Michel Baron - Curso de contrapunto riguroso
Galego Traducción : © Manuel Alberto Vázquez Diz ( sitio: Músicanaescola ) |
Contrapunto a tres partes
CUARTA ESPECIE : síncopas contra redonda.
Un canto dado en redondas, unha segunda parte en redondas e unha terceira parte en brancas sincopadas escomenzando no tempo feble do compás.
Advertencia: as síncopas poden entrar coa terceira.
Prohibición
No se debe facer oír ó mesmo tempo o retardo e a súa resolución, excepto se esta está colocada no baixo.
Posicións estrictamente prohibidas:
Posicións permitidas:
Consellos
Vixiarase particularmente a regra precedente, que a miúdo fai perder tempo ós estudiantes que non teñen unha práctica profunda do curso de harmonía.
As disposicións que presentan síncopas na parte máis grave son máis difíciles de realizar. Non é doado consegui-lo mesmo rigor contrapuntístico como nas outras disposicións. Coas síncopas na parte inferior, poderíase admitir, deste xeito, tentar realizar varios cantos dados sen insistir demasiado en acadar realizacións correctas pero traballosas e pouco satisfactorias musicalmente.
No que atinxe á definición dunha harmonía completa, os tratados non sempre son explícitos neste punto. Sería lóxico condiderar que o primeiro tempo é determinante cando se trata dunha síncopa en consonancia, e considerar que o terceiro tempo é determinante cando se trata da resolución dunha síncopa disonante. Nembargantes, cómpre admitir que unha disoncia no primeiro tempo é unha vantaxe segura en todo tipo de figuración.
MODO MAIOR
MODO MENOR
Active versión cuadros | Active versión sen cuadros |
Menu da versión sen cadros | |
1 - Limiar | 11 - Catro partes: especies 1 2 3 4 |
2 - O espírito do contrapunto | 12 - Pequenas mesturas |
3 - O traballo | 13 - Grandes mesturas |
4 - Regras comúns | 14 - Florido |
5 - Cantos dados (C.D.) | 15 - Cinco partes e máis |
6 - Dúas partes: especies 1 2 3 4 Florido | 16 - Contrapunto invertible |
7 - Tres partes | 17 - Imitacións e canons |
8 - Especies 1 2 3 4 | 18 - Bibliografía, biografías |
9 - Pequenas mesturas | 19 - Lugares útiles, búsquedas |
10 - Florido | 20 - O autor e-mail © ZIP |
© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente
prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos soamente.
Este sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.