Michel Baron - Curso de contrapunto riguroso
Galego Traducción : © Manuel Alberto Vázquez Diz ( sitio: Músicanaescola ) |
O contrapunto e a escritura musical
"O que queira escribir un conductus debe, primeiramente, escribir unha melodía tan bela como sexa posible, despois, servirse dela como tenor para escribir un discanto. Escribindo un triplum, o compositor deberá ter en mente o tenor e o duplum para que non sexa disonante co tenor e o duplum á vez."
Franco de Cologne
"¿Hacia dónde nos diriximos?. Todo xa foi feito. Nistes derradeiros vinte anos semella que os límites extremos foran alcanzados. Non se pode ser máis inxenioso, máis refinado ca Ravel, máis audaz ca Strawinsky. ¿Cál será a nova fórmula da arte? Cumprirá voltar as fontes mesmas, á sinxeleza, para atopar algo verdadeiramente novo. ¿O contrapunto? Ahí, sen dúbida, se encontra o porvir."
Paul Dukas, citado por Georges Favre (Paul Dukas, éd. La Colombe).
"Se o voso deseño, melódico ou rítmico, é preciso e imponse ó oído, as disonancias que lle acompañen non molestarán xamais ó oínte. O que lle disgusta é afogarse nun lamazal sonoro do que non ve a beira e polo que se sinte engulido rápidamente. Entón abúrrese e deixa de escoitar."
Arthur Honegger
"¿O porvir da música? Volver ás súas orixes, que son vocais; onde as liñas que cantan e que permiten, pola súa superposición e desenvolvemento, crear una arquitectura sonora. Únicamente permanecen a liña e a arquitectura; o resto non é máis que un vestido pasaxeiro que cambia en cada época."
Georges Migot
"A melodía é punto de partida. ¡Que permaneza soberana! ... Elemento o máis nobre da música, que a melodía sexa o fin principal das nosas búsquedas. Traballemos sempre melódicamente... sendo a harmonía escollida "a verdadeira", e dicir, sempre querida pola melodía e pertencente a ela."
Olivier Messiaen
"Traballei o contrapunto ó mesmo tempo que a harmonía... dúas disciplinas que deben permanecer estreitamente ligadas, pois harmonía e contrapunto non son máis que os dous aspectos fundamentais de toda escritura polifónica... O que sería necesario é ensinar ós alumnos tódalas disciplinas da polifonía."
Pierre Boulez, citado por Antoine Goléa.
O espírito do contrapunto
Estudio das combinacións de melodías, o contrapunto é ante todo unha preparación indispensable ó verdadeiro estilo de escritura da fuga de escola. Pero tamén é unha disciplina persoal onde a imaxinación e a búsqueda da perfección teñen un importante lugar.
Existe un curioso paralelismo entre o contrapunto e a alquimia : esta antiga práctica non tiña como única finalidade a transmutación de metais ruíns en ouro. A súa finalidade suprema era a transformación do propio alquimista elevándoo a un nivel superior de consciencia. Pasa un pouco o mesmo co contrapunto, pois dende os primeiros exercicios elementais o alumno debe saber que o contrapunto comenza a transformalo, desenvolvendo no que acepte esta disciplina unha mellor percepción, unha sensibilidade máis grande á liña e ó Tempo, un xuízo de conxunto e de detalle máis seguros aplicables seguidamente a cualquera feito musical.
Por isto pareceume útil presentar dunha forma ordenada e concisa o esencial das regras do contrapunto riguroso, para que os alumnos que non desexen consultar un tratado redactado como un diccionario puidesen descubrir esta disciplina paso a paso, segundo a cronoloxía natural da apredizaxe.
En certos detalles, as regras do contrapunto diferéncianse moito dun país a outro, dunha escola a outra, dun profesor a outro. Este curso estivo conforme, noutro tempo, cunha directiva do Conservatorio de música de Quebec (directiva 1-04 B) que definía o tratado de Marcel Bitsch e Noël-Gallon como referencia. Esta directiva non está en vigor hoxe en día, pero isto ten pouca importancia se un adhírese ó punto de vista enunciado así por Marcel Dupré:
"Non se pode considerar, en contrapunto, máis que o contrapunto riguroso, conforme ás regras respectadas polos Mestres do século XVI. O estudio do contrapunto libre, ou caprichoso, é ineficaz."
