Michel Baron - Curso de contrapunto riguroso
Galego — Traducción : © Manuel Alberto Vázquez Diz ( sitio: Músicanaescola )

Contrapunto a dúas partes

CUARTA ESPECIE : síncopas.

Un canto dado en redondas e outra parte en brancas sincopadas, atacadas no tiempo feble do compás.

O primeiro compás leva un silencio de branca e unha branca. Nesta especie é o tempo feble o que debe estar en consonancia.

As síncopas prolónganse sobre o tempo forte formando frecuentemente (e con preferencia) retardos superiores que resolven nunha nota real en movemento conxunto descendente.

As síncopas poden prolongarse tamén sobre notas reais. É o momento no que se pode escoller deixa-lo movemento conxunto para facer escoitar un intervalo expresivo.

Nota: Bitsch admite o retardo inferior (retardo ascendente) en dous casos (§ 62):

- Retardo da tónica, en menor,
- Retardo formando consonancia (de quinta) co canto dado, resolvendo en harmonía de sexta.

Mailo retardo superior ten un carácter máis estricto e máis nobre que o retardo inferior, do que é necesario vixila-lo seu emprego. Pódese convir en pasar case totalmente desta tolerancia.

En efecto, a experiencia ensina que os alumnos ós se lles permite de súpeto a utilización dos retardos ascendentes, como os anteriormente definidos, teñen frecuentemente certa dificultade en atopar belas liñas directrices para a voz en síncopas. Ó contrario, Koechlin amósase estricto e preciso : « Endexamais ascendendo. ». (p.34)

Prohibicións

O intervalo mínimo entre o retardo e a súa resolución escoitada simultaneamente coa parte inferior debe se-la novena, e non a segunda.

Non se debe facer escoitar simultaneamente o retardo e a súa nota de resolución, se esta está situada nunha parte distinta do baixo. Consecuencia desta regra: non se debe facer escoita-lo retardo da octava na parte inferior.

Tolerancias

Co gallo de non limitarse a un número de solucións demasiado pequeno, ou nos casos difíciles, tolérase que as síncopas estean divididas en dúas brancas (a primeira pode ocasionalmente ser unha nota de paso), pero unha soa vez por exercicio. É necesario explotar esta tolerancia de maneira expresiva, e facer da rotura de síncopas un momento destacable conducido de maneira natural:

Pódese utilizar tamén esta licencia co gallo do penúltimo compás :

Pódese analizar este procedemento como un acorde de quinta do IIº grao coa sensible como nota de paso, ou como retardo ascendente na harmonía de sexta.

Pódense tolerar máis de 3 terceiras ou de 3 sextas, sen limitación, sempre que isto vaia en beneficio dunha parte en síncopas.

MODO MAIOR

Philippe Bégin, 1999

MODO MENOR

Se estades seguros de haber esgotado ben tódalas posibilidades respectando o emprego da sensible no penúltimo compás, o voso profesor permitiravos, quizais, dispensarvos desta obriga. Despois de todo, estes exercicios a dúas partes son unha preparación para os exercicios a 3, 4 voces ou máis, ¡e por suposto que tódalas partes, certamente, non farán escoita-la sensible no penúltimo compás ! É pois lexítimo imaxinar que a sensible poida estar nunha hipotética 3ª ou 4ª voz:



Active versión cuadros Active versión sen cuadros
Menu da versión sen cadros
  1 - Limiar 11 - Catro partes: especies 1 2 3 4
  2 - O espírito do contrapunto 12 - Pequenas mesturas
  3 - O traballo 13 - Grandes mesturas
  4 - Regras comúns 14 - Florido
  5 - Cantos dados (C.D.) 15 - Cinco partes e máis
  6 - Dúas partes: especies 1 2 3 4 Florido 16 - Contrapunto invertible
  7 - Tres partes 17 - Imitacións e canons
  8 - Especies 1 2 3 4 18 - Bibliografía, biografías
  9 - Pequenas mesturas 19 - Lugares útiles, búsquedas
10 - Florido 20 - O autor   Vos remarques seront certainement utiles !e-mail    © ZIP

HOME

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos soamente.
Este sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.