Michel Baron - Curso de contrapunto riguroso
Galego — Traducción : © Manuel Alberto Vázquez Diz ( sitio: Músicanaescola )

Algúns cantos dados

 

Serie principal

Utilizarase sobre todo esta serie principal nunha proporción que podería ser dun 80% do traballo. Estes temas non son demasiado longos. Os que comezan por un salto de quinta non deben ser descoidados, pois aportan unha dificultade suplementaria que non se pode empezar a traballar ás portas dun exame.

MODO MAIOR

MODO MENOR

MODO DE RE

MODO DE SOL

MODO DE FA

 

Serie complementaria

Esta serie deberá ser utilizada soamente cando esteamos seguros de haber esgotado tódalas posibilidades da precedente. Leva consigo temas máis difíciles, ó seren máis longos, cos cales córrese un maior risco de xenerar repeticións. Os cantos dados datados foron postos nos exames ou concursos do Conservatorio.

MODO MAIOR

 

MODO MENOR

 

Se é necesario, poderase atopar unha veintena de cantos dados maiores e menores de 9 a 13 compases na páxina 46 do Traité d'Improvisation à l'Orgue (volume 2 do Cours complet d'Improvisation à l'Orgue) de Marcel Dupré (éditions Leduc).

Os exemplos

Algúns exemplos de realizacións contidos neste curso teñen por autor (xa mencionado) a alumnos das miñas clases de contrapunto de tódolos niveis do Conservatorio. Trátase á vez de dar unha idea xeral do resultado a conseguir e propoñer unha estimulación en periodos difíciles.

 Terase en conta que certos exemplos incluídos nas páxinas seguintes poderían ocasionalmente non ser totalmente conformes coas regras ou licencias particulares dun tratado dado : en efecto, non poden estar conformes, ó mesmo tempo, coas regras de tódolos tratados e de tódalas modificacións de normas polas que pasaron os concursos da miña institución.

Adquirirase, igualmente, particular aproveitamento lendo (e executando ó teclado) os numerosos exemplos publicados no Traité de contrepoint de Noël-Gallon - Bitsch (páxinas 60 a 84) e no Précis des règles du contrepoint de Kchlin, así como nos numerosos e interesantes comentarios que este último desenvolveu nos pés de páxina.

Graciñas ós autores de varios contrapuntos que figuran neste curso :

André Côté, organista, Ste-Thérèse, Jonquière. Ensina no Collège d'Alma e na École de formation musicale d'Alma. Escribíu principalmente música para o culto. Sitio.

Johanne Couture, clavecinista. Ensina no Collège d'Alma.

Lucie de la Sablonnière, clarinetista.

Céline Fortin, clavecinista, organista en St-Joachim, Chicoutimi. Profesora na École de musique et de solfège de Chicoutimi.

Pierre Lamontagne, organista, director de coro (Choeur Amadeus, Choeur symphonique de L'OSSLSJ). Sitio.

Ann Little que estivo na clase de contrapunto de Clermont Pépin, en Montréal.

Régis Rousseau, organista, Très-Saint-Nom-de-Jésus, Montréal.

Janick Tremblay, organista, clavecinista, École de musique et de solfège de Chicoutimi.

Gracias igualmente, por varias correccións ou melloras puntuais a :

André Côté,

Isabelle Dupuis, frautista.

Rachel Gagné, pianista, École de musique et de solfège de Chicoutimi.

Étienne Ratthé, violoncelista, percusionista (Ensemble Québecissime)

Véronique Lord, frautista e pianista.


Active versión cuadros Active versión sen cuadros
Menu da versión sen cadros
  1 - Limiar 11 - Catro partes: especies 1 2 3 4
  2 - O espírito do contrapunto 12 - Pequenas mesturas
  3 - O traballo 13 - Grandes mesturas
  4 - Regras comúns 14 - Florido
  5 - Cantos dados (C.D.) 15 - Cinco partes e máis
  6 - Dúas partes: especies 1 2 3 4 Florido 16 - Contrapunto invertible
  7 - Tres partes 17 - Imitacións e canons
  8 - Especies 1 2 3 4 18 - Bibliografía, biografías
  9 - Pequenas mesturas 19 - Lugares útiles, búsquedas
10 - Florido 20 - O autor   Vos remarques seront certainement utiles !e-mail    © ZIP

HOME

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos soamente.
Este sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.