Michel Baron - Curso de contrapunto riguroso
Galego — Traducción : © Manuel Alberto Vázquez Diz ( sitio: Músicanaescola )

CONTRAPUNTO INVERTIBLE

O contrapunto invertible é unha escritura polimelódica na que a orde de superposición das liñas musicais pode ser modificada sen inconveniente. En primeiro lugar, cada parte debe poder servir de baixo ás outras sen que resulte disto sensación de cuarta e sexta.

O principio desta escritura é utilizado na fuga: o suxeito e o, ou os contrasuxeitos, están escritos en contrapunto invertible. Isto pode aplicarse a todo o conxunto ou a unha parte dos elementos dos divertimentos.

Estúdiase o contrapunto invertible no estilo florido. Ademais, pódense utilizar de cando en vez como cantos dados algunhas das mellores partes floridas realizadas antes.

 

CONTRAPUNTO DOBRE

O contrapunto dobre é un contrapunto invertible a dúas voces.

Separación entre as voces

Si un quere acostumarse ás necesidades do contrasuxeito da fuga, deberá adaptarse ás esixencias seguintes:

Non separa-las voces máis dunha octava, pois isto leva ó cruzamento na inversión.

Reciprocamente, evita-los cruzamentos, que dan na inversión o mesmo intervalo duplicado, separando as voces máis dunha octava.

Evita-la octava, que implica o unísono.

Intervalo de quinta

O intervalo de quinta, entre notas reais (sobreentendido o acorde perfecto) non é utilizable xa que a súa inversión daría a sensación de cuarta e sexta.

Ó contrario, o intervalo de quinta pódese utilizar nas condicións seguintes:

Intervalo de terceira, sobreentendendo unha armonía de sexta.

Prestarase atención ó feito de que as dúas notas que forman a terceira no acorde de sexta non son invertibles, teoricamente, posto que unha delas é a quinta do acorde.

Así a todo, a dúas voces poden escribirse se, durante a súa inversión, o contexto préstase a entender estas notas como outra harmonía de sexta.

Retardos

Débese pensar constantemente en enriquece-lo contrapunto con retardos; pero non se pode facer oí-lo retardo da fundamental se esta parte está noutra voz : sábese que a súa coexistencia só é admitida se a fundamental está no baixo, isto desbota a inversión.

 

CONTRAPUNTOS TRIPLE E CUÁDRUPLE

Son contrapuntos a tres e catro partes invertibles.

Teoricamente, a quinta do acorde perfecto (trátese do estado fundamental ou da primeira inversión) non pode estar presente en ningunha voz como nota real, xa que non se poderá utilizar como baixo a parte que conteña esta nota.

Por conseguinte, estamos limitados a harmonías incompletas, incluso se o estilo conxunto do contrapunto permite, ás veces, artificios de escritura xustificados por diferentes análises das inversións dun mesmo pasaxe.

Por outra banda, Dupré admite a 4 voces como acordes completamente invertibles a 7ª de sensible (sobre o VIIº grao maior) e a 7ª diminuída (sobre o VIIº grao menor), sempre que se trate a quinta e a sétima como retardos inferior e superior do acorde de sexta.

Semella esta licencia nas regras ó admitido na grande mestura (quinta engadida no retardo da sexta).


Active versión cuadros Active versión sen cuadros
Menu da versión sen cadros
  1 - Limiar 11 - Catro partes: especies 1 2 3 4
  2 - O espírito do contrapunto 12 - Pequenas mesturas
  3 - O traballo 13 - Grandes mesturas
  4 - Regras comúns 14 - Florido
  5 - Cantos dados (C.D.) 15 - Cinco partes e máis
  6 - Dúas partes: especies 1 2 3 4 Florido 16 - Contrapunto invertible
  7 - Tres partes 17 - Imitacións e canons
  8 - Especies 1 2 3 4 18 - Bibliografía, biografías
  9 - Pequenas mesturas 19 - Lugares útiles, búsquedas
10 - Florido 20 - O autor   Vos remarques seront certainement utiles !e-mail    © ZIP

HOME

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos soamente.
Este sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.