Michel Baron - Curso de contrapunto riguroso
Galego — Traducción : © Manuel Alberto Vázquez Diz ( sitio: Músicanaescola )

Contrapunto a catro partes

GRANDE MESTURA

Un canto dado en redondas,
unha parte en brancas,
unha parte en negras
e unha parte en síncopas de brancas.

Este é un dos exercicios máis difíciles, pero moi rico en posibilidades expresivas e en choques de notas diversas.

Regras particulares na grande mestura

Entrada das voces

Pódese facer entrar no segundo compás as brancas ou as síncopas. As negras entran obrigatoriamente no primeiro compás (Bitsch, § 20).

 Quinta engadida durante o retardo da sexta

En tódolos exercicios estudiados ata agora, as notas de paso ou bordaduras nunca se presentaban no primeiro tempo. Tolerancia particularmente útil e musical na grande mestura, pódese engadir, durante o retardo da sexta, unha quinta en brancas ou en negras no primeiro tempo sempre que esta quinta poida ser oída como unha nota de paso contida nun movemento conxunto ascendente, contrario á parte que efectúa o retardo (Bitsch, § 66, 2a parte).

Notas:

Este procedemento pode conducir á duplicación da resolución do retardo, pero, claro está, por movemento contrario.

Se a quinta engadida está nun movemento de negras, estamos obrigados a apelar a unha tolerancia que permita facer oí-la nota retardada ó mesmo tempo que o retardo, pero nunha parte intermedia, por debaixo del, e por movemento contrario ascendente.

Dende o punto de vista estrictamente harmónico, e simplemente a título explicativo, todo ocorre como se substituísemo-la harmonía do baixo:

7
3
  6    por :   7
5
3
  6

de aí a denominación de "quinta engadida" durante o retardo da sexta:

MIDI

Esta particularidade tamén é comentada por Charles Koechlin no seu tratado. Dá exemplos moi variados, algúns en posicións moi sutiles, mesmo en negras por movemento disxunto. Sería desexable non consultalas máis que despois de estar seguro de haber asimilado ben o mecanismo básico explicado aquí.

Durante o voso estudio das grandes mesturas, recoméndasevos -unha vez non é costume- facer un esforzo específico para conseguir empregar esta licencia, mesmo se isto vos parecese un chisco artificial ó principio. A continuación, buscaredes mellor as ocasións de utilizar esta variante, ata o punto de poder utilizala máis dunha vez nun mesmo exercicio. O estudio da grande mestura non está dominado ata que esta posibilidade non sexa empregada de xeito natural e relativamente frecuente (cada tres ou catro exercicios, por exemplo).

Non obstante, se algúns membros do tribunal do voso concurso ou do voso exame non coñecesen nin o tratado de Koechlin nin o máis recente de Gallon-Bitsch, nin esta particularidade (que non é tanto unha licencia canto un xiro salvador), corren o risco de censurarvos unha falta de dúas harmonías no mesmo compás. É pois enganoso pero prudente aconsellarvos non empregar, en caso de tribunal de procedencia sospeitosa, esta quinta engadida como nota de paso.

MODO MAIOR
MIDI
Enriba: a saída simultánea T-B está permitida segundo Koechlin. Se non, entra-lo tenor no compás 2 no terceiro tempo.

MIDI
MIDI
MIDI
MIDI
( Exemplo de enriba soamente : clase de Clermont Pépin, Conservatorio de Montréal  )

MODO MENOR

MIDI
*

Active versión cuadros Active versión sen cuadros
Menu da versión sen cadros
  1 - Limiar 11 - Catro partes: especies 1 2 3 4
  2 - O espírito do contrapunto 12 - Pequenas mesturas
  3 - O traballo 13 - Grandes mesturas
  4 - Regras comúns 14 - Florido
  5 - Cantos dados (C.D.) 15 - Cinco partes e máis
  6 - Dúas partes: especies 1 2 3 4 Florido 16 - Contrapunto invertible
  7 - Tres partes 17 - Imitacións e canons
  8 - Especies 1 2 3 4 18 - Bibliografía, biografías
  9 - Pequenas mesturas 19 - Lugares útiles, búsquedas
10 - Florido 20 - O autor   Vos remarques seront certainement utiles !e-mail    © ZIP

HOME

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos soamente.
Este sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.