Esta afirmación, concernente ó aspecto escolar do contrapunto, non deixa lugar algún á demagoxia. Este estudio dura polo menos dous anos : é un período suficientemente longo para non convertilo en infructuoso polo abuso de licencias de escritura. As regras, que non son máis que unha liña de conducta elaborada despois da observación das obras, non son un suplicio tan grande, nin para a imaxinación nin para a expresión musical. Xeneracións de aprendices de músicos e compositores seguiron o mesmo camiño. E en contrapunto, como en alquimia, o camiño é a finalidade da viaxe.
En efecto, como afirma A. Dommel-Diény, "as dificultades así acumuladas non son vanas, nin no plano técnico, onde a obediencia a "cánones" tan severos desenrola maravillosamente o enxeño de pluma, nin no plano musical, onde este rigor, lonxe de excluí-la posibilidade de contornos melódicos buscados, esixe, ó contrario, a estes. Engadamos que a unidade creada por un estilo onde, intervindo pouco configuracións variadas e onde a continuidade é preceptiva, non carece dun interese musical sobrio, pero seguro."
Se o estudiante está un pouco aturdido ante a suma de cousas prohibidas, que se tranquilice dicíndose que son infinitamente máis as cousas permitidas que as prohibidas, posto que as regras preferiron enumera-las prohibidas. En fin, cada vez que estea tentado a recurrir a unha tolerancia ou a unha flexibilización das regras autorizada "nos casos difíciles", que lembre (en caso de necesidade escribindo dúas solucións cando xa unha sería ardua) que é desexable evitar toda facilidade, tanto como que non se está seguro de haber esgotado tódalas posibilidades das regras estrictas.
Esta preocupación constante de recurrir o menos posible ás licencias concerne máis particularmente a aqueles que o fin dos estudios de contrapunto deberá de ser sancionado por un examen ou un concurso onde o xurado está formado por persoas descoñecidas en principio, tendo puntos de vista diferentes (ás veces opostos) en canto á posibilidade de utilizar tal o cal licencia. Certos xuíces poderían penalizar a candidatos perfectamente coñecedores da súa materia.
Os exercicios
Foi o austríaco Johann Joseph FUX (1660-1741) o primeiro en te-la idea de exercicios fundados en valores de notas obrigados. Despois del, tódolos grandes autores de tratados retomaron este principio. O seu Gradus ad Parnassum, un tratado de composición en forma de diálogo entre o mestre e o alumno, foi publicado primeiramente en latín (1725) e traducido ó alemán, italiano, francés e inglés. Mozart e Haydn, entre outros, traballaron o contrapunto segundo os principios de Fux.
O estudio do contrapunto comporase de exercicios polimelódicos de dúas a cinco voces. Aínda que se poidese extende-lo estudio a un maior número de voces, isto pode ser considerado suficiente como preparación á fuga e proporciona o oficio para escribir algo distinto a unha fuga harmónica. Contrariamente á cita de Franco de Cologne, un non se comporá o seu propio canto dado (chamado ás veces Cantus Firmus, abreviado C.F.), o que ten, ó menos, a ventaxa de acostumarse a traballar sobre un elemento musical imposto. A partires desta melodía, sempre en redondas, escríbense sobre ou baixo ela contrapuntos utilizando os valores obrigados seguintes :
Primeira especie : redondas
Segunda especie : brancas
Terceira especie : negras
Cuarta especie : síncopas de brancas
Quinta especie : floridoO florido é o derradeiro fin do contrapunto. É unha combinación horizontal idealmente equilibrada das especies 2, 3 e 4. Pódense escribir contrapuntos tendo de unha a catro voces floridas.
Pequenas mesturas : a partires de tres voces, dúas especies escollidas entre as especies 2, 3 e 4.
Grande mestura : a catro voces, son presentadas as tres especies 2, 3 e 4.A grande mestura é un dos exercicios máis difíciles, pero contrariamente ó que un neófito pudiese crer é posible demostrar aí unha grande musicalidade.
Active versión cuadros | Active versión sen cuadros |
Menu da versión sen cadros | |
1 - Limiar | 11 - Catro partes: especies 1 2 3 4 |
2 - O espírito do contrapunto | 12 - Pequenas mesturas |
3 - O traballo | 13 - Grandes mesturas |
4 - Regras comúns | 14 - Florido |
5 - Cantos dados (C.D.) | 15 - Cinco partes e máis |
6 - Dúas partes: especies 1 2 3 4 Florido | 16 - Contrapunto invertible |
7 - Tres partes | 17 - Imitacións e canons |
8 - Especies 1 2 3 4 | 18 - Bibliografía, biografías |
9 - Pequenas mesturas | 19 - Lugares útiles, búsquedas |
10 - Florido | 20 - O autor e-mail © ZIP |
© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente
prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos soamente.
Este sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.