| Michel Baron - Curso de contrapunto riguroso
Galego Traducción : © Manuel Alberto Vázquez Diz ( sitio: Músicanaescola ) |
Contrapunto a catro partes
Novas regras específicas da escritura a catro partes
Acorde diminuído do VII grao no penúltimo compás
A partires de 4 voces este acorde é admitido se se produce no momento da resolución do retardo do baixo (Bitsch, § 55, § 57).
Unísono
O unísono pode ser tolerado no tempo forte, pero só entre as dúas partes inferiores (Bitsch, § 53).
Movemento directo
Con máis razón aínda que na escritura a 3 partes, é mellor non facer procede-las 4 partes simultaneamente por movemento directo.
Resolución do retardo
A partires de 4 voces, acéptase que o retardo sexa oído ó mesmo tempo que a súa resolución cando esta sitúase nunha parte intermedia, e sempre que as dúas voces procedan por movemento contrario e conxunto (Bitsch, § 65, tolerancia).
Nota: trátase, efectivamente, dunha tolerancia, da que se pode pasar en moitas ocasións. Recoméndase recurrir a ela con prudencia pois pode contribuír a condensa-los choques de notas e a facer diminuí-las notas de exames e concursos.
Non obstante, en ningún caso pódense facer escoitar estas dúas notas xuntas cando a resolución da nota retardada atópase por riba do retardo.
| Active versión cuadros | Active versión sen cuadros |
| Menu da versión sen cadros | |
| 1 - Limiar | 11 - Catro partes: especies 1 2 3 4 |
| 2 - O espírito do contrapunto | 12 - Pequenas mesturas |
| 3 - O traballo | 13 - Grandes mesturas |
| 4 - Regras comúns | 14 - Florido |
| 5 - Cantos dados (C.D.) | 15 - Cinco partes e máis |
| 6 - Dúas partes: especies 1 2 3 4 Florido | 16 - Contrapunto invertible |
| 7 - Tres partes | 17 - Imitacións e canons |
| 8 - Especies 1 2 3 4 | 18 - Bibliografía, biografías |
| 9 - Pequenas mesturas | 19 - Lugares útiles, búsquedas |
| 10 - Florido | 20 - O autor |
© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente
prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos soamente.
Este sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.