| Michel Baron - Curso de contrapunto riguroso
Galego Traducción : © Manuel Alberto Vázquez Diz ( sitio: Músicanaescola ) |
Contrapunto a tres partes
MESTURAS A TRES PARTES
Estúdiase sobre todo a mestura de redondas con brancas e negras, e de redondas con síncopas e negras. Traballando a mestura de redondas con brancas e síncopas, un non se abraiará de atopalo máis difícil e con menos posibilidades musicais.
Cada especie entra segundo o seu ritmo habitual.
Disonancias de 7ª na entrada das voces
A terceira voz que entra pode producir con outra voz un intervalo de sétima menor ou de segunda maior, ou sexa, é absolutamente necesario evitar que faga oír unha sétima maior ou unha segunda menor.
Nota: noutros termos, cómpre evitar coa entrada da terceira voz as disonancias relacionadas co semitón.
Duplicación da resolución do retardo
Coa especie en síncopas, é absolutamente necesario evitar duplicar por movemento directo a resolución do retardo. Por outra banda, é mellor evita-la duplicación da resolución do retardo, incluso por movemento contrario. O efecto producido é, ás veces, pesado.
Nota: nos casos difíciles, a 4 voces e máis, ¡evidentemente isto non sempre é posible! Comprobade ben o efecto obtido.
PEQUENAS MESTURAS DE BRANCAS E NEGRAS
MODO MAIOR
MODO MENOR
PEQUENAS MESTURAS DE NEGRAS E SÍNCOPAS
MODO MENOR
| Active versión cuadros | Active versión sen cuadros |
| Menu da versión sen cadros | |
| 1 - Limiar | 11 - Catro partes: especies 1 2 3 4 |
| 2 - O espírito do contrapunto | 12 - Pequenas mesturas |
| 3 - O traballo | 13 - Grandes mesturas |
| 4 - Regras comúns | 14 - Florido |
| 5 - Cantos dados (C.D.) | 15 - Cinco partes e máis |
| 6 - Dúas partes: especies 1 2 3 4 Florido | 16 - Contrapunto invertible |
| 7 - Tres partes | 17 - Imitacións e canons |
| 8 - Especies 1 2 3 4 | 18 - Bibliografía, biografías |
| 9 - Pequenas mesturas | 19 - Lugares útiles, búsquedas |
| 10 - Florido | 20 - O autor |
© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente
prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos soamente.
Este sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.