Michel Baron - Curso de contrapunto riguroso
Galego Traducción : © Manuel Alberto Vázquez Diz ( sitio: Músicanaescola ) |
Contrapunto a dúas partes
TERCEIRA ESPECIE : negras contra redonda.
Un canto dado en redondas e outra parte en negras.
O primeiro compás debe conter un silencio de negra e tres negras.
Se o canto dado está na parte inferior, a primeira nota debe estar en consonancia de octava, de quinta ou de unísono.
Se o canto dado está na parte superior, a primeira nota debe estar en consonancia de octava ou de unísono.
A primeira nota dos outros compases debe ser unha nota real.
O derradeiro compás debe facer oír unha redonda en consonancia de octava ou de unísono.
Non hai tolerancias particulares no penúltimo compás.
Notas e consellos
Cando o contrapunto está na parte inferior, pódese pasar sobre a quinta do acorde e facer oír unha harmonía de sexta e cuarta, a condición de que isto non suceda no primeiro tempo, e soamente se esta nota que forma a quinta pode ser interpretada como unha nota de paso :
Desconfiar da tendencia ós pequenos movementos disxuntos presentándose en intervalos regulares e cortando a liña en anacos monótonos.
Evita-las bordaduras do baixo facendo oír intervalos de sétimas maiores ou de novenas menores (disonancias emparentadas co semitón).
Estes mesmos tipos de disonancias están rigurosamente prohibidos na entrada das voces. Ó contrario, pódense facer oír sen temor relacións de sétima menor ou de novena maior (disonancias emparentadas co ton enteiro).
MODO MAIOR
MODO MENOR
Active versión cuadros | Active versión sen cuadros |
Menu da versión sen cadros | |
1 - Limiar | 11 - Catro partes: especies 1 2 3 4 |
2 - O espírito do contrapunto | 12 - Pequenas mesturas |
3 - O traballo | 13 - Grandes mesturas |
4 - Regras comúns | 14 - Florido |
5 - Cantos dados (C.D.) | 15 - Cinco partes e máis |
6 - Dúas partes: especies 1 2 3 4 Florido | 16 - Contrapunto invertible |
7 - Tres partes | 17 - Imitacións e canons |
8 - Especies 1 2 3 4 | 18 - Bibliografía, biografías |
9 - Pequenas mesturas | 19 - Lugares útiles, búsquedas |
10 - Florido | 20 - O autor e-mail © ZIP |
© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente
prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos soamente.
Este sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.