Michel Baron - Curso de contrapunto riguroso
Galego — Traducción : © Manuel Alberto Vázquez Diz ( sitio: Músicanaescola )

Contrapunto a dúas partes

QUINTA ESPECIE : florido.

Un canto dado en redondas e unha parte florida combinando as especies 2, 3 e 4.

Primeiro compás

O primeiro compás pode conter:

- un silencio de branca e unha branca (en síncopa ou non)
- un silencio de negra e tres negras
- un silencio de negra, unha negra e unha branca en síncopa (ritmo novo)

Ritmos

Ademais dos ritmos das especies 2, 3 e 4, que se poden ligar entre eles, pódense aborda-las negras ou deixalas no medio dun compás.

É posible utilizar corcheas, sempre que estean na parte feble dos tempos (ou tempos 2 e 4) e sexan conxuntas coas notas que lles preceden e lles seguen.

Notas: O emprego das corcheas debe de ser moi reservado. Está case ausente nos exemplos a dúas partes do tratado de Bitsch.

A branca con puntiño non se permite máis que a partires de 3 voces.

As tres especies deben estar presentes e repartidas de xeito naturalmente equilibrado: dous compases veciños non deben ter ritmos idénticos (por exemplo 4 brancas ou 8 negras). Ó contrario, admítense 4 brancas ou 8 negras dispostas en tres compases (Bitsch § 23). Sospeitarase das simetrías rítmicas.

Cando un compás contén o ritmo de dúas negras e unha branca, esta branca debe prolongarse obrigatoriamente en síncopa no compás seguinte:

As únicas excepcións a esta regra fan referencia ó penúltimo compás, e ó contrapunto florido a cinco voces.

 Consellos

Con respecto ás síncopas relacionadas coas negras ou brancas, existen varias filosofías segundo as escolas, para grande desesperación dos estudiantes, que ás veces teñen problemas para asimilar unha soa :

1) Síncopa resolvendo nunha consonancia

Regras estrictas (Koechlin): deberíase deixa-la especie síncopa respectándoa ata o final. Se o primeiro tempo é unha branca ou unha negra, o terceiro tempo debería ser unha nota real. Non se debería bordar nunca en negras esta consonancia do primiero tempo: isto equivalería a unha repetición da nota.

O tratado de Bitsch no respecta sempre este principio e dá exemplos que o proban sen ambigüidade. Lembremos que moitos tribunais de exames ou xurados de concursos arriscan a limitarse ás regras estrictas.

2) Síncopa resolvendo nunha disonancia

Esta disonancia debe resolverse unicamente no terceiro tempo (e nunca antes) sobre a nota real que é inmediatamente inferior. Sobre o segundo tempo do compás pódese tocar, denantes da resolución, outra nota do acorde (Bitsch, a regra máis estricta) ou unha nota que non forme parte do acorde, como unha fuxida (Koechlin). Este procedemento permite xeralmente movementos moi expresivos, pero non se debe confundir coa resolución propiamente dita da disonancia.

Deberiades decidir dunha vez por todas, co consello do voso profesor, a que filosofía ides adherivos con respecto á saída das síncopas no florido, e ó tipo de nota ó que teredes dereito antes da resolución do retardo. Se tedes pensado traballar coa vista posta nun exame ou concurso no que non coñecedes ó xurado, aconséllovo-las regras máis estrictas.

Octavas consecutivas por bordadura ou fuxida.
En fin, non é inútil lembrar, posto que isto está admitido nos diferentes tratados, incluíndo o tratado de Bitsch (páxina 34 parágrafo 64, exemplo da nota 1), que a segunda octava, incluso paralela, está permitida cando está xenerada pola bordadura dun retardo denantes da súa resolución.

MODO MAIOR



MODO MENOR

MODO DE RE


MIDI

MODO DE SOL




MIDI

Active versión cuadros Active versión sen cuadros
Menu da versión sen cadros
  1 - Limiar 11 - Catro partes: especies 1 2 3 4
  2 - O espírito do contrapunto 12 - Pequenas mesturas
  3 - O traballo 13 - Grandes mesturas
  4 - Regras comúns 14 - Florido
  5 - Cantos dados (C.D.) 15 - Cinco partes e máis
  6 - Dúas partes: especies 1 2 3 4 Florido 16 - Contrapunto invertible
  7 - Tres partes 17 - Imitacións e canons
  8 - Especies 1 2 3 4 18 - Bibliografía, biografías
  9 - Pequenas mesturas 19 - Lugares útiles, búsquedas
10 - Florido 20 - O autor   Vos remarques seront certainement utiles !e-mail    © ZIP

HOME

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos soamente.
Este sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.