Michel Baron - Curso de contrapunto riguroso
Galego — Traducción : © Manuel Alberto Vázquez Diz ( sitio: Músicanaescola )

Contrapunto a cinco partes e máis

« Non é necesario ser tan relixioso gardando as regras da música coma as leis da Sagrada Escritura, posto que son homes quen fixeron ditas regras, permíteselles ós homes aumentalas ou diminuílas. »

Annibal Gantez , in L'entretien des musiciens, 1643.

Teñamos presente que se trata, nesta cita, de composición musical libre, e non de exercicios escolares. Nembargantes, mesmo nestes, a partires do contrapunto a cinco voces, cómpre admitir regras cada vez máis e máis flexibles.

Agora ben, o traballo de preparación á fuga de escola normalmente tivo lugar no curso dos estudios de escritura a catro voces. Os estudiantes que non desexen extende-la súa práctica da escritura máis alá das catro voces poderán familiarizarse coa escritura a cinco voces e tamén lendo as partituras seguintes, escollidas para este fin por A. Dommel-Diény:

CINCO VOCES

Josquin des Prés: salmo Miserere mei Deus.
Bach: motete Jesu, meine Freude. Preludio e fuga nº22 do Clave ben temperado. Misa en si menor: primeiro Kyrie; Gloria; Et incarnatus est; Resurexit.
Vincent d'Indy: numerosos coros do Chant de la Cloche.
Fauré: Pénélope, escea V do 3o acto.

SEIS VOCES

Bach: Ofrenda musical, ricercare nº5. Misa en si menor: Sanctus.
Honegger: Jeanne au Bûcher, escea XI.

OITO VOCES

Beethoven: Misa en re, primeiro Kyrie; Christe; pasaxes do Gloria; Crucifixus; Agnus Dei.
Bach: : Pasión segundo S. Mateo, 1o  coro; coros nº5, 33, 43, 45, 50, 62, 67, 76, 78.
Franck: IIe Béatitude.
Vincent d'Indy: Légende de St-Christophe, dobre coro final.

En canto ós que perseguen a práctica do contrapunto ata 5 voces, estes son os alivios usuais: a partires de cinco voces, limítase ó estudio das redondas e do florido.

 

PRIMEIRA ESPECIE : redondas.

Admítense as seguintes licencias nas regras comúns:

Pódense repetir redondas, pero unha soa vez por voz e facendo uso o menos posible desta licencia (Bitsch, § 31).

Admítense cruzamentos no derradeiro compás (Bitsch, § 50).

Admítese o unísono no tempo forte ó longo dos exercicios, vixiando non empobrece-la polifonía (Bitsch, § 53, tolerancia).

MODO MAIOR

MIDI

MODO MENOR

MIDI
 

QUINTA ESPECIE : florido.

Admítense outra serie licencias nas regras comúns:

Pódese utiliza-lo ritmo dúas negras-branca sen estar obrigado a alongar esta branca en síncopa (Bitsch § 21).

Pódese introducir unha redonda no florido, e eventualmente ligala a un valor inferior (Bitsch § 21).

Admítese a saída cunha negra soa sobre o derradeiro tempo do compás despois dun silencio de branca e un de negra, o que facilita a entrada de tres voces no primeiro compás (Bitsch § 22, B, tolerancia).

Admítese que dúas voces procedan simultaneamente en brancas ou en negras (Bitsch, § 23, B, tolerancia. Nota: como consecuencia do que parece ser un erro na publicación deste tratado, a nota 1 ó pé de páxina non está relacionada con este tema. Debería tratarse dunha nota 2 que non ten exemplo).

Admítense as quintas e as octavas separadas por unha soa branca ou dúas negras se a segunda quinta ou octava non está percutida, sen outra condición (Bitsch, § 43, 2). Nota: desaconséllase, sen embargo, entre as voces extremas (¡sobre todo nun exame!) incluso se Bitsch non di o que hai que pensar sobre isto...

Admítense cruzamentos no derradeiro compás (Bitsch § 50).

Admítese o unísono no tempo forte (Bitsch § 53).

MODO MAIOR

MIDI
MIDI
MIDI
MIDI
MIDI
MIDI
Derradeiro ano de realización do concurso de contrapunto no Conservatorio de Música de Quebec : 1994. A seguinte realización obtibo por unanimidade do xurado o primeiro premio, coa nota máis alta na rede dos conservatorios de Quebec:
MIDI

MODO MENOR

MIDI

Active versión cuadros Active versión sen cuadros
Menu da versión sen cadros
  1 - Limiar 11 - Catro partes: especies 1 2 3 4
  2 - O espírito do contrapunto 12 - Pequenas mesturas
  3 - O traballo 13 - Grandes mesturas
  4 - Regras comúns 14 - Florido
  5 - Cantos dados (C.D.) 15 - Cinco partes e máis
  6 - Dúas partes: especies 1 2 3 4 Florido 16 - Contrapunto invertible
  7 - Tres partes 17 - Imitacións e canons
  8 - Especies 1 2 3 4 18 - Bibliografía, biografías
  9 - Pequenas mesturas 19 - Lugares útiles, búsquedas
10 - Florido 20 - O autor   Vos remarques seront certainement utiles !e-mail    © ZIP

HOME

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos soamente.
Este sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.