo se soamente considerámo-los tratados francófonos - e o das variantes locais desexadas por algúns por razóns evidentemente musicais bien entendido, Alain Weber tivo a interesente idea de publicar esta obra que nos chega coma un árbitro. O traballo foi verdadeiramente enorme aínda que a idea de base é simple: na parte esquerda as regras "comunmente admitidas", na parte dereita, etiquetadas por un astuto sistema de chamadas, as modificacións, os atenuantes e, digámolo, as diverxencias propostas polos principais tratados (que, nembargantes, ¡non son citados!). O profesor non ten máis que comenta-las posibilidades cos seus alumnos e fixa-las eleccións. Hai para empapelar unha clase: o anverso das cinco grandes follas acartonadas propón o contrapunto de base, regras melódicas, regras harmónicas, regras rítmicas, intervalos sucesivos, chegadas directas. O reverso aborda os niveis máis avanzados: contrapunto invertible, contrapunto canónico, doble coro, contrapunto imitativo 2o ou 3o grao como nota pivote, imitativo dentro dunha linguaxe atonal.


CONTRAPUNTO DO RENACEMENTO
Olivier Trachier, un antergo alumno de Marcel Bitsch, publicou en Éditions Durand un compendio interesante sobre contrapunto do Renacemento. Esta obra é recomendada por Marcel Bitsch.

 


Estaría infinitamente agradecido as persoas que puidesen
conseguirme fotos de calquera profesor mencionado neste sitio !

Active versión cuadros Active versión sen cuadros
Menu da versión sen cadros
  1 - Limiar 11 - Catro partes: especies 1 2 3 4
  2 - O espírito do contrapunto 12 - Pequenas mesturas
  3 - O traballo 13 - Grandes mesturas
  4 - Regras comúns 14 - Florido
  5 - Cantos dados (C.D.) 15 - Cinco partes e máis
  6 - Dúas partes: especies 1 2 3 4 Florido 16 - Contrapunto invertible
  7 - Tres partes 17 - Imitacións e canons
  8 - Especies 1 2 3 4 18 - Bibliografía, biografías
  9 - Pequenas mesturas 19 - Lugares útiles, búsquedas
10 - Florido 20 - O autor   Vos remarques seront certainement utiles !e-mail    © ZIP

HOME

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos soamente.
Este sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.

Iste sitio, entende estar conforme ca legislación canadiense sobre dereitos de autor,
segundo a Convención de Berna e a Convención universal sobre dereitos de autor.
En caso de aparente infracción, sexa tan amable de poñerse en contacto directamente co autor
a fin de resolver de contado calqueira litixio.

Ce site entend se conformer à la législation canadienne sur les droits d'auteurs,
selon la Convention de Berne et la Convention universelle sur le droit d'auteur.
En cas d'apparente infraction, veuillez communiquer directement avec l'auteur afin de résoudre immédiatement tout litige.

This web site strives to fully comply with the Canadian copyright law,
according to the Bern Convention and the Universal Copyright Convention.
Should you feel that this site displays any material that raises an apparent copyright infringement,
please e-mail immediately michel.baron@videotron.ca to have any infringing component promptly removed